Tanto se xa vendes dominios e hosting web coma se o que queres é iniciarte no negocio, necesitas un plan Reseller coma este. Ofrecémosche unha infraestrutura de calidade, marca personalizábel e, fundamental, un soporte técnico comprometido contigo.
E vai en serio! Na dinahosting temos os prezos máis competitivos do mercado. Compróbao!
Coa nosa infraestrutura é difícil que algo falle. A calidade e a innovación impórtannos, e moito.
Engade o teu logotipo, as túas cores, os teus datos de contacto para soporte... Fíxate que fácil é personalizalos!
Monta tendas, blogs, foros ou galerías facilmente. Seleccionas, un clic e voilá!: a túa APP en marcha.
Sigue en todo momento o que ocorre no teu negocio! Toda a información dos teus servizos no teu Panel de Control de Reseller.
Todas as accións: activación, renovación e configuración de servizos utilizando a nosa API.
Rexistra agora o teu dominio e regalámosche unha conta de correo. Co teu traslado, levas 3 meses de hosting gratuíto e un ano de Protección de Whois. Migramos a túa web gratis. Goza de 30 días de garantía coa túa alta de Hostings e VPS e se non satisfán as túas necesidades, devolvémosche o diñeiro.
InterésameO sistema de Prepagamento permíteche comprar un bono, mediante pagamento anticipado, que usas para rexistrar e renovar dominios desde o teu Panel de Control. Coa modalidade Evolution, para dominios e hosting, melloras os teus prezos a medida que aumenta o teu número de servizos.
Elixe o teu bono de Reseller e aforra vendendo os nosos servizos.
+ do 14% de desconto
+ do 21% de desconto
+ do 47% de desconto
Consegue mellores prezos a medidas que medras coma Reseller.
Como? Propoñémosche tres opcións. Dependendo da dimensión que lle queiras dar ao teu negocio irache mellor unha ou outra. Imos dende a máis sinxela, sen plataforma de venda propia, ata as máis avanzadas.
O punto de partida máis fácil. A medida que recibes pedidos vas contratando servizos na dinahosting e facilítasllos os teus clientes.
Desenvolve a túa propia plataforma aproveitando toda a potencia da nosa API. Ao teu xeito e na túa linguaxe de programación preferido.
Utilizas algún destes xestores? Sen problema! O módulo da dinahosting está integrado por defecto no sistema de HostBill e AWBS.
Temos o mellor equipo de soporte dispoñible 24x7 para asesorarte co teu proxecto.
«Na dinahosting podes crear e personalizar unha contorna exclusiva para desenvolver o teu negocio con toda a tranquilidade que necesitas».
Somos partners de CISCO, Dell e doutros registries que avalan o noso traballo.
Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu negocio de dominios e hosting.
É fácil! Non necesitas cumprir requisitos previos nin facer ningún pagamento anticipado. Se queres, podes empezar hoxe mesmo!
Envíasnos a túa solicitude e contactamos para asesorarte das mellores opcións para ti.Coa modalidade Evolution melloras os teus prezos en función do número de servizos que teñas. Por exemplo, se tes 35 dominios e 20 hostings terías prezos de Reseller Gold para dominios e prezos de Reseller Silver para hostings. Ah! E recorda: tamén podes aforrar nos teus hostings contratando un multihosting, servidores dedicados ou VPS.
A modalidade Prepagamento consiste en comprar un bono que despois utilizas para rexistrar dominios. En función do bono que adquiras (200, 500 ou 1000 €) aplicar uns prezos ou outros e é independente da cantidade de dominios que teñas.
Se algunha das persoas que contratou os teus servizos se comunica co noso Soporte técnico solicitando axuda, poñerémonos en contacto contigo para cho notificar. A túa confidencialidade estará a salvo!
Ten en conta que o plan para Resellers está pensado para revender os nosos servizos e só é posíbel facturar aos datos asociados ao perfil principal. Se necesitas modificalos, contacta.
Poderán acceder tanto dende paneles.gestiondecuenta.com como dende un URL personalizado, sempre que contes cun certificado de seguridade GlobalSign. Poderás activar esta opción cando queiras dende o teu Panel de Control de Reseller.
Claro que si! Terás acceso a ferramentas exclusivas que desenvolvemos para que lle saques o maior rendemento ao teu negocio. Dende o teu Panel de Control de Reseller poderás realizar unha personalización corporativa completa do panel marca branca que ofreces aos teus clientes: cores, imaxe, fondo... tanto para a versión Desktop como Alternativo.
E ademais, o teu Panel de Control permíteche: