Autoinstalables dispoñibles para o teu hosting
Poñemos ao teu alcance unha morea de aplicacións coas que crear a túa web e comezar a engadir contido ao instante. Todas elas son totalmente gratuítas e autoinstalables dende o teu Panel de Control.
Sistema Operativo
Temática
-
![{{nombre-mostrar}} ( v. {{version}})]()
{{displayName}} ( v. {{version}})
{{descripcion}}
{{so}} {{category}}
Que son e para que serven as aplicacións autoinstalables?
As aplicacións autoinstalables permítenche montar unha web dinámica sen necesidade de ter grandes coñecementos en programación. Existen aplicacións de todo tipo: para blogs, webs, tendas, foros... o que mellor se adapte á túa idea.
Dende o teu Panel de Control podes instalar de forma automática as aplicacións que che interesen completamente gratis: WordPress, PrestaShop, Moodle...
FAQ
-
Como configuro as aplicacións autoinstalables dende o meu Panel?
-
Dende a sección de Apps Autoinstalables do Panel do teu Hosting podes seleccionar calquera das aplicacións que temos dispoñibles. Soamente tes que elixir o directorio, o teu título de páxina e as túas credenciais de acceso para comezar a desfrutar da APP no teu hosting.
-
Podo ter máis dunha aplicación á vez instalada no meu hosting?
-
Por suposto, podes configurar os autoinstalables que necesites sempre e cando os instales en directorios ou subdominios diferentes.
Ten en conta tamén que se a APP precisa unha base de datos propia deberás contar cunha para cada autoinstalable. Faite cun Hosting Avanzado para dispoñer de bases de datos ilimitadas.
-
É posible instalar outras aplicacións no meu hosting aparte das que tendes no voso catálogo?
-
Podes instalar outras aplicacións seguindo as instrucións do desenvolvedor e sempre e cando os requirimentos técnicos sexan compatibles co plan de hosting que teñas contratado. Consúltanos e botámosche un cable ;)
-
Que autoinstalable é mellor para a miña web?
-
Cada aplicación autoinstalable ten unha funcionalidade diferente que pode valerche ou non segundo as necesidades e obxectivos que queiras para a túa páxina.
Serven para xestionar o contido e crear páxinas web (CMS), organizar tarefas, crear a túa propia plataforma de ensinanza online, montar un foro ou manexar o correo, entre outras funcións. Podes escoller a que prefiras ou consultarnos para que te asesoremos.