Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

RDAP, o novo Whois

Consulta os datos de rexistro dun dominio no noso buscador

RDAP, el nuevo Whois
Ao clicar en VER RDAP, autorizas que a información enviada sexa procesada de conformidade coa Política de Privacidade e aceptas cumprir cos Termos de Uso do Servizo RDAP.

Se tes dúbidas sobre o RDAP, escoitámoste!

O teu dominio en boas mans co mellor equipo de Soporte dispoñible para ti 24x7.

Fotografía de María Barbeito

María Barbeito

Área Comercial

«Na dinahosting, polo prezo dun café ao mes, levas o teu dominio con todas as garantías».

FAQ

Toda a información que necesitas saber sobre o protocolo RDAP.

O Protocolo de Acceso a Datos de Rexistro (RDAP) é unha versión actualizada do popular servizo de Whois. Creouse no ano 2015 co obxectivo de resolver algunhas das carencias que presentaba Whois e de mellorar o seu servizo de consulta.

Contámoscho aquí con máis detalles.

Ao igual que Whois, a súa función fundamental é proporcionar información vinculada cos datos de rexistro de dominios: titular, data de rexistro e caducidade, servidores de DNS asociados, etc. Como usuarios pode interesarnos acceder a esta información se queremos contactar co administrador do dominio para negociar con el a súa compra, para informalo de posibles problemas técnicos que detectásemos, ou porque queiramos denunciar algún tipo de conducta irregular vinculada co seu dominio.

Ademais, o protocolo RDAP tamén proporciona información sobre direccións IP ou Sistemas Autónomos (ASN).

Para consultar os datos de rexistro dun dominio tan só tes que introducir o dominio que queiras no buscador que che proporcionamos e facer clic en Ver RDAP.

Ten en conta que o buscador só che ofrecerá información sobre os dominios que estean rexistrados en dinahosting.

Na maioría das extensións, coma .COM ou .NET, poderás actualizar a túa información nun momento desde o apartado de Dominios do teu Panel de Control de dinahosting. Outros dominios, coma o .ES, implican algúns requisitos. Chámanos ou escríbenos e indicámosche os pasos a seguir.

Aquí tes máis información sobre os cambios de contacto nun dominio.

RDAP é a versión mellorada da ferramenta Whois. O seu obxectivo é presentar a información de cada consulta dunha maneira máis estruturada e segura, e por suposto cumprindo co novo Reglamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Mentres que Whois devolve a información en texto plano e sen formato de codificación, RDAP faino en formato JSON e preséntaa en forma de táboa. Ademais, as consultas feitas mediante o protocolo RDAP realízanse a través de conexión segura ou HTTPS.

Aquí tes as principais diferenzas entre Whois e RDAP.

Si. Ambos protocolos convivirán ata que ICANN, como responsable última da xestión de dominios a nivel mundial, determine o contrario.