Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

VPS Lite

  • Servidores Virtuais Non Administrados Linux
  • Para contornas de probas, pre-produción ou cargas de traballo lixeiras
vps-lite.cta__h1
  • VPS Lite I

    • 1 vCPU Procesador
    • 1 GB RAM garantizada
    • 20 GB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • VPS Lite II

    • 2 vCPU Procesador
    • 2 GB RAM garantizada
    • 40 GB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • VPS Lite III

    • 4 vCPU Procesador
    • 4 GB RAM garantizada
    • 60 GB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días

O teu VPS con acceso root a un prezo competitivo

Cos VPS Lite desfrutas do teu propio servidor virtual Non Administrado Linux, a un prezo máis económico e cos recursos suficientes para contornas de pre-produción e test ou cargas de traballo lixeiras.
Como son modelos administrados por ti, tes acceso completo á xestión do teu servidor virtual e podes configuralo con total liberdade.

O teu VPS con acceso root a un prezo competitivo

Vantaxes do teu VPS Lite Non Administrado Linux

En dinahosting contas cun Panel de Control a medida dende o que podes xestionar o teu VPS Lite. Podes contactar gratis co noso equipo de Soporte Técnico e botámosche unha man co que necesites.

Acceso root

Como administrador con permisos de root, podes apagar, reiniciar ou reinstalar o teu VPS en calquera momento.

Backups por NFS

Executa backups con toda facilidade. Proporcionámosche scripts de exemplo para o teu servidor virtual Non Administrado.

Firewall profesional

Seguridade adicional para o teu VPS. Podes configurar ata 10 regras de firewall sobre as conexións do teu servidor.

Reinicio remoto

Posibilidade de reinicio en bruto do servidor, no caso dunha perda completa de control do VPS.

Rede optimizada

Conectividade de ata 1 Gbps, nunha rede con conexións redundadas a través de 4 operadoras independentes.

Monitorización constante

Establece os servizos e portos que queres monitorizar e recibe alertas por email cos resultados.

Necesitas máis recursos? Pásate a un VPS con NVMe

Se o proxecto que tes entre mans excede os límites dun VPS Lite, podes migrar facilmente a un VPS Non Administrado da gama estándar, con discos NVMe. Os nosos plans son completamente flexibles, polo que che permiten configurar vCPU, memoria RAM e espazo en disco en función das túas necesidades. Unha vez des de alta o teu VPS, tamén podes modificar os seus recursos dende o Panel de Control, con total autonomía e sen necesidade de interrupcións no servizo.

Ver VPS con NVMe
Necesitas máis recursos? Pásate a un VPS con NVMe

FAQ

Os VPS Lite están pensados para perfís técnicos, profesionais da programación e do desenvolvemento, que necesiten un VPS Non Administrado con acceso de root. Estes modelos proporcionan a exclusividade e o rendemento propios dun VPS, a un prezo máis competitivo e sen necesidade de contratar un modelo de altas prestacións.

Nos VPS Lite Non Administrados Linux tes dispoñibles os seguintes sistemas operativos: AlmaLinux, Cent0S, Debian e Ubuntu. No caso de Ubuntu contas con opcións con apps preinstaladas dispoñibles: Jitsi para realizar videochamadas, Pritunl para activar as túas VPN e Nextcloud para gardar e xestionar arquivos.

Non é posible modificar a configuración do teu VPS Lite. Desfruta de máis recursos pasándote a un plan de VPS Lite superior, o noso equipo de Soporte 24/7 asesórate e bótache unha man se o precisas.

Claro! Se chegado o momento o teu VPS Lite xa non cubre as túas necesidades, podes migrar a un VPS con discos NVMe. Os nosos plans son totalmente personalizables en canto a vCPU, memoria RAM e espazo no disco, polo que podes configuralo á túa medida.

Todos os nosos servizos están aloxados en centros de datos en España, para que obteñas unha maior velocidade de resposta. Ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.

Un servidor VPS Administrado é ideal se queres despreocuparte das cuestións técnicas, pois o Equipo Dinahosting encargámonos de administralo por ti en canto a actualizacións de software, copias de seguridade, etc. Un Non Administrado require certos coñecementos de administración, e está pensado para proxectos con necesidades específicas de software, probas de aplicacións en beta, ou simplemente se queres ter un control absoluto do servidor. Aínda que o teu VPS sexa Non Administrado, o noso equipo de Soporte está sempre moi pendente de que a súa conectividade funcione a pleno rendemento.

Aquí explicámosche as diferencias ao detalle.