Todos os comandos que necesitas para implementares a túa propia plataforma de venda e xestión de dominios, aloxamento web, VPS... usando a túa interfaz, automatizando e planificando accións sobre un ou varios servizos.
A continuación móstrase a documentación completa da API de dinahosting e a lista de comandos dispoñibles. Cada comando inclúe unha descrición detallada do seu funcionamento, os parámetros que admite e os posibles tipos de resposta.
Ao seleccionar un comando, mostrarase tamén un xerador de peticións e un simulador de resposta, que che permitirán probar como invocar a API e visualizar a resposta real que devolve o servidor.
Nosa API admite diferentes formatos de petición para que poidas elixir o que mellor se adapte á túa integración. Cada tipo define a forma en que se envían os datos e as instrucións ao servidor.
Podes seleccionar o formato de resposta que prefiras para recibir a información devolta pola API. Isto permíteche procesar facilmente os resultados na túa aplicación, independentemente da linguaxe ou contorna.
Queres usar a nosa API? Só precisas unha conta activa na dinahosting e cubrir o seguinte formulario para habilitares ás túas credenciais.