Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Responsabilidade social

Compromiso co noso contorno
Apoio tecnolóxico a colectivos sociais e ONG

responsabilidad-social.cta__h1

O noso compromiso: a transformación social

Na dinahosting sentímonos parte activa da sociedade e queremos contribuír ao seu progreso e á mellora da calidade de vida das persoas.

Apostamos pola integración

Apostamos pola integración

Chámanse Mónica, Brais, María, Manuel, Antía; son persoas con discapacidade intelectual. O seu futuro depende de iniciativas que lles axuden a abrirse paso cando as condicións da súa contorna máis próxima non llo permiten. É por iso que cando a Fundación para a discapacidade e emprego Juan XXIII nos convidou a colaborar co seu proxecto, non o dubidamos nin un momento.

También colaboramos coa Fundación Paideia, a Asociación AMICOS e moitas outras organizacións sen ánimo de lucro, como a Cociña Económica de Santiago de Compostela, que traballan día a día contra a exclusión social.

IES Antón Losada

Apoio a institucións educativas

Encántanos colaborar con todo tipo de institucións educativas, non só proporcionándolles aloxamento gratuíto para a páxina web do seu centro, senón tamén cedéndolles servidores virtuais nos que os alumnos poden levar á práctica o aprendido e facer probas nunha contorna de traballo real. Ademais, impartimos formación sobre dixitalización, xestión de aloxamento web e dominios en diferentes másteres universitarios.

Tamén recibimos periodicamente nas nosas instalacións a grupos de ensino procedentes de centros de Educación Secundaria, Formación Profesional e talleres de emprego locais. O noso obxectivo é que coñezan in situ o funcionamento dunha empresa coma dinahosting e poidan consultarnos todas as súas dúbidas sobre o mercado laboral neste sector.

Doazón de tecnoloxía para alfabetización dixital

Doazón de tecnoloxía para alfabetización dixital

A través do noso programa de reutilización cedemos compoñentes que xa non usamos e que son útiles tanto para alfabetización dixital en centros educativos e colectivos sociais, como para crear postos de acceso é rede en zonas desfavorecidas.

Tamén traballamos co Grupo Digalco (Bergondo, A Coruña) para xestionar a recollida de consumibles informáticos que xa non son aptos para unha segunda vida.

Kiva: mudando vidas

Kiva: mudando vidas

Os avances en cooperativismo, medicina ou enxeñaría case nunca son de aplicación directa nas rexións que máis o necesitan. Os gravísimos contrastes que hoxe existen entre os pobos están á vista. Creamos un perfil na rede de créditos sociais Kiva e colaboramos semanalmente con centenas de persoas e comunidades de todo o mundo. Coñece as iniciativas que apoiamos.

Responsabilidade medioambiental

Responsabilidade medioambiental

Queremos que dinahosting se manteña nuns niveis de eficiencia enerxética razoables polo que realizamos unha planificación tecnolóxica que optimiza todos os procesos. Os servidores cos que traballamos son moito máis eficientes, polo que conseguimos un mesmo rendemento ou superior con consumos eléctricos e un impacto ambiental moito menor.

Ademais, estamos acreditados por The Green Web Foundation como Green Hosting grazas ao uso de enerxía 100 % renovable, tanto na nosa oficina de Santiago de Compostela (A Coruña), como nos nosos centros de datos de Madrid. Reafirmámonos no noso compromiso de liderar o cambio cara a un Internet máis sostible e respectuoso co medio que nos rodea.

Patrocinamos as túas ideas

Patrocinamos as túas ideas

Hosting para a túa ONG

Se pertences a unha organización laica con facturación inferior a 600.000 €/ano, non deixes de presentar a túa solicitude.

Hosting para I+D+i

Calquera axuda á difusión das ciencias é pouca. Só queremos pór a nosa pequena aportación.

Hosting para a túa comunidade educativa

Se traballas nunha institución educativa e o Proxecto de Centro o contempla, habilitaremos un hosting para o teu alumnado.

Hosting para o teu proxecto web

Se te dedicas ao desenvolvemento web, á programación, ao deseño ou ás artes en xeral, encantaranos darche o hosting que necesites.

Solicitar patrocinio
Se clicas en Solicitar Patrocinio, autorizas que os datos que consten na solicitude de patrocinio serán tratados por Dinahosting S.L. Os datos que consten na solicitude de patrocinio serán tratados por Dinahosting S.L. coa finalidade de xestionar e resolver as solicitudes recibidas. O tratamento está baseado no noso interese lexítimo de atender a túa solicitude e no teu propio consentimento, que manifestas ao enviar a solicitude. Non comunicamos os teus datos a terceiros, salvo por obriga legal. Os datos serán conservados mentres se resolve a solicitude de patrocinio e mentres dura o mesmo no caso de ser concedido. Podes revocar o teu consntimento, así coma exercer outros dereitos, tal e como se describe na nosa Política de Privacidade, onde poderás obter información adicional.