Aumenta o espazo dispoñible para os teus proxectos coa nosa solución de almacenamento de alto rendemento con tecnoloxía Ceph.
Selecciona o paquete de espazo dende 100 GB ata 2 TB, ampliables en calquera momento dende o Panel.
A replicación automática de datos en múltiples nodos asegura o acceso continuo, incluso no caso de fallos de hardware.
O Almacenamento S3 é un servizo aloxado no noso CPD de España, baixo a normativa europea de protección de datos.
S3 permite agregar nodos de almacenamento sen interrupcións, facilitando o crecemento dinámico.
Ideal para almacenamento na nube, Big Data, copias de seguridade e arquivado, entre outras aplicacións críticas.
Compatible con diferentes plataformas de nube, facilitando a implantación en contornas de nube privada e pública.
Suma todo o espazo que necesites co noso servizo de Almacenamento S3, que se adapta ás necesidades do teu proxecto e orzamento.
O Almacenamento de obxectos S3 é unha solución moi versátil e amplamente utilizada. Algúns dos seus usos máis comúns son: copias de seguridade, repositorios de recursos descargables, almacenaxe de datos corporativos e, en xeral, calquera aplicación que requira o gardado e recuperación de datos na nube.
Os nosos servizos de almacenamento aceptan todo tipo de arquivos en calquera formato. Simplemente ten en conta que a subida de arquivos dende o Explorador de ficheiros está limitada a 100 MB.
Todos os datos que engadas nos servizos de almacenamento gardaranse no noso CPD de Interxion, que se atopa situado en Madrid. Aquí contámosche máis acerca da nosa infraestrutura.
Un bucket non é máis que o nome que polo que se lle coñece aos contedores nos que vas almacenar os obxectos. Cada obxecto está almacenado nun bucket, que é a unidade básica de almacenamento. Identificaralos cun nome e accederás a eles coas túas credenciais.
Accede ao teu Panel de Control coa túa conta de usuario de dinahosting, e no menú superior de Utilidades entra a Almacenamento S3. Dende esta interface podes crear usuarios e asignarlles un determinado espazo de S3, e acceder ao Explorador de ficheiros para crear ou eliminar buckets, directorios e administrar os arquivos que teñas almacenados.
Por suposto! E podes aumentalo sen límites.
Na interface de inicio do teu Panel de Almacenamento S3 contas coa opción Ampliar espazo, onde vas poder contratar packs dende 100 GB e ata 2 TB para aumentar o espazo que teñas no teu Almacenamento S3.
Pásate por este post para saber máis acerca das ampliacións.
Para aproveitar ao máximo todas as capacidades do S3, podes axudarte dalgunha aplicación compatible que che permita xestionar os teus buckets de forma avanzada, como poden ser: S3 Browser, Commander One ou CrossFTP. Aquí contámosche mais.
Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.