Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

VPS GPU

  • Procesamento masivo de datos ao teu alcance
  • O teu servidor virtual con GPU 100 % dedicada
VPS GPU
  • VPS GPU I

    Comeza a probar as túas aplicacións avanzadas

    • GPU A2 Dedicada
    • 8 vCPU Procesador
    • 16 GB RAM garantizada
    • 500 GB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • VPS GPU II

    Proxectos que requiren máis capacidade de procesamento

    • GPU A2 Dedicada
    • 16 vCPU Procesador
    • 32 GB RAM garantizada
    • 1 TB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • DEDICADO GPU

    O teu propio servidor para aplicacións de nova xeración

    • GPU A2 Dedicada
    • AMD EPYC 7313P Procesador
    • 64 GB RAM
    • 2 TB Espazo total
    • Transferencia ilimitada
    • Discos SSD
    • Garantía de reembolso: 30 días

Rendemento avanzado ao mellor prezo

Os VPS GPU son a opción perfecta se buscas probar aplicacións con altos requirimentos nunha máquina virtual independente con GPU 100 % dedicada. Así dispós de toda a capacidade de procesamento das GPU para a túa pyme a un baixo custo.

Rendemento avanzado ao mellor prezo

Ata 20 veces máis rendemento

Coas unidades de procesamento GPU podes acelerar ata 20 veces o funcionamento das aplicacións que requiren cálculos intensivos.
Así é como funciona unha GPU fronte a unha CPU no procesado de datos dunha IA:

Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 8 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. CPU 1X GPU 8X
Visión artificial
(EfficientDet-DO)
Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 7 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. CPU 1X GPU 7X
Procesamento da linguaxe natural
(BERT-Large)
Os servidores con procesamento GPU demostraron ser ata 7 veces máis rápidos que os procesadores CPU convencionais. CPU 1X GPU 20X
Texto a voz
(Tacotron2 + Waveglow)
* Datos de Nvidia para unha GPU A2 fronte a unha CPU Xeon Gold.

GPU, procesamento ao máximo

Funcionamento

As GPU contan con miles de núcleos para facer cálculos máis complexos e especializados, a nivel masivo e de maneira acelerada. Diferéncianse das CPU en que realizan moitas máis operacións en paralelo, polo que se poden procesar máis datos ao mesmo tempo. En dinahosting seleccionamos os modelos GPU Nvidia A2 de 16 e 32 GB para os nosos servidores virtuais.

Aplicacións

Os nosos plans de VPS GPU están pensados para o desenvolvemento de aplicacións que necesitan dunha capacidade de procesamento superior: machine learning, intelixencia artificial, cálculos estruturais, análises clínicos e estatísticos, renderizado de modelos 3D... e calquera outra actividade que requira de computación masiva de datos.

Fotografía de Miguel Alayón

Miguel Alayón

Responsable CPD

«Cada vez son máis os proxectos ligados a solucións de intelixencia artificial, machine learning ou cálculo preditivo. É por iso que é indispensable proporcionar ferramentas aos negocios que queren innovar e apostar por tecnoloxías de vangarda. O nosos VPS GPU dan resposta a esta necesidade».

FAQ

Tanto os VPS GPU como os Servidores Dedicados GPU permiten desenvolver aplicacións que requiren cálculos intensivos e unha total dispoñibilidade dos dispositivos GPU.

Os plans de VPS GPU contan con opcións de personalización limitadas en canto a vCPU, RAM e espazo. Con todo, para a súa contratación non é necesario realizar un gran investimento inicial, polo que permiten a un usuario acercar a tecnoloxía GPU ao seu proxecto para poñer a proba o seu rendemento.

En cambio, os Servidores GPU están pensados para desenvolvementos con maiores requirimentos e que precisan dunha maior flexibilidade. O seu prezo, por tanto, tamén é un pouco máis elevado.

As tarxetas GPU dos nosos VPS son dedicadas. É dicir, en calquera dos nosos plans podes desfrutar de forma completamente independente dos recursos totais da tarxeta GPU que incorporan.

Nestes momentos contamos con 2 plans de VPS GPU con diferente número de cores, RAM e espazo. En cada un podes personalizar o seu sistema operativo, o tipo panel de administración, se queres ou non backups, etc.

Se buscas maiores opcións de personalización, recomendámosche que revises a nosa selección de Servidores Dedicados GPU.

Os VPS GPU están pensados para obter un maior rendemento e aceleración no procesado masivo de datos. Esta tecnoloxía utilízase en aplicacións de machine learning, intelixencia artificial, cálculos estruturais e estatísticos, gaming, renderizado 3D, etc.

Se os teus desenvolvementos non son compatibles ou non requiren este nivel de rendemento, recomendámosche que elixas entre algúns dos nosos VPS tradicionais.