Compra un Servidor Dedicado de calidade e empeza a gozar de recursos exclusivos para o teu proxecto: máis rendemento, máis potencia, máis velocidade. Entregámoscho en menos de 24 horas e se aos 15 días non che convence, devolvémosche o diñeiro.
Estas son algunhas das razóns que te levarán a comprar o teu Servidor Dedicado na dinahosting.
O teu Dedicado con transferencia 1Gbps ilimitada, e aloxado nun CPD cos últimos avances de seguridade e conectividade.
Escollemos só servidores de calidade con hardware Dell e NetApp. Dispoñibles opcións con SSD NVMe!
Unha chea de opcións: Linux, Unix e todas as versións de Windows Server até para virtualización.
Utiliza a linguaxe de programación e BBDD que queiras e crea modelos para despregares decenas de APP instalábeis.
Accede ás estatísticas do teu Dedicado dende o Panel, segmentadas por servizos e mesmo por hosting.
IP española e o mellor soporte do mundo 24x7. Axudámosche a traeres a túa carteira de servizos á dinahosting!
O noso Dedicado Intel NVMe inclúe discos SSD NVMe, que melloran considerablemente o tempo de resposta do teu sitio web. NVMe é ideal para cubrir necesidades de virtualización e acoller bases de datos de moito volume ou aplicacións con grandes taxas de escritura en disco.
Quero saber máisEscolle o Servidor Dedicado líder. Dispoñemos de Dedicados Administrado e Non Administrado coa máxima fiabilidade e seguridade para cada un dos teus proxectos.
Administramos o servidor por ti mentres gozas do Panel de Control máis fácil e completo do mercado.
Configura os teus hostings personalizados ao milímetro. 50 licenzas de inicio! Establece perfís de acceso e o teu propio protocolo de seguridade con 2form auth, xeolocalización...
A tecnoloxía que máis che gusta para traballar, linguaxes de programación e bases de datos, decenas de aplicacións web a golpe de clic: WordPress, PrestaShop, Moodle...
Regalámosche un paquete de ferramentas avanzadas de correo con autorrespondedor, cifrado por conta... e de forma adicional backups selfservice moi moi cómodo.
Adminístrao ti con privilexios de root, gozando das mellores condicións de hardware e rede.
Todos os servidores inclúen KVM sobre IP para que administres o teu servidor baixo calquera circunstancia. Tambén podes instalar o Sistema Operativo que queiras desde unha ISO e reiniciar por KVM/corte eléctrico. Todo o control para ti.
Gratis dinaLoader, unha utilidade para realizares tareas de administración avanzadas. Tamén dispós de balanceadores de carga completamente gratis!
De forma adicional podes crear Backups por NFS, LAN para os teus servidores e regras de Firewall profesional. Tamén dipoñibles os paneis Plesk e cPanel.
Rexistra agora o teu dominio e regalámosche unha conta de correo. Co teu traslado, levas 3 meses de hosting gratuíto e un ano de Protección de Whois. Migramos a túa web gratis. Goza de 30 días de garantía coa túa alta de Hostings e VPS e se non satisfán as túas necesidades, devolvémosche o diñeiro.
InterésameO teu Servidor Dedicado moito máis completo con estes servizos extra.
Cifra a navegación do teu web e garante ás túas visitas unha contorna segura. Imprescindíbel!
InterésameOs teus arquivos centralizados, co espazo en disco que queiras e transferencia ilimitada.
InterésameA túa solución económica de correo con funcionalidades de groupware e de tipo exchange integradas.
InterésameOs nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Os Servidores Dedicados máis seguros e co mellor equipo de soporte dispoñible para ti 24x7.
«Por calidade de hardware, conectividade e fiabilidade temos, seguro, os mellores Servidores Dedicados do mercado».
Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu Servidor Dedicado.
Non hai problema. Podes instalar calquera sistema operativo a través da funcionalidade KVM/IP incluída co teu servidor. Contacta co noso departamento de soporte se necesitas axuda.