-
VPS GPU I
Comeza a probar as túas aplicacións avanzadas
- GPU A2 Dedicada
- 8 vCPU Procesador
- 16 GB RAM Garantida
- 500 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS GPU II
Proxectos que requiren máis capacidade de procesamento
- GPU A2 Dedicada
- 16 vCPU Procesador
- 32 GB RAM Garantida
- 1 TB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
-
Dedicado GPU
O teu propio servidor para aplicacións de nova xeración
- GPU A2 Dedicada
- AMD EPYC 7452 Procesador
- 64 GB RAM Garantida
- 2 TB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
Rendemento avanzado ao mellor prezo
Os VPS GPU son a opción perfecta se buscas probar aplicacións con altos requirimentos nunha máquina virtual independente con GPU 100 % dedicada. Así dispós de toda a capacidade de procesamento das GPU para a túa pyme a un baixo custo.
Ata 20 veces máis rendemento
Coas unidades de procesamento GPU podes acelerar ata 20 veces o funcionamento das aplicacións que requiren cálculos intensivos.
Así é como funciona unha GPU fronte a unha CPU no procesado de datos dunha IA:
Visión artificial
(EfficientDet-DO)
Procesamento da linguaxe natural
(BERT-Large)
Texto a voz
(Tacotron2
+ Waveglow)
GPU, procesamento ao máximo
Funcionamento
As GPU contan con miles de núcleos para facer cálculos máis complexos e especializados, a nivel masivo e de maneira acelerada. Diferéncianse das CPU en que realizan moitas máis operacións en paralelo, polo que se poden procesar máis datos ao mesmo tempo. En dinahosting seleccionamos os modelos GPU Nvidia A2 de 16 e 32 GB para os nosos servidores virtuais.
Aplicacións
Os nosos plans de VPS GPU están pensados para o desenvolvemento de aplicacións que necesitan dunha capacidade de procesamento superior: machine learning, intelixencia artificial, cálculos estruturais, análises clínicos e estatísticos, renderizado de modelos 3D... e calquera outra actividade que requira de computación masiva de datos.
Miguel Alayón
Responsable CPD«Cada vez son máis os proxectos ligados a solucións de intelixencia artificial, machine learning ou cálculo preditivo. É por iso que é indispensable proporcionar ferramentas aos negocios que queren innovar e apostar por tecnoloxías de vangarda. O nosos VPS GPU dan resposta a esta necesidade».
FAQ
-
Que diferenza hai entre un VPS GPU e un Servidor Dedicado GPU?
-
Tanto os VPS GPU como os Servidores Dedicados GPU permiten desenvolver aplicacións que requiren cálculos intensivos e unha total dispoñibilidade dos dispositivos GPU.
Os plans de VPS GPU contan con opcións de personalización limitadas en canto a vCPU, RAM e espazo. Con todo, para a súa contratación non é necesario realizar un gran investimento inicial, polo que permiten a un usuario acercar a tecnoloxía GPU ao seu proxecto para poñer a proba o seu rendemento.
En cambio, os Servidores GPU están pensados para desenvolvementos con maiores requirimentos e que precisan dunha maior flexibilidade. O seu prezo, por tanto, tamén é un pouco máis elevado.
-
A GPU do meu VPS non se comparte con outros usuarios?
-
As tarxetas GPU dos nosos VPS son dedicadas. É dicir, en calquera dos nosos plans podes desfrutar de forma completamente independente dos recursos totais da tarxeta GPU que incorporan.
-
Pódense personalizar os plans de VPS GPU?
-
Nestes momentos contamos con 2 plans de VPS GPU con diferente número de cores, RAM e espazo. En cada un podes personalizar o seu sistema operativo, o tipo panel de administración, se queres ou non backups, etc.
Se buscas maiores opcións de personalización, recomendámosche que revises a nosa selección de Servidores Dedicados GPU.
-
En que se diferencian os VPS GPU dos plans de VPS habituais?
-
Os VPS GPU están pensados para obter un maior rendemento e aceleración no procesado masivo de datos. Esta tecnoloxía utilízase en aplicacións de machine learning, intelixencia artificial, cálculos estruturais e estatísticos, gaming, renderizado 3D, etc.
Se os teus desenvolvementos non son compatibles ou non requiren este nivel de rendemento, recomendámosche que elixas entre algúns dos nosos VPS tradicionais.