Ofrecémosche, totalmente gratis, un aviso legal tipo para incluír na túa páxina e cumprir así cos requisitos básicos que establece a LSSICE.
Amosámosche nesta táboa os produtos legais máis apropiados para a túa web, blog, tenda online ou foro .
Aviso Legal | Protección de datos | Condicións Xerais de Contratación | Política de cookies | |
---|---|---|---|---|
Web/Blogue | Aviso Legal Se che xera ingresos | Protección de datos Se rexistras datos persoais | Condicións Xerais de Contratación Se ofertas algún produto ou servizo | Política de cookies Se utilizas cookies |
Tenda online | Aviso Legal Si | Protección de datos Si | Condicións Xerais de Contratación Si | Política de cookies Si |
Foro | Aviso Legal Se che xera ingresos | Protección de datos Si | Condicións Xerais de Contratación Se ofertas algún produto ou servizo | Política de cookies Se utilizas cookies |
Poñemos ao teu dispor todos os textos legais e servizos que precisas para que a túa web cumpra coa normativa europea vixente.
Necesaria cando, por exemplo, pides o nome e dirección de correo electrónico para poder realizar comentarios.
Necesaria se ofreces a posibilidade de subscribirse ao teu boletín electrónico
A túa web contén un formulario para que poidan contactar contigo? Este é o teu servizo.
Se administras un foro onde se rexistran e participan usuarios, esta é a túa política de privacidade
Vendes produtos ou servizos a través da túa web? Solicitas datos para emitir facturas e realizar cobros aos teus clientes? A política de privacidade que precisas é esta.
Son precisas cando inclúes na túa web un proceso de contratación.
Necesaria se utilizas cookies anónimas: de carácter técnico, de personalización da interfaz ou de analítica web.
Necesaria se a túa web utiliza outro tipo cookie coas que se obteñen datos de carácter persoal (IP do usuario), cookies publicitarias, etc.
Ofrecémosche asesoramento xurídico para que os temas legais deixen de ser unha fonte de preocupación para ti. Verás que descanso.
O teu servizo de asesoramento xurídico especializado na Internet. Desenvolve o teu negocio con tranquilidade no mundo online.
«Resolver os teus asuntos xurídicos é un esforzo extra que non tes que asumir. Asesorámosche e proporcionámosche documentos legais adaptados á túa páxina».
Se os servicios anteriores non cobren as túas necesidades, ou se tes algunha dúbida que che poidamos resolver, non dubides en contactar connosco. Chamámoste sen compromiso!
O RGPD ou Regulamento Xeral de Protección de Datos é unha normativa europea que regula os dereitos das persoas residentes na Unión Europea sobre os seus datos de carácter persoal e o tratamento que se fai deles, á vez que establece obrigas para aquelas entidades que vaian tratar ditos datos.
O RGPD aféctache na medida en que teñas unha páxina web onde os teus usuarios introduzan calquera tipo de información persoal: email de contacto, preferencias de idioma, datos de pagamento... Polo tanto, é imprescindible que cumpras con esta normativa sempre que utilices ou almacenes datos persoais das túas visitas.
Para cumprir co RGPD, a túa web debe recoller todos os detalles respecto ao uso dos datos dos teus usuarios en diferentes textos legais.
Isto é fundamental por dúas razóns. A primeira, para cumprir coa normativa vixente e evitar posibles sancións. E a segunda, contar con textos legais na túa web xerará moita máis credibilidade e transmitiraslle confianza a quen te visite. Xa sabes que máis confianza significa un aumento das posibilidades de que o teu cliente remate comprando.
Os textos legais que tes que coñecer son estes catro:
Política de privacidade: é un documento no que constan os datos que recolles dos teus usuarios, se os vas gardar ou non e que uso farás deles. Todo o que afecte ao tratamento dos datos ten que constar na política de privacidade. Se queres bótalle un ollo á nosa.
Política de cookies: se na túa web utilizas cookies, terás que engadir este aviso. Na política de cookies tes que indicar que tipo de información do usuario vas recopilar. É dicir, se vas usar a información da súa experiencia de navegación con fins de marketing ou publicitarios, tes que explicalo. Para que vexas un exemplo, esta é a política de cookies de dinahosting.
Condicións de contratación: é un documento no que se recolle toda a información referida ao proceso de compra dentro da web, dende os datos do vendedor ata as formas de pagamento, métodos de envío, prezos, xestión de devolucións, etc. Polo tanto, todo usuario que se rexistre e contrate algún produto en dinahosting.com queda suxeito ás nosas condicións de contratación.
Aviso legal: é un aviso que tes que incluír na túa web para que os teus usuarios saiban quen está detrás da páxina. É obrigatorio engadir nel as referencias ás titulacións ou certificacións que teñas para realizar a túa actividade profesional. Como exemplo podes ver o noso aviso legal.
En función do tipo de web que teñas terás que incluír uns textos legais ou outros.
A política de privacidade é obrigatoria se tratas con datos de usuario, que é o habitual en calquera web, tenda online, foro, blog, etc. Polo tanto, o máis probable é que a precises.
A política de cookies é obrigatoria se utilizas cookies non exceptuadas do deber de obter o consentimento informado para a súa instalación. As cookies úsanse na maioría de webs porque permiten que o usuario poida establecer as súas preferencias de navegación.
O aviso legal é obrigatorio para calquera páxina da que se obteña un beneficio económico, directa ou indirectamente. Polo tanto, se a túa web che xera ingresos tes que incluílo si o si. En dinahosting ofrecémosche totalmente gratis un aviso legal tipo que logo podes personalizar cos teus datos. Se che interesa, xérao dende aquí.
As condicións de contratación son necesarias para ecommerces, ou para webs nas que se ofreza algún produto ou servizo aínda que non se dediquen exclusivamente á venta online.
Aquí explicámosche máis en detalle que tipos de textos legais hai que usar en cada caso. Se ti non tes os coñecementos ou o tempo necesarios, podes encargarlle a preparación dos teus textos legais ao noso Departamento Legal polo prezo que consta nesta páxina.
O pack anual de consultas está pensado para que poidas trasladarnos todas as túas dúbidas legais -ou as dos teus clientes- por un prezo pechado. En dinahosting contamos cun Departamento Legal especializado en temas vinculados con Internet: dominios, marcas, dereitos de autor, protección de datos, telecomunicacións, cookies, comercio electrónico...
Se non sabes exactamente se a túa consulta se axusta a estes temas, coméntanolo, revisamos o teu caso e vemos se podemos axudarche.