Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Consulta la información de un dominio

Obten los datos de registro de un dominio en nuestro buscador

Consulta la información de un dominio
Ao clicar en Consultar, autorizas que a información enviada sexa procesada de conformidade coa Política de Privacidade, e aceptas cumprir cos Termos de Uso do Servizo RDAP

Se tes dúbidas sobre o teu dominio, escoitámoste!

O teu dominio en boas mans co mellor equipo de Soporte dispoñible para ti 24x7.

María Barbeito

Área Comercial

«Na dinahosting, polo prezo dun café ao mes, levas o teu dominio con todas as garantías».

FAQ

Toda a información que necesitas para saber sobre Whois e RDAP.

Que é o RDAP?

O Protocolo de Acceso a Datos de Rexistro (RDAP) é unha versión actualizada do popular servizo de Whois. Creouse no ano 2015 co obxectivo de solventar algunhas das carencias que presentaba Whois e de mellorar o seu servizo de consulta.

Te lo contamos aquí con más detalles.

Cando rexistras un dominio, os datos de rexistro pasan a formar parte dunha base de datos pública chamada Whois. Nela almacénase información relativa á extensión: quen é o seu titular, a data de rexistro e caducidade do dominio, os servidores de DNS asociados, etc.

Ao igual que Whois, a súa función fundamental é proporcionar información vinculada cos datos de rexistro de dominios: titular, data de rexistro e caducidade, servidores de DNS asociados, etc. Como usuarios pode interesarnos acceder a esta información se queremos contactar co administrador do dominio para negociar con el a súa compra, para informalo de posibles problemas técnicos que detectásemos, ou porque queiramos denunciar algún tipo de conducta irregular vinculada co seu dominio.

Ademais, o protocolo RDAP tamén proporciona información sobre direccións IP ou Sistemas Autónomos (ASN).

Para consultar os datos de rexistro dun dominio tan só tes que introducir o dominio que queiras no buscador que che proporcionamos e facer clic en Consultar.

A información que che mostramos dependerá da extensión do dominio e do servizo de rexistro dispoñible para ela.

RDAP é a versión mellorada da ferramenta Whois. O seu obxectivo é presentar a información de cada consulta dunha maneira máis estruturada e segura, e por suposto cumprindo co novo Reglamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Mentres que Whois devolve a información en texto plano e sen formato de codificación, RDAP faino en formato JSON e preséntaa en forma de táboa. Ademais, as consultas feitas mediante o protocolo RDAP realízanse a través de conexión segura ou HTTPS.

Aquí tes as principais diferenzas entre Whois e RDAP.

Na maioría das extensións, coma .COM ou .NET, poderás actualizar a túa información nun momento desde o apartado de Dominios do teu Panel de Control de dinahosting. Outros dominios, coma o .ES, implican algúns requisitos. Chámanos ou escríbenos e indicámosche os pasos a seguir.

Aquí tes máis información sobre os cambios de contacto nun dominio.

Coa entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), o Registry do dominio .ES aplicou actualizacións na súa política de Whois, de forma que nin o email de contacto, teléfono ou dirección postal, entre outros datos, constan actualmente no Whois.