Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Cloud Privada con VMware

Cloud Privada con VMware

A túa infraestrutura virtual a medida

Contactar

A túa Cloud Privada con VMware

Todos os recursos dun servidor dedicado físico reservados exclusivamente para ti. Se a túa empresa ten necesidades especiais de virtualización ou seguridade, a Cloud Privada é unha solución moi útil. Como non compartes infraestrutura con ningún outro cliente, gañas en dispoñibilidade, rendemento e confidencialidade para os teus datos.

Con VMware, xestionas os teus servidores virtuais de forma sinxela, dende a asignación de recursos ata a súa monitorización. Administras toda a túa insfraestrutura virtual nunha contorna segura e dende unha única interface. Se pola contra o que buscas é un único servidor Cloud 100 % xestionado e escalable, bota un ollo á nosa Cloud Hosting.

Contactar

Gráfica explicando como funciona unha Cloud Privada

VMware, o teu centro de datos

VMware é a plataforma de virtualización líder no mercado. Crea o teu propio centro de datos na nube, deseña unha infraestrutura a medida e configura e monitorea os teus servidores virtuais. Todo dende unha interface sinxela e intuitiva!

Xestión total e en poucos clics

Crea, clona e elimina servidores conforme ás túas necesidades e en cuestión de segundos. Ti escolles os recursos cos que traballa cada máquina: procesador, discos, memoria RAM...

Escalabilidade e redimensións en quente

Aumenta ou diminúe os recursos das túas máquinas sen sufrir caídas no servizo. Actuando en quente, reduces os tempos de parada por tarefas de optimización e mantemento dos teus servidores.

Clonado de servidores

Cando queiras replicar unha mesma configuración de servidor entre varios clientes, ou como medida de seguridade por se algún dos teus servidores interrompe os seus servizos, recorre ao clonado de sistemas.

Balanceo de cargas de traballo

Move cargas de traballo aos nosos Centros de Datos e benefíciate das vantaxes de rede e hardware que utilizamos en dinahosting. O maior rendemento e fiabilidade ao teu alcance!

Máxima seguridade

A nosa infraestrutura ten servidores físicos 100 % dedicados para clientes, albergados en Centros de Datos que cumpren cos máximos estándares de seguridade.

Infraestrutura de alta dispoñibilidade

Nunha contorna virtualizada coma a que aporta VMware vSAN, se se produce calquera erro nun dos teus nodos, os teus datos seguirán accesibles agardando a ser recuperados.

FAQ

Unha nube privada é un modelo de almacenamento polo que os teus servizos se aloxan nun centro de datos no que non compartes recursos con ningunha outra organización.

Normalmente as nubes privadas son xestionadas por empresas que se preocupan de supervisar e manter toda a súa infraestrutura física, para que ti só teñas que centrarte en distribuír os recursos que tes dedicados exclusivamente para ti.

É un servizo que destaca pola súa fiabilidade e seguridade, no que ti tes todo o control sobre os servidores virtuais que crees.

É certo que unha nube privada proporciona un maior nivel de control e de seguridade, pois non compartes recursos con ningunha outra empresa e tes máis flexibilidade para deseñar o teu propio sistema de privacidade.

Pero para que a nube privada sexa segura é importante que a provedora que escollas para aloxala che garanta a solidez que precisas. Aquí tes máis información sobre o noso Centro de Datos e o noso hardware.

Administrar unha nube privada require dunha serie de coñecementos técnicos, polo que é importante que contes con especialistas na materia antes de apostar por esta solución. De tódolos xeitos, VMware facilitarache e simplificarache moito a xestión da túa Cloud Privada a través do seu panel de control vCenter.

Se nos baseamos nos seus usos, pode ser moi interesante para empresas que almacenen un gran volume de datos confidenciais, que traballen con aplicacións críticas que esixan un alto rendemento ou que teñan necesidades especiais de virtualización. Tamén é ideal para contornas de replicación e contixencia.

Aquí explicámosche ao detalle as características da nosa Cloud Privada con VMware.

VMware é sen dúbida unha das tecnoloxías de virtualización líderes, que che permite crear e administrar o teu propio centro de datos dentro da túa nube privada dende un panel de administración que che facilita moito o traballo. En poucos clics levantarás un novo servizo.

Clonado e migración de sistemas en quente, creación de contornas de probas, balanceo de cargas de traballo... son só algunhas das súas funcionalidades.

En dinahosting ofrecémosche tanto Cloud Privada con VMware coma un servizo de Cloud Hosting 100 % administrado polo noso equipo.

Cloud Hosting está pensado para webs que teñen moitos picos de tráfico, pois podes escalar os seus recursos ao momento ou mesmo programar o aumento para días e horas concretos. A súa xestión é igual de sinxela que a de calquera outro hosting, coa diferenza de que pagas só polo que utilizas. En cambio, a Cloud Privada está pensada para satisfacer necesidades de recursos continuadas. Ti xestionas o teu propio centro de datos e os servidores que crees nel con total liberdade, polo que che virá ben ter certos coñecementos de partida.

Aquí explicámosche ao detalle as diferenzas entre estes dous tipos de nube.