Cloud Hosting con NVMe
Cloud Hosting é unha solución de alto rendemento ideal para necesidades eventuais de recursos: levantar novos servidores ou asignar recursos adicionais ao teu sistema en tempo real. Paga só polo que utilizas. Tarificamos por horas!
Cloud Hosting programable
Programa a asignación de recursos da túa Cloud Hosting para o día e a hora que queiras. Un par de clics no teu Panel de Control e listo.
Discos NVMe ultrarrápidos
Os discos NVMe utilizan a tecnoloxía PCI-Express, que proporciona unhas taxas de transferencia e IOPS ata 6 veces superior aos discos SSD.
O último en servidores
Utilizamos procesadores de grandes prestacións. Ata 64 CPU e 128 GB de RAM por cada un dos teus servidores de Cloud, en só uns segundos.
Control total
Todo o control nas túas mans: acende, apaga ou reinicia a túa Cloud cando o precises. Dende o teu Panel de Control de dinahosting é facilísimo.
Recursos garantidos
A nosa infraestrutura está preparada para asumir os recursos completos que demande a túa Cloud. Non practicamos o overselling en ningún caso.
KVM e Hyper-V
Usamos KVM e Hyper-V, os principais hypervisores para contornas Linux e Windows, que ofrecen un rendemento e seguridade excelentes.
Exemplo dos picos de tráfico dunha web estándar
Cando o vas precisar?
É habitual que a túa web reciba moitas máis visitas en determinadas épocas do ano. A infraestrutura de Cloud Hosting garánteche que a túa páxina siga tendo recursos e cargue rápido, mesmo durante os picos de carga.
- Datas de máis consumo nas que sempre aumentas as túas vendas, como Black Friday, Nadal ou rebaixas
- Durante unha promoción ou lanzamento de produto que saibas que vai disparar o tráfico cara a túa web
- Webs de festivais, eventos online e outro tipo de actos culturais con moitos usuarios conectados á vez
Prefírelo administrado ou queres ser "root"?
Escolle o teu Cloud Hosting Administrado e déixao nas nosas más, ou Non Administrado e xestiónao ti mesmo. O noso Cloud Hosting é para todos, xa que o seu uso non require coñecementos avanzados coma o de Azure, AWS ou Google Cloud.
Administrado
Administramos o servidor por ti mentres gozas do Panel de Control máis fácil e completo do mercado.- Configura os teus hostings personalizados ao milímetro. 50 licenzas de inicio! Establece perfís de acceso e o teu propio protocolo de seguridade con 2form auth, xeolocalización...
- A tecnoloxía que máis che gusta para traballar, linguaxes de programación e bases de datos, decenas de aplicacións web a golpe de clic: WordPress, PrestaShop, Moodle...
- Regalámosche un paquete de ferramentas avanzadas de correo con autorrespondedor, cifrado por conta... e de forma adicional backups selfservice moi moi cómodo.
- Xestionamos por ti todas as actualizacións de software necesarias para o sistema base. Esquécete das cuestións técnicas e dedícate aos teus proxectos online!
Non Administrado
Adminístrao ti con privilexios de root, gozando das mellores condicións de hardware e rede.- Administra a túa cloud con seguridade desde calquera parte aínda estando fóra de liña. Grazas á consola alternativa accedes ás unidades virtuais, supervisas o reboot, etc.
- Crea puntos de restauración e reinstala o SO desde o teu Panel. Tamén podes montar un snapshot como unidade para acceder a ela e recuperar só aqueles arquivos que necesites.
- De forma adicional podes crear Backups por NFS e LAN para os teus servidores. Se os prefires, tamén están dipoñibles Plesk e cPanel.
- Opcións con apps preinstaladas dispoñibles:
- Jitsi para realizar vídeochamadas
- Pritunl para activar as túas VPN
- Nextcloud para gardar e xestionar arquivos
Gustavo González
Departamento de Desenvolvemento«Cloud Hosting: toda a potencia e flexibilidade da nube ao teu alcance, sexa cal sexa o teu proxecto. Escala os teus recursos de forma automática, en función da demanda e pagando só polo que utilizas».
Máis para a túa Cloud Hosting
-
Certificados SSL GlobalSign
Cifra a navegación e garante aos teus visitantes unha contorna segura. Imprescindible para a túa web!
Interésame -
Centraliza os teus ficheiros!
Os teus arquivos centralizados, co espazo en disco que queiras e transferencia ilimitada.
Interésame -
Webmail dinahosting
A túa solución económica de correo con funcionalidades de groupware e de tipo exchange integradas.
Interésame
FAQ
-
Que vantaxes ten o cloud respecto doutros tipos de hosting?
-
É un servizo ideal para manter a túa web a pleno rendemento durante os picos de carga. Poderás personalizar os recursos do teu aloxamento en tempo real, cando o precises, mesmo sen estar presente grazas ao escalado programado.
Aquí tes algúns exemplos de cando che virá ben usar o Cloud Hosting.
-
Que é a virtualización?
-
Trátase dunha tecnoloxía que nos permite aproveitar ao máximo os recursos físicos dun servidor, creando instancias independentes de sistemas operativos que compartirán recursos pero sen competir por eles.
-
Con que panel de control traballa dinahosting?
-
O noso Panel é de deseño exclusivo. Todas as ferramentas foron deseñadas especificamente polo noso Equipo de Desenvolvemento para que se axusten perfectamente ás túas necesidades. Non atoparás outro panel de control igual no mercado.
-
Que diferenza hai entre discos SSD e NVMe?
-
Os discos NVMe ofrécennos unha velocidade de escritura e lectura de disco con velocidades impensables ata agora en discos SSD. Se o que queres é o maior rendemento posible NVMe é a túa opción!
-
E se necesito un sistema operativo non incluído na lista de Cloud Non Administrada?
-
Non te preocupes! Ponte en contacto co noso departamento de Soporte. Se necesitas instalar un sistema operativo concreto botarémosche unha man.
-
Contades con algún tipo de garantía ou SLA?
-
Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e, para demostrarcho, desenvolvemos un acordo de nivel de servizo que inclúe as seguintes compensacións en caso de incumprimento:
- Rede non dispoñible 0,1 % → 5 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 1 % → 25 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 2 % → 50 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 4 % → 75 % de devolución da túa cota mensual
- Rede non dispoñible 10 % → 100 % de devolución da túa cota mensual
-
Canto custa a miña Cloud Hosting?
-
A tarificación é sempre por horas, non hai cotas mensuais. Abonarás 2 € coa túa alta e a partir de aí pagas só polo que utilizas!