Non o penses máis, móvete a dinahosting
Sen permanencia nen taxas adicionais! Non esquezas revisar os nosos dominios en promoción.
Con cada dominio regalámosche 1 hosting por 3 meses para aloxar a túa web.
O tempo que contrates súmase ao que che quede por utilizar neste momento.
Soporte 24/7 no teu idioma para axudarche a trasladar e xestionar o teu dominio.
Todos os dominios que temos para ti
Compra o teu dominio en dinahosting. Escolle entre os nosos centos de TLD dispoñibles e rexístrao facilmente. Revisa as promos para levar os teus dominios con desconto. Ten en conta que o prezo que se amosa é anual.
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
- TLD
- Rexistro
- Traslado
- Renovación
Traslada o teu dominio en 3 pasos
-
Desbloqueo e authcode
Solicita á túa provedora actual o desbloqueo e máis o authcode para iniciar o proceso.
-
Acepta o traslado
Recibirás un correo na conta de contacto rexistrante para confirmar o traslado.
-
Xa está!
4 ou 5 días e o proceso acabaría. Sen afectar ao funcionamento do teu dominio!
O teu traslado inclúe gratis
Xestiona facilmente todos estes servizos dende o teu Panel de Control e sen que che custe nada!
-
Hosting gratis por 3 meses
Regalámosche por 3 meses o hosting que ti queiras para cada dominio que transfiras dende outra empresa.
-
Panel de Control exclusivo
Goza do Panel de Control máis avanzado do mercado para sacarlle o máximo partido aos teus dominios.
-
A mellor portabilidade
Coas nosas ferramentas gratuítas o teu traslado será fácil e rápido. Se tes dúbidas, botámosche unha man!
-
Xestión total de DNS
Rexistra DNS baixo o teu propio dominio, importa e exporta os teus ficheiros DNS e fai Ctrl + Z se te equivocaches.
-
O teu dominio máis seguro
Establece autorrenovacións, bloquea e desbloquea dominios cando decidas e habilita a túa Protección de Whois.
-
Servizos complementarios
Parking avanzado con contador regresivo, acurtador de URL gratuíto e redireccións web ilimitadas.
FAQ
-
Que é un traslado ou transferencia de dominio?
-
O traslado ou transferencia de dominio é unha operación moi común que consiste en pasar o dominio dun axente rexistrador ou provedor a outro.
Con este cambio, todas as xestións de administración do teu dominio terás que realizalas a través do novo provedor (cambios de DNS, contactos, zonas, etc.).
É dicir, que se trasladas un dominio a dinahosting, nós encargámonos de xestionalo :)
-
Como podo trasladar un dominio xenérico como .COM ou .ONLINE?
-
Antes de comezar, comproba que tes acceso á conta do contacto rexistrante para poder confirmar o traslado. Tamén podes solicitar á túa provedora actual o desbloqueo e o authcode para iniciar o proceso de traslado. Verifica cal é a túa conta facendo un Whois ou contactando coa túa provedora actual.
Tamén tes que verificar que o teu dominio non foi rexistrado ou renovado fai menos de dous meses.
Solicita o desbloqueo e o authcode
Só tes que solicitarlle a túa provedora actual o desbloqueo e o authcode para iniciar o proceso de traslado desde esta mesma páxina. O authcode é un código de seguranza que evita o traslado non autorizado do teu dominio.
Confirma o traslado
Nunhas 24 horas recibirás un email de confirmación do traslado. Polo tanto, é moi importante que esteas pendente da conta de contacto rexistrante do teu dominio.
E listo!
Aos 4 ou 5 días o proceso de transferencia terá concluído sen que o funcionamento normal do teu dominio se teña visto afectado.
Ten en conta que nos gTLD se realizas un cambio de titular o dominio bloquéase durante 60 días e non é posible trasladalo.
-
Como podo trasladar o meu dominio .ES?
-
Para trasladar o teu dominio .ES a dinahosting necesitas obter o código de autorización (AuthCode) do teu provedor actual e aprobar o traslado desde RED.ES (a entidade que xestiona os dominios .ES).
O proceso é o seguinte:
Solicita o desbloqueo e o AuthCode do teu dominio
Para iniciar o proceso de traslado desde dinahosting, solicita previamente ao teu provedor actual o desbloqueo e o AuthCode do teu dominio.
Accede a RED.ES e acepta o traslado
Unha vez xerada a solicitude, RED.ES enviarache un correo electrónico para que poidas acceder á súa plataforma e aceptar ou rexeitar o traslado.
Para acceder, a plataforma solicitarache o teu NIC-HANDLE e o teu contrasinal:
- O NIC-HANDLE é o identificador asociado ao contacto administrativo do dominio. Podes consultalo no Whois do dominio, no apartado "Persoa de contacto administrativo", concretamente no campo "Identificador".
- Se non coñeces o contrasinal, tes a opción de recuperalo desde a propia web de RED.ES indicando o teu NIC-HANDLE. Recibirás un correo electrónico na conta asociada a ese contacto para establecer un novo contrasinal.
Agora que tes o NIC-HANDLE e o contrasinal, accede o enlace facilitado por RED.ES e continúa coa aceptación do traslado.
E listo!
Cando aceptes o traslado, o cambio realizaráse nun plazo aproximado de 24 horas. Durante todo o proceso, o teu dominio seguirá funcionando con normalidade e non afectará a tua web nin os teus servizos asociados.
-
Como podo comprobar o traslado do meu dominio?
-
Para comprobar o estado do traslado do teu dominio accede ao teu Panel de Control, á sección Traslados en proceso. Clicando en Traslados poderás revisar en que punto se atopa. Se está en proceso, só terás que agardar ao paso seguinte ou a que finalice, pero se está rexeitado, deberás revisar as razóns antes de lanzar de novo a petición. Neste post explicámosche en detalle o que tes que facer.
-
É necesario cambiar o titular ou as DNS do dominio no traslado?
-
Non é necesario que modifiques o titular nin as DNS durante o traslado. Co traslado só cambias de provedor, o titular seguirá sendo o mesmo e as DNS tamén.
-
Que pasa se o dominio que quero trasladar está ocupado ou caducado?
-
Se o dominio que queres está ocupado recomendámosche que busques algunha extensión alternativa, temos máis de 400 TLD para escoller!
Se non as únicas vías para obter un dominio ocupado son poñerte en contacto co titular para adquirilo ou, no caso de que se estean vulnerando os teus dereitos de marca, emprender accións legais.
Por outro lado, só se poden realizar traslados de dominios en activo, se o dominio está caducado non será posible transferilo.
-
O dominio seguirá funcionando durante o traslado?
-
Durante o proceso de traslado o teu dominio seguirá funcionando ininterrompidamente.
Se estaba funcionando antes de lanzar o traslado seguirá funcionando durante o proceso, xa que non é posible realizar ningún cambio mentres se produce a transferencia de dominio.
-
Podo trasladar o dominio e contratar un hosting ao mesmo tempo?
-
Claro! Con cada dominio que traslades a dinahosting levas 3 meses gratis do hosting que escollas, podendo contratalo por ese período ou por máis tempo.