Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Compromiso coa túa seguridade

  • Xestión de vulnerabilidades
  • Infórmanos e investigamos o teu caso
seguridad-it.cta__h1

A túa seguridade é clave

Todo o hardware e o software que poñemos á túa disposición pasa controis rigorosos por parte do noso equipo de seguridade, e aínda así é inevitable que se produza algún erro ou vulnerabilidade puntual. Agradecémosche moito que nos manteñas ao día de calquera cuestión que detectes.

Spam

Se che chega spam diariamente á túa bandexa de entrada de correo electrónico en forma de publicidade.

Phishing

Se recibes emails que suplantan a nosa identidade para roubar os teus datos persoais.

Confidencialidade

Se se ven afectadas a confidencialidade dos seus servizos ou a integridade dos teus datos.

Vulnerabilidades

Calquera mellora técnica que detectes na seguridade do teu dominio, hosting...

Como informarnos de erros ou vulnerabilidades

Asegúrate de non compartir o teu reporte publicamente, porque pode non ser seguro e agravar aínda máis as consecuencias do erro. Sigue estes pasos:

  1. Escríbenos a security@dinahosting.com explicando detalladamente o que viches ou descubriches.

  2. Inclúe o enderezo URL específico ou o servizo en cuestión afectado pola vulnerabilidade atopada.

  3. Se queres, engade capturas de pantalla ou calquera outro recurso que complemente a información que nos proporcionas.

  4. Por seguridade, evita engadir datos confidenciais (nomes de usuario, contrasinal, etc.) no email que nos envíes.

Erros fóra do noso alcance

Hai algúns problemas que non se inclúen nesta política de revisión de erros e, que polo tanto non é necesario que nos transmitas. Por exemplo, o relacionado con ataques DDoS, omisión de cabeceiras de seguridade, vulnerabilidades nos sistemas operativos ou na configuración TLS.

Erros fóra do noso alcance

O que faremos tras o teu reporte

En canto recibamos o teu correo electrónico informándonos dun erro ou vulnerabilidade, os nosos especialistas en seguridade examinarano o antes posible. Estes son os pasos que imos seguir:

  1. Revisaremos o teu reporte en detalle para comprobar se se trata dun erro nos nosos servizos.

  2. Porémonos en contacto contigo se necesitamos ampliar a información proporcionada ou resolver calquera dúbida.

  3. Deseñaremos un plan de acción e actuaremos inmediatamente para corrixir o erro ou a vulnerabilidade atopada.

  4. Informarémosche dos pasos realizados ao longo do proceso e da conclusión final á que chegamos.

FAQ

Tomámonos moi en serio a seguridade, e para mostra as configuracións das que dispós no teu Panel de Control: autenticación en dous pasos; acceso independente ou secundario para terceiros; permisos para entrar a bases de datos; restricións de entrada ao Panel por continente, país ou IP; escáner de malware...

Ademais, temos un servizo backpus para que poidas desenvolver o teu proxecto sen medo a perder nada; traballamos cun firewall de aplicacións web (WAF) para reforzar aínda máis a protección do teu hospedaxe; e supervisamos o acceso á túa conta de correo electrónico para detectar posibles hackeos, á vez que lles aplicamos antispam e antivirus en tempo real.

Estes son só algúns exemplos. Podes escribirnos a soporte@dinahosting.com ou chamarnos gratis ao 900 854 000 se tes algunha dúbida.

Non, polo momento non temos ningún programa de recompensas para informar sobre as vulnerabilidades do servizo.

Se alguén conseguiu vulnerar o teu contrasinal para acceder ao teu Panel de Control de dinahosting, o primeiro que debes facer é cambiar o contrasinal de novo para recuperar o control dos teus servizos. Aquí deixámosche algunhas recomendacións para crear contrasinais seguros e fáciles de lembrar.

A continuación, comproba o teu correo electrónico para asegurarte de que a túa conta tampouco foi pirateada e de que non se configuraron regras de envío sospeitosas. No peor dos casos, terás que notificar aos teus contactos que a túa conta foi pirateada temporalmente e que ignoren as mensaxes recibidas nese período de tempo.

Se utilizaches o contrasinal roubado nalgún outro servizo, tamén é recomendable que o cambies. Finalmente, bota unha ollada ao teu sitio web para comprobar que todo está en orde e executa o antivirus no teu ordenador para asegurarte de que non se infectou con malware.

Na área Legal do noso sitio web tes acceso tanto á Política de Privacidade, como ao resto dos textos legais. Pregúntanos se tes algunha dúbida.