Garantías de ter o teu aloxamento web na dinahosting
Podes ter a seguridade de que en dinahosting o teu proxecto está en boas mans: Centros de Datos e infraestrutura de rede de alto rendemento, hardware de máxima calidade que testamos previamente e Soporte Técnico próximo e dedicado sempre que o precisas.
Os nosos Centros de Datos
Localizados en Aire Networks e Global Switch, en Madrid
200 m² de superficie en 2 cubos completamente independentes, planificados para garantir o seu crecemento e a comodidade no traballo do equipo técnico. Máis de 3000 servidores con cerramento en cubos.
Alimentación garantida
Dobre acometida eléctrica, baterías, SAI e grupos electróxenos redundantes. A túa web estará operativa mesmo en caso de caídas eléctricas prolongadas.
Infraestrutura online pase o que pase
Contamos cun CPD alternativo de respaldo a uns 7 km de distancia que conta con 4 liñas de fibra en comunicación directa con Aire Networks separadas e redundadas en 2 e 2. Isto permítenos estar sempre conectados e operativos, incluso no caso de que se produza unha incidencia grave ou catástrofe (Disaster Recovery).
Control ambiental
Cumprimos coas recomendacións de A SHRAE. Mantemos as condicións de temperatura e humidade óptimas que nos indicas os fabricantes.
Medidas anti-humidades e incendios
Dispoñemos de multitude de detectores dispostos por toda a sala e nos puntos máis sensibles do CPD.
Certificación ISO
O noso CPD cumpre as certificacións máis esixentes do sector: ISO 9001 de calidade, ISO 27001 de seguridade da información, ISO 22301 para a continuidade de negocio, ISO 140001 de medio ambiente e LEED Gold de sustentabilidade.
Green Hosting
O noso CPD está asociado a The Green Grid, un consorcio internacional que fomenta a implantación de estratexias efectivas de eficiencia enerxética entre as empresas máis relevantes do sector. Ademais, estamos acreditados por The Green Web Foundation como Green Hosting, gracias ao uso de enerxía 100 % renovable.
Rede Dinahosting
A nosa rede está optimizada e monitorizada en todo momento para ofrecerche a mellor conectividade. Compróbao ti mesmo!
BGP e 8 provedoras independentes de conexión
Contamos cunha rede de alto rendemento e dispoñibilidade, co noso propio Sistema Autónomo. Está redundada en todos os puntos, con saída cara a Internet con 8 provedores diferentes e balanceada con BGP, para encamiñar o tráfico sempre pola ruta máis curta.
Máxima dispoñibilidade e mínimas latencias
Garantimos resolución de conflitos de enrutado en menos 5 ms. Podemos ofrecer a mellor conectividade do Estado, latencias mínimas (valores medios por baixo de 0,2 ms) a nivel nacional e internacional e unha dispoñibilidade real do 99,999 %.
Medidas de seguridade adicionais
Contamos cun firewall de aplicacións web (WAF) e un servizo de escaneo de malware co que reforzamos a protección dos teus hostings e servidores. Tamén monitorizamos os accesos ao teu correo para detectar posibles hackeos, á vez que lles aplicamos antispam e antivirus en tempo real
Hardware que utilizamos en dinahosting
Ofrecemos hardware coa máxima calidade e o mellor rendemento para todos os teus proxectos.
Só compoñentes nos que confiamos
A nosa experiencia ao longo dos anos con diferentes tipos de hardware lévanos a ofrecerche só o de maior calidade e de marcas líderes do mercado. Por iso utilizamos servidores da marca Dell e Lenovo.
Servidores de Backup
Sabemos o importante que é facer unha copia das túas webs. Para garantir a integridade de todos os teus datos, montamos copias de seguridade distribuídas e redundadas grazas a sistemas de última xeración, coma Ceph.
Garantía para sempre
Todo o hardware que utilizamos para os servizos que contratas na dinahosting está garantido para sempre. Respondemos por todos os compoñentes que sexa necesario substituír.
Elementos de rede: routers e switches
Utilizamos hardware de rede de última xeración de Cisco Systems, con routers da serie ASR9000 e switches da serie Nexus 5600 y Nexus 9300, conectados de forma completamente redundada mediante enlaces de fibra óptica de alta velocidade. Asegurámosche o maior rendemento e fiabilidade.
CDN dispoñible
Unha CDN almacena na caché o contido da túa páxina web en múltiples servidores distribuídos por todo o mundo para que estean dispoñibles dende calquera punto. Cando un usuario visite o teu sitio, a nosa CDN entregará o contido dende o servidor máis próximo á súa localización, o que reduce significativamente o tempo de carga e mellora tanto a experiencia de navegación como a seguridade do teu servidor.
Somos Green Hosting
En dinahosting obtivemos a certificación como Green Hosting grazas ao uso de enerxía 100 % renovable. Este logro reflicte o noso compromiso coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente, ofrecendo servizos de aloxamento web sostibles de calidade.
NVMe: máxima velocidade de lectura, escritura e ancho de banda
En dinahosting traballamos con discos NVMe de Western Digital, que supoñen un gran salto cualitativo no terreo do almacenamento e proporcionan unha velocidade moi superior para todo tipo de tarefas.
Velocidade
NVMe usa a tecnoloxía PCI-Express, que brinda unhas taxas de transferencia e IOPS ata 5 ou 6 veces superiores aos discos tradicionais SSD.
Rendemento
Os discos NVMe están preparados para asumir máis capacidade de escritura e lectura de forma simultánea, reducindo a latencia e a sobrecarga no servizo.
Última tecnoloxía
Para a túa garantía, confiamos nun procesador de última xeración Intel Cascade Lake, o modelo Intel Xeon Gold 5320 de 50 Cores e 102 Threads.
Ancho de Banda
Os discos SSD traballan sobre unha interface SATA 3, dun ancho de banda máximo de 0,8 GB/s. Os NVMe fano sobre una interface PCI-Express ® Gen3 x4, que soporta velocidades de lectura e escritura de ata 7,9 GB/sIOPS
O novo protocolo NVMe conecta os discos de almacenamento a través da interfaz PCI-Express, que reduce a latencia e aumenta os IOPS (número de operacións de entrada e saída de datos que ocorren por segundo).Servidores Dedicados e VPS con GPU xa dispoñibles
Os servidores GPU (Graphics Processing Unit) contan cun procesador para alta computación e procesamento masivo de datos. É ideal para proxectos de intelixencia artificial, enxeñería, sistemas de predición... ou calquera traballo de cálculo que requira de alta eficiencia e rendemento constante.
Vantaxes de ter o teu hosting ou servidor con IP española
Comprar un hosting ou un servidor nunha provedora nacional ou no estranxeiro é un factor chave para o rendemento da túa web. Escolle dinahosting e goza de todas as vantaxes de ter o teu servidor ou hosting en España.
Mellor posicionamento SEO
Se a túa web se orienta ao mercado nacional, dispor de IP española axudarache a escalar posicións nas buscas locais, xa que Google e outros buscadores priorizan as páxinas aloxadas no mesmo país.
Cumprimos co RXPD
A nosa infraestrutura cumpre coa normativa europea en protección de datos. Asegurámonos de que a túa información e a dos teus clientes estea totalmente protexida, polo que gañas en seguridade e confianza.
Maior velocidade na túa web
Os nosos servidores e hostings están en España. Canto máis preto estea o servidor, menores serán os tempos de latencia e a túa web cargará moito máis rápido. Unha maior velocidade repercutirá nunha mellor experiencia de usuario.
Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
Na dinahosting falamos no teu idioma e non utilizamos contestadores automáticos para atenderte. Traballamos no teu mesmo horario, polo que che resultará máis sinxelo programar tarefas ou realizar o mantemento da túa web.
Os nosos servidores DNS e Centros de Datos
Os nosos servidores DNS atópanse dispersados xeograficamente de forma estratéxica, o que nos permite ofrecerche maior confianza e mellores tempos de resposta. Actualmente dispoñemos de varios servidores, localizados por todo o mundo: España (Madrid), EEUU (Los Ángeles e New Jersey), Xapón (Tokio), Korea (Seul), e Australia (Sydney). Contamos ademais con 2 Centros de Datos en Madrid, nas instalacións de Aire Networks e Global Switch.
Indemnizacións para VPS, Dedicados, Cloud e Housing
Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e para demostrarcho desenvolvemos un acordo de nivel de servizo coma este.
Compromiso coa túa seguridade
Aínda que aplicamos rigorosos controis de seguridade ao hardware e software cos que traballas, é inevitable que se produza algún erro ocasional. Se cres que detectaches un erro ou unha vulnerabilidade de seguridade nos nosos servizos, infórmanos e o noso equipo revisarao o antes posible.
Saber máis