A través da nosa experiencia e da infraestrutura de rede máis avanzada axudámosche a alcanzar os teus obxectivos con solucións tecnolóxicas personalizadas á medida do teu proxecto.
ContactarEstes son algúns dos servizos nos que podemos axudarte:
Axudámoste a engadir os elementos necesarios para conseguir unha rede de alta dispoñibilidade na túa infraestrutura.
Facilitámosche os servidores e as instalacións para gardalos. Esquéceste do espazo e dos requirimentos técnicos.
O noso equipo de expertos axúdache a solucionar os retos que poidan xurdir no desenvolvemento do teu proxecto.
Confiamos nas mellores marcas e esiximos a máis alta calidade para o noso hardware, e para o teu!
Engadimos ao teu proxecto as comunicacións ou carries alternativos que necesites (satélites, fibra, peering, outros CPS, etc.).
Ofrecémosche solucións de seguridade tanto propias como de terceiros para manter os teus servidores libres de ameazas.
Consúltanos tamén se necesitas que che axudemos a realizar algunha destas accións.
Configura dende o teu Panel de Control un balanceador de conexións entre dous ou máis servidores Non Administrados. Tes esta funcionalidade dispoñible tanto no teu Dedicado como en VPS.
Saber máisDámosche unha solución completa chame en man, sobre o líder de virtualización do mercado, VMware. Administras a túa infraestrutura virtual de maneira segura e sinxela.
Saber máisAxudámosche a recuperar o teu servidor no caso de incidencia. Actualizaches o kernel e o teu servidor non arranca? Axudámoste a solucionalo baixo orzamento.
ConsultarTrae os teus servidores físicos ao noso Centro de Datos! Dispoñemos de solucións listas para usar a partir de 10 U. Disfruta da rede máis fiable e coas mellores prestacións, conectividade BGP con acordos de peering coas principais operadoras e conexión a 1 Gbps / 10 Gbps.
Cada rack inclúe Switch para conectividade con 24/48 portos 1 Gbps, bloque de IPS e electricidade con xestión remota.
ContactarFíxate en todo o que ten o noso servizo de Housing e que non che poden dar os demais.
A conectividade de dinahosting é un dos nosos puntos fortes. Máximas prestacións, redundancia e mínimas latencias para que disfrutes da máxima velocidade en todo momento.
Dámosche acceso ao noso CPD para as xestións no servidor que prefiras realizar ti mesmo. Solicítanos a túa cita!
Deixa a túa infraestrutura técnica nas mellores mans. Os nosos técnicos de sistemas e rede están ao teu dispor no caso de que os necesites. Tamén podemos encargarnos do enrackado e instalación do teu hardware.
Somos distribuídores/partners de DELL, IBM, Lenovo, Cisco, NetApp e Intel, entre outras marcas. Consigue o hardware ao mellor prezo con dinahosting.
Completa con estes extras os teus servizos de Housing.
Contrata as licenzas de Microsoft que necesites para os teus servidores en dinahosting. Ofrecémosche os mellores prezos, consúltanos!
Desde 25 € /mes
Contacta con SoporteAccede e administra os teus servizos dende un completo panel Plesk. Escolle a modalidade que prefiras: Admin, Pro ou Host.
Desde 23,40 € /mes
Contacta con SoporteSeguridade adicional para os teus servidores! Crea ata 10 regras dende o teu Panel de Control e realiza ata 10 cambios cada mes.
Desde 25 € /mes
Contacta con SoporteConecta os teus equipos entre si cunha LAN privada, usando un switch independente de 1Gbps que che podemos proporcionar.
Desde 65 € /mes
Contacta con SoporteUtilizamos as últimas tecnoloxías da man das mellores marcas.