Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Correo profesional co teu propio dominio

Personaliza a túa dirección de email e destaca a túa marca
Webmail dinahosting: o teu contorno colaborativo

Correo profesional con tu propio dominio
Webmail dinahosting

Moito máis que un servizo de correo

O teu hosting en dinahosting inclúe sempre un paquete de características avanzadas coas que potenciarás ao máximo o servizo de correo da túa empresa: resposta automática, filtros e regras, arquivado e purgado automático, logs detallados e máis!

Goza de transferencia ilimitada en todos os nosos plans, dende 50 GB de almacenamento cun mínimo de 10 contas de correo, dende hosting compartido ata un servidor virtual ou Dedicado. Atendémoste gratis cando nos necesites, xa coñeces o noso Soporte 24/7.

Webmail colaborativo: unha solución exclusiva de dinahosting

Co teu plan de correo profesional levas unha completa ferramenta coa que poderás traballar en equipo compartindo documentos, contactos e calendarios, a un prezo realmente competitivo e coa túa imaxe corporativa.

Personalización corporativa

Personaliza a túa ferramenta de xestión de correo coa túa marca. Inclúe as cores e o logotipo da túa empresa.

Programación de envíos

No teu plan Avanzado ou superior, programa para outro momento o envío de correos para a hora e día que prefiras.

Múltiples contas

Esquécete de ir abrindo as túas contas unha a unha! Adminístraas todas dende unha única interface sinxela e manexable.

Dende calquera dispositivo

Usa o dispositivo que che sexa máis cómodo en cada momento. O teu correo é 100 % compatible con smartphone, PC ou tablet.

Soporte para DAV

Sincroniza os teus contactos e calendarios e accede a eles dende calquera das túas aplicacións mediante DAV Server.

Filtros de correo

Aplícaos ao asunto, ao remitente, ao destinatario... Se queres, asígnalles unha cor para localizalos facilmente.

Potencia a túa marca cun correo profesional

Pon a identidade do teu negocio por diante nos teus envíos cun correo profesional con dominio propio. Gana en seguridade e optimiza os tempos de traballo do teu equipo aproveitando as opcións avanzadas e de Intelixencia Artificial da nosa ferramenta de Webmail.

Quero saber máis
Potencia a túa marca cun correo profesional

Escolle a túa modalidade de Webmail

Xestiona os teus correos desde calquera lugar coa aplicación web que prefiras.

Webmail Dinahosting

  • Panel de deseño propio adaptado ás necesidades dos nosos clientes.
  • Con todas as funcionalidades avanzadas e opcións de IA que necesitas para xestionar o teu correo de maneira eficiente.
  • Sistema de seguridade extra mediante dobre autenticación.

Roundcube

  • Software libre especializado en xestión de correo con interface sinxela e intuitiva.
  • Inclúe todas as opcións de correo habituais e é accesible dende calquera navegador.
  • Permite a implementación de complementos de terceiros.

FAQ

Contar cunha dirección de email personalizada co teu nome de empresa é básico para dar unha imaxe de profesionalidade e de confianza aos teus clientes e partners. De feito, segundo estudos recentes unha ampla maioría dos consumidores confían máis nun correo co nome do teu dominio que nas direccións de Gmail ou Yahoo!

Ademais, outra das grandes vantaxes é que podes configurar varias contas baixo o mesmo nome de dominio, destinando cada unha a unha área ou posto distinto.

Aquí explicámosche ao detalle por que debes ter un email con dominio propio.

En dinahosting dispoñemos dunha ferramenta chamada Migrar de servidor que che permite migrar os teus correos dende outra provedora moi facilmente dende o teu Panel de Control.

Dado que esta xestión pode implicar una perda temporal do servizo, recomendámosche que o fagas nun momento de pouca actividade na túa conta. No Panel do teu Hosting podes escoller a data e hora na que se efectuará a migración do teu correo a dinahosting.

E se o prefires, o noso equipo de Soporte Técnico encárgase de todo por ti.

Para desfrutar dun servizo de email profesional, ademais do correo necesitas contratar un dominio. Recomendámosche que penses un bo nome, que o rexistres canto antes para que ninguén se che adiante, e logo contrates o plan de correo.

Revisa as nosas ofertas en dominios para obter o mellor prezo.

No caso de que xa teñas o teu dominio noutra provedora e non che interese trasladalo a dinahosting, lembra modificar os DNS para que o dominio resolva cara os nosos servidores e o correo profesional funcione correctamente.

Dende o Webmail podes actualizar e sincronizar os teus datos ao momento. Existen multitude de programas que permiten sincronizar a información e que podes usar sempre que sexan compatibles con CalDAV ou CardDAV. Tes algúns exemplos no perfil da túa conta de Webmail, accedendo a Configuración e logo a Aplicacións de sincronización.

Se estás ocupando máis espazo do que tes contratado no teu correo profesional tes dúas opcións, ou contratar máis ou liberalo.

Para contratar máis espazo, podes facelo dende a sección de ampliacións do teu Hosting, no teu Panel de Control. Para liberar espazo do servidor, o máis rápido é eliminar toda a información prescindible que teñas almacenada. Dende o apartado Control de espazo que tes na sección de Correo do Panel podes crear regras de borrado automático sobre a túa bandexa de entrada.

No caso de non ser posible eliminar datos, configura a túa conta como POP en vez de como IMAP, e desta forma descargarás o correo no teu equipo en vez de no servidor; ou realiza un backup dos correos a nivel local para borrar as mensaxes do servidor sabendo que tes unha copia de respaldo. Aquí tes información máis detallada.

Para evitar bloqueos de IP e que o envío se faga de forma controlada recomendámosche cumprir coas seguintes recomendacións:

  • Enviar o email a un máximo de 180 destinatarios por hora.

  • Non incluír a máis de 1 destinatario en cada correo enviado.

  • O tempo de espera entre cada correo non debe ser inferior a 10 segundos.

  • A listaxe de destinatarios non debe incluír contas de correo inexistentes nin que non autorizaran o envío.

Que o teu dominio pase a formar parte dunha blacklist ou lista negra de direccións IP significa que foi etiquetado como xerador de spam, polo que os teus emails pasarán directamente á bandexa de correo non desexado. En dinahosting encargámonos de solicitar que o teu dominio se elimine desta lista canto antes, e mesmo podemos realizar unha migración de servidor no caso de que necesites enviar unha comunicación urxente aos teus usuarios vía email.