Servizo de Asesoría Técnica
Contamos cun equipo de soporte técnico especializado a túa disposición para analizar e realizar todas as accións que necesites para o teu hosting. Mantemos o teu hosting seguro e optimizado.
Auditoría de seguridade
Analizamos se o teu hosting está ao día, que versións dos teus compoñentes necesitan actualización, se é vulnerable a ataques, etc. Facilitámosche un informe con todos os nosos puntos a mellorar na túa seguridade.
Interésame
Cambio de dominio asociado e modificación de rutas
Modificamos o dominio asociado na túa base de datos e substituímos calquera ruta necesaria co dominio que ti escollas. Mantemos intacto o funcionamento do teu hosting a pesar de cambiar de dominio.
Interésame
Servizo de compatibilidade con HTTPS
Ter un certificado dixital é unha medida case obrigatoria en calquera web. Podemos instalalo por ti e facer que o teu CMS cifre automaticamente todas as visitas.
Interésame
Contorna de staging
Duplicamos nun subdominio o teu CMS para que contes cunha contorna de probas e que non afecte á túa páxina en produción.
Interésame
Servizo de Backups a medida
Necesitas unha copia do teu hosting? Queres recuperar os contidos dunha conta de correo dentro doutro hosting da túa propiedade? Se necesitas estes e outros servizos contáctanos.
InterésameServizo de Desinfección
Asegurámonos de que o teu hosting non teña ningunha vulnerabilidade. O servizo inclúe:
Escaneo de calquera hosting e eliminación do malware localizado.
Eliminación das posibles secuelas derivadas da infección na túa web.
Se traballas con WordPress, actualización do core, plugins e temas.
Envío dun informe detallado do traballo realizado no teu hosting.
Gratis no teu Hosting para WordPress Optimizado
Desfruta do servizo de Monitorización e activa reportes totalmente gratis no teu Plan de Hosting para WordPress Optimizado.
Actívao no teu Panel de Control!
Contacta connosco
Cubre o formulario e responderémosche deseguido.
Gustavo González
Departamento de Desenvolvemento«Na dinahosting estamos comprometidos con facer da navegación por internet unha experiencia máis segura. Por iso, poñemos á túa disposición a nosa experiencia e tecnoloxías para que ti tamén formes parte diso».