En dinahosting estamos comprometidos co emprego estable e de calidade, e traballamos día a día para favorecer o desenvolvemento profesional das nosas traballadoras e traballadores.
Garantizamos a igualdade de oportunidades dentro do noso equipo e apostamos decididamente polos horarios intensivos. Para darche o mellor soporte e atención sempre que nos necesites, temos horarios partidos, sendo voluntaria a súa escolla.
Proporcionámosche garantías de igualdade, independentemente do teu sexo e do posto que ocupes. Ademais, impulsamos a igualdade efectiva entre mulleres e homes con relación ao acceso ao emprego, a formación e a promoción profesional na empresa.
O 98 % do noso emprego é estable e temos a firme convicción de non usar servicios de ETT. Impulsamos o mantemento de postos de traballo que fomenten a mellora continua das competencias profesionais mediante o coaching a mandos intermedios e directivos.
Apostamos polo talento! Escollemos ao noso equipo mediante unha selección baseada no mérito, as actitudes e aptitudes demostradas. Ademais, contamos cun sistema de avaliación obxectiva do desempeño para medir e garantir o crecemento do equipo.
O noso principal activo son as persoas que integran o Equipo Dinahosting. Ofrecémosche a oportunidade de te unires a el e de desenvolverte profesionalmente na empresa independente máis importante do sector hosting en España.
Que buscamos? Persoas con capacidade de liderar con exemplo, a eficacia e o compromiso. Persoas proactivas e con boa preparación, con curiosidade para pór en práctica novas ideas e a súa creatividade.
Que che ofrecemos? Estas son as vantaxes de ser dinaworker :)