-
VPS I
Autonomía para a túa web
- 1 vCPU Procesador
- 4 GB RAM Garantida
- 100 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos Full NVMe
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS II
Para ti que queres máis recursos
- 2 vCPU Procesador
- 8 GB RAM Garantida
- 170 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos Full NVMe
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS III
O VPS de altas prestacións
- 4 vCPU Procesador
- 10 GB RAM Garantida
- 250 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos Full NVMe
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS IV
Para os proxectos máis esixentes
- 8 vCPU Procesador
- 16 GB RAM Garantida
- 600 GB Espazo total
- Transferenza ilimitada
- Discos Full NVMe
- Garantía de reembolso: 30 días
O teu VPS inclúe gratis
Compra o teu VPS en dinahosting. Os nosos plans están pensados para que aproveites ao máximo o teu espazo e gañes independencia.
Plataforma nativa
Os nosos VPS Linux funcionan sobre Xen Hypervisor, mentres que os Windows o fan sobre Hyper-V. Máxima fiabilidade!
Rede optimizada
Conectividade de até 1 Gbps, nunha rede con conexións redundadas a través de 4 operadoras independentes.
O teu Servidor Virtual a medida
Personaliza a memoria, os vCPUs, o tamaño ou o tipo de disco do teu Servidor Virtual. Configúrao como queiras!
Todo para desenvolveres a túa idea
Utiliza a linguaxe de programación e BBDD que queiras e crea modelos para despregares decenas de APP instalábeis.
Estatísticas en tempo real
Dende o Panel accedes a todas as estatísticas do teu VPS, segmentadas por servizos e mesmo por hosting.
O teu VPS ubicado aquí
IP española e o mellor soporte do mundo 24x7. Axudámosche a traeres a túa carteira de servizos á dinahosting!
Discos NVMe incriblemente rápidos!
Todos os nosos plans inclúen discos NVMe, que reducen considerablemente o tempo de resposta do teu sitio web. NVMe é ideal para cubrir necesidades de virtualización e acoller bases de datos de moito volume ou aplicacións con grandes taxas de escritura en disco.
Quero saber máis
Escolle a túa modalidade de VPS
Dispoñemos de servidores virtuais Administrados e Non Administrados coa mellor potencia e fiabilidade.
Administrado
Administramos o servidor por ti mentres gozas do Panel de Control máis fácil e completo do mercado.- Configura os teus hostings personalizados ao milímetro. 50 licenzas de inicio! Establece perfís de acceso e o teu propio protocolo de seguridade con 2form auth, xeolocalización...
- A tecnoloxía que máis che gusta para traballar, linguaxes de programación e bases de datos, decenas de aplicacións web a golpe de clic: WordPress, PrestaShop, Moodle...
- Dúas interfaces dispoñibles para manexar o teu correo online: Webmail Dinahosting e Roundcube. Ademais, regalámosche un paquete de ferramentas avanzadas de correo con autorrespondedor, cifrado por conta... e, de forma adicional, backups selfservice do máis cómodo.
- Xestionamos por ti todas as actualizacións de software necesarias para o sistema base. Esquécete das cuestións técnicas e dedícate aos teus proxectos online!
Non Administrado
Adminístrao ti con privilexios de root, gozando das mellores condicións de hardware e rede.- Con alertas por correo electrónico para avisarte no caso de que haxa algún tipo de incidencia na conectividade do teu VPS e reinicio eléctrico para forzar un reboot. Todo o control para ti!
- Modo rescate dispoñible no Panel para realizar tarefas de recuperación do sistema e iniciar un sistema operativo temporal, que permita analizar e solucionar posibles fallos no servidor.
- Reinstala facilmente o sistema operativo que queiras desde o Panel de Control. Tamén dispós de balanceadores de carga completamente gratis!
- De forma adicional, podes crear Backups por NFS (incluidos Backups por NFS Georeplicado, para replicar as copias noutro Centro de Datos) e LAN para os teus servidores. Tamén dispoñibles os paneis Plesk e cPanel.
- Opcións con apps preinstaladas dispoñibles: Jitsi para realizar vídeochamadas , Pritunl para activar as túas VPN e Nextcloud para gardar e xestionar arquivos
O teu VPS aloxado en España
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas unha maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Ferramentas gratuítas de seguridade no teu servidor
Aproveita todos os recursos que tes no Panel de Control e no Webmail para securizar os proxectos web e o servizo de correo dos hostings do teu servidor.
Seguridade web
- Activa a Autenticación en 2 pasos no acceso ao teu Panel
- Dá accesos independentes ou secundarios a terceiros
- Configura permisos de acceso ás túas bases de datos
- Crea restricións de entrada por continente, país ou IP ao Panel ou a determinados cartafoles dentro do teu hosting
- Protéxete do Hotlinking mediante o bloqueo de accesos
- Escanea o teu hosting co detector de malware e comproba que está libre de virus
- Todos os nosos hostings e servidores Linux protexidos por defecto cun firewall (WAF) que filtra o tráfico e bloquea accesos sospeitosos.
Seguridade correo
- Activa a Autenticación en 2 pasos no Webmail
- Define filtros e regras para eliminar o spam antes de que chegue ao teu buzón de correo
- Goza de TLS para cifrar as túas comunicacións por correo
- Usa DKIM para autentificar e asinar os teus emails electronicamente mediante claves
- Crea rexistros SPF para evitar suplantacións de identidade a través do correo electrónico
- Crea restricións de acceso a contas de correo por IP
Camilo Echevarne
Departamento de Sistemas«Temos os VPS de máis calidade, fiabilidade, rendemento... É o único xeito de darche a independencia que buscas!».
Móvete a dinahosting!
O teu VPS noutra provedora? Tráeo a dinahosting e goza de todas as nosas vantaxes: aloxado en España, con discos NVMe ultrarrápidos, a máxima seguridade e rendemento... e 30 días de reembolso para maior garantía. Coa nosa ferramenta de portabilidade a migración é moi fácil, pero se o prefires, o noso equipo de Soporte encárgase de todo.
InterésameMáis para o teu VPS
-
Certificados SSL
Let's Encrypt vai preinstalado en todos os nosos hostings. Para maior garantía tes certificados GlobalSign.
Interésame -
Faite Reseller
Iníciate na revenda de dominios e hosting e accede a grandes descontos. Ideal para empresas de desenvolvemento.
Interésame -
Dedicados para VPS
Crea todas as instancias que precises sen outra limitación que a capacidade física do teu Servidor Dedicado.
Interésame -
Solucións Avanzadas
Servizos profesionais para desenvolver proxectos de alta esixencia. Dinos que precisas e traballamos á túa medida.
Interésame
FAQ
-
Que plan de VPS é mellor para o meu proxecto?
-
Para escoller o plan que mellor se axuste ao teu proxecto, deberás calcular os requirimentos de espazo e software necesarios para desenvolvelo. Iso si, ten en conta que os nosos VPS son escalables e no caso de que quedes curto de recursos, sempre poderás aumentalos. Contacta con Soporte se tes dúbidas sobre que plan escoller.
Por outra banda, se vas traballar con aplicacións que requiren procesamento masivo de datos (machine learning, IA, análise de datos, cálculos estruturais, gaming, etc.), revisa os nosos planes de VPS GPU.
Ademais, agora tamén contamos cunha alternativa máis económica, os VPS Lite. Trátase de Servidores Virtuais Non Administrados Linux coas prestacións esenciais, pensados para que poidas crear contornas de proba ou realizar proxectos con cargas de traballo máis lixeiras.
-
Con que panel de control traballa dinahosting?
-
O noso Panel é de deseño exclusivo. Todas as ferramentas foron deseñadas especificamente polo noso Equipo de Desenvolvemento para que se axusten perfectamente ás túas necesidades. Non atoparás outro panel de control igual no mercado.
-
Que diferenza hai entre discos SSD e NVMe?
-
Os discos NVMe ofrécennos unha velocidade de escritura e lectura de disco con velocidades impensables ata agora en discos SSD. Se o que queres é o maior rendemento posible NVMe é a túa opción!
-
Con que sistemas operativos podo contratar o meu VPS Administrado?
-
Podes elixir entre a nosa propia distro Linux ou a última versión de Windows Server optimizadas e vitaminadas polo noso equipo de Sistemas.
-
Contades con algún tipo de garantía ou SLA?
-
Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e, para demostrarcho, desenvolvemos un acordo de nivel de servizo que contempla as seguintes compensacións en caso de incumprimento:
- Rede non dispoñible 0,1 % → 5 % de devolución da túa cuota mensual
- Rede non dispoñible 1 % → 25 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 2 % → 50 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 4 % → 75 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 10 % → 100 % de devolución da túa cota mensual
-
Quero cambiar de VPS Administrado. Como o fago?
-
É moi sinxelo. Só tes que acceder á aplicación de VPS do teu Panel de Control, contratar o que se axuste ás túas necesidades e migrar facilmente todas as túas páxinas a través da nosa exclusiva ferramenta de Migrar de servidor. Non te preocupes! Nesta postaxe explicámosche como facelo paso a paso.
-
VPS, Cloud ou Servidor Dedicado?
-
Se non tes claro que servizo sería o máis axeitado para o teu proxecto, non te preocupes. Chámanos e vemos cal é a solución que che pode vir mellor.
-
En que consiste o período de garantía de 30 días?
-
Se deches de alta calquera dos nosos plans de VPS dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.
Os nosos partners
Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.