Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Servidores GPU

Computación acelerada para os teus proxectos
Procesamento masivo de datos

Configúrao
Servidores GPU

Servidores GPU de última xeración

Os novos dispositivos GPU permiten realizar os cálculos masivos necesarios para os desenvolvementos máis esixentes.
Intelixencia artificial, estudos astrofísicos, análises biomédicas, predicións meteorolóxicas, renderizado 3D… O futuro da tecnoloxía pasa pola computación.

Maior rendemento

A velocidade dunha supercomputadora agora no teu servidor. Ata 20 veces máis velocidade que un procesador normal.

Máxima eficiencia

Os nosos servidores dispoñen de recursos e ferramentas exclusivas para que as túas aplicacións funcionen a toda velocidade.

Calidade e confianza

Confiamos en compoñentes das primeiras marcas. As GPU que usamos son de Nvidia, líder e pioneiro no sector.

En boas mans

A nosa infraestrutura está en Madrid, onde dispoñemos de dous CPD cos últimos avances en seguridade e conectividade online.

Configurar

GPU, procesamento ao máximo

As GPU contan con miles de núcleos para facer cálculos máis complexos e especializados, a nivel masivo e de forma acelerada. Diferéncianse das CPU en que realizan moitas máis operacións en paralelo, polo que se procesan máis datos ao mesmo tempo. En dinahosting seleccionamos o modelo de GPU Nvidia A2 de 16 GB para os nosos servidores. Pronto teremos máis opcións dispoñibles!

Configurar
GPU, procesamento ao máximo

Rendemento ata 20 veces maior

Coas unidades de procesamento GPU podes acelerar ata 20 veces o funcionamento das aplicacións que requiren cálculos intensivos.
Así é como funciona unha GPU fronte a unha CPU no procesado de datos dunha IA:

Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 8 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. GPU CPU 0 2X 4X 6X 8X 1X 8X
Visión artificial
(EfficientDet-DO)
Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 7 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. GPU CPU 0 2X 4X 6X 8X 1X 7X
Procesamento da linguaxe natural
(BERT-Large)
Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 7 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. GPU CPU 0 5X 10X 15X 20X 1X 20X
Texto a voz
(Tacotron2 + Waveglow)
* Datos de Nvidia para unha GPU A2 fronte a unha CPU Xeon Gold.
Fotografía de Camilo Echevarne

Camilo Echevarne

Departamento de Sistemas

«A incorporación de GPU nos nosos servidores é o salto cualitativo lóxico para dar solución a aqueles negocios que necesitan procesar grandes paquetes de información e queren manterse á vangarda tecnolóxica».

O teu Dedicado aloxado en España

Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas unha maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.

Quero saber máis
O teu Dedicado aloxado en España

FAQ

As GPU están pensadas para acelerar a alta computación e o procesado masivo de datos. Se o teu proxecto non ten estes requirimentos, recomendámosche que optes por outros Servidores Dedicados cos que contas na nosa oferta.

Ten en conta que para aproveitar ao máximo os teus Servidores GPU deberás utilizalos con aplicacións que sexan compatibles con esta tecnoloxía.

Actualmente contamos co Servidor Dell R6515, que dispón de dúas modalidades de CPU distintas. A opción 1x AMD EPYC 7452 ten o dobre de potencia que a 1x AMD EPYC 7313P, o que a converterá na alternativa máis adecuada para os teus proxectos máis esixentes.

Podes chamarnos gratis ou escribirnos e asesorámoste sen compromiso.

Temos claro que a tecnoloxía GPU chegou para quedar e é só cuestión de tempo que calquera aplicación poida beneficiarse do seu alto rendemento. Por iso, a nosa intención é ampliar a oferta de modelos de Servidores Dedicados GPU progresivamente.

Se buscas probar as capacidades das tarxetas GPU, pero aínda non necesitas un servidor completo, bótalle un ollo aos nosos VPS GPU.

O Servidor Dell R6515, en calquera das súas modalidades de CPU, é totalmente escalable. Incluso tes a posibilidade de incluír unha segunda tarxeta GPU ao teu Servidor para poder adaptalo ás túas necesidades.

Podes ampliar os seus recursos directamente desde o teu Panel de Control de dinahosting, ou contactar co noso equipo para asesorarte sobre que necesitas para medrar.