Hosting web para WordPress nas mellores condicións: rendemento optimizado, o autoinstalador máis completo e todas as funcionalidades e recursos que precisas. Configuralo é facilísimo, pero se queres axudámosche ao momento.
Vitaminado de serie. Lo hemos diseñado para que tu web vuele y te ahorres tiempo en las configuraciones iniciales.
O Hosting WordPress máis rápido: servidores con discos SSD NVMe, Varnish Caché, PHP 8.0 e HTTP/2. Telo todo!
Protexe as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos. Let's Encrypt gratis xa preinstalado!
Accede a unha copia de seguridade diaria dos teus ficheiros, bases de datos, contas de correo... de forma automática.
Dámosche soporte no teu idioma todos os días do ano, a través de chat, correo ou teléfono. Chámanos gratis!
Migramos o teu WordPress por ti. E co teu traslado de dominio, levas 3 meses de hosting compartido gratis.
Mantén o tráfico malicioso fóra do teu WordPress. WAF funciona como un firewall para que a túa páxina non se infecte.
Con WP-CLI podes executar case todas as opcións que che ofrece WordPress dende unha liña de comandos.
O noso Centro de Datos está ubicado aquí. Goza dunha web máis rápida e mellor posicionada.
E o que che aforrará máis tempo. Configura e publica o teu WordPress de forma fácil e rápida co noso autoinstalador. Vitaminámolo con todas estas ferramentas para unha xestión sinxela e eficiente da túa web.
O teu WordPress completamente securizado
Sistema Antispam incluído
Optimizador de imaxes listo para usar
Varnish Caché e sistema de purgado de caché configurado
Plugins para SEO On Page incorporados
Con configuracións de minificación e caché de navegador
Sen plugins innecesarios nin contidos de exemplo
Editor clásico activado por defecto
Axuste a tres revisións por entrada
Modificación do prefixo de Base de Datos
Headers extra para maior seguridade
Limitación da frecuencia de execución do Cron
Actualización automática de plugins e temas
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Cos nosos servizos de Desinfección e monitorización asegurámonos de que o teu aloxamento web en WordPress estea sempre a punto.
Encargámonos de limpar calquera vulnerabilidade do teu hosting e avisámoste de calquera brecha de seguridade.
Desinfeccións gratuítas se sofres un hackeo no teu WordPress Optimizado.
Actívao no teu PanelReportes diarios sobre calquera ficheiro modificado ou infectado do teu hosting.
Actívao no teu PanelAuditoría de seguridade mensual para que coñezas calquera punto fraco.
Actívao no teu PanelOfrecémosche o mellor hosting do mercado e axudámoste a sacarlle o máximo rendemento. Ponnos a proba!
«WordPress é o CMS máis popular a nivel mundial, polo que é a nosa responsabilidade que sexa unha ferramenta fiable, segura e o máis usable posible».
Levas o Hosting WordPress líder coas mellores ferramentas.
Na dinahosting tes o teu propio Panel. Unha aplicación única, completa e deseñada pensando en ti.
Con funcións de groupware e xestión de correo, é completamente gratis coa túa alta de calquera hosting.
Elixe o teu Plan WordPress e próbao o tempo que necesites. Paga ao publicar a túa web.
Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu hosting.
WordPress é o xestor de contidos para web máis utilizado, e que che permitirá montar a túa web ou blogue dunha forma rápida e sinxela. Destaca pola súa escalabilidade, seguridade e facilidade de uso, grazas á gran comunidade de desenvolvedores que contribúen a mellorar o rendemento da plataforma.
Contratando o teu Hosting WordPress disporás dun amplo repositorio de modelos adaptados a todos os dispositivos, multitude de plugins que engaden funcionalidades extra e unha web cun formato de código fonte orientada ao posicionamento SEO en buscadores.
En dinahosting dispós de 3 plans de Hosting WordPress con NVMe adaptados ás túas necesidades.
Ademais coa túa contratación podes gozar do autoinstalador máis completo que che aforrará tempo nas configuracións iniciais, e do servizo de Desinfección e Reportes de Seguridade co teu WordPress Optimizado.
O noso autoinstalador WordPress Optimizado está pensado para aumentar o rendemento e a seguridade da túa web en WordPress, e sobre todo para que aforres tempo nas configuracións iniciais.
Inclúe: Varnish Caché e sistema de purgado de caché configurado, securización completa do teu WordPress, sistema antispam, borrado de plugins e contidos de exemplo, optimizador de imaxes, plugins SEO On Page, configuracións de minificación e caché de navegador, última versión de PHP, SSL gratuíto e HTTP/2.
Cando dás de alta un Hosting WordPress en dinahosting tes a opción de escoller entre a versión Optimizada e a estándar. Necesitarás o WordPress Optimizado se tes un perfil técnico medio ou baixo e queres aforrar todo o tempo posible nas configuracións iniciais do teu proxecto. O noso autoinstalador incorpora algunhas melloras en rendemento e seguridade que che van vir moi ben: sistema antispam, optimizador de imaxes, Varnish Caché, plugins para SEO, etc. ¡Bota unha ollada!
Pola contra, se che interesa establecer toda a configuración do teu WordPress pola túa conta quédate coa opción estándar, a que trae o propio WordPress por defecto. Está pensada para perfís con coñecementos no terreo do deseño e a programación que queiran customizar a súa aplicación ao 100 %.
Grazas ao noso equipo de Soporte Técnico especializado poderás supervisar e manter o teu WordPress libre de malware. Poñemos á túa disposición:
Goza deste servizo gratuíto no teu WordPress Optimizado. Aquí tes máis información.
Se perdeches o teu contrasinal, non te preocupes, tes varias posibilidades de recuperalo.
A primeira é moi sinxela, entra no panel de acceso do teu WordPress, normalmente www.nomedatuaweb.com/wp-admin e atoparás unha ligazón coa lenda Esqueceches o teu contrasinal? Fai clic e recupérao.
Outra posibilidade é acudir ao Panel de Control, accedendo á área do teu Hosting WordPress. Entra en Apps Autoinstalables e na área de Instalados poderás cambiar o contrasinal.
Varnish é un sistema de caché que funciona ensinándolle ao visitante unha copia dos contidos da túa web. Deste xeito redúcese o número de peticións ao servidor e o tempo de carga das páxinas.
Se o teu WordPress recibe niveles altos de tráfico, Varnish é o acelerador que necesitas para aumentar o rendemento do teu WordPress. Comeza a aproveitalo.
Se deches de alta calquera dos nosos plans de WordPress dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.