Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Casos de éxito

Clientes que confían en nós

Casos de éxito

Walmeric

Con 15 anos de experiencia en Lead to Revenue Management, Walmeric é líder en tecnoloxía e metodoloxía para o tratamento dos leads. Ofrece a posibilidade de unificar lead tracking, lead scoring, atribución e conversión de leads nunha mesma solución, conseguindo deste modo unha visibilidade global. Actualmente conta cunha sólida carteira de clientes, entre os que se atopan empresas do Ibex35, do EuroStoxx50 e FTSE100 de sectores tan diferentes coma a banca, os seguros, a enerxía ou as telecomunicacións.

Como compañía de clara cultura áxil e orientada ao ‘partnership’ co negocio dos nosos clientes, resúltanos imprescindible dispoñer dunha alta dispoñibilidade, seguridade e integridade da información que tratamos. Tamén necesitamos un soporte eficiente no lanzamento dos nosos novos produtos, e unha xestión e control pormenorizados da nosa infraestrutura.

José Antonio Torres

CTO de Walmeric

O desafío

Walmeric leva máis de 8 anos confiando en dinahosting a creación da súa infraestrutura tecnolóxica, utilizando as nosas Solucións Avanzadas e Servidores Non Administrados. Dada a magnitude da súa infraestrutura, necesitaba ademais dunha seguridade adicional cun balanceo redundado que lle permitise descentralizar os seus servizos en diferentes ubicacións, para conseguir así unha alta dispoñibilidade máis severa.

CPD

O resultado

Logo de analizar varios escenarios, en dinahosting conseguimos crear para Walmeric un balanceo redundado da súa infraestrutura no noso segundo Centro de Datos, Global Switch. Este CPD conta nunha fase inicial con seis racks e 15 kilowatios de potencia reservada, con acceso a unha potencia e espazo maiores a medida que medre a demanda. Grazas á dobre conectividade redundada por fibra óptica que configuramos neste proceso, podemos tratar este segundo CPD coma unha extensión do principal, Interxion, pero sen perder a independencia en todos os aspectos.

Dinahosting facilítanos servidores de alta calidade e rendemento, cos compoñentes clave para proporcionar un servizo eficiente e flexible. O soporte e o suministro funcionan de forma rápida e eficiente, con flexibilidade para operacións fóra dos horarios produtivos. Os seus procesos comerciais e de venda permítennos operar en formato colaborativo para proxectos de calado específico. Ademais, as características dos seus CPD garántennos a máxima seguridade na cadea dos nosos provedores cara os nosos clientes.

José Antonio Torres

CTO de Walmeric

Link Mobility

LINK Mobility é o provedor líder en Europa en servizos de comunicacións móbiles (CPaaS, Communication Platform as a service). Está especializado nas canles de mensaxería móbil (SMS, RCS, WhatsApp), servizos dixitais e uso intelixente de datos. Cunha traxectoria de máis de 20 anos e 40.000 clientes, o seu equipo humano está formado por máis de 650 persoas en 28 oficinas de 18 países. A sede está ubicada en Oslo, Noruega. Entre a súa carteira de clientes atópanse firmas internacionais coma DHL, Ikea, ISS, Jysk ou Siemens.

Link Mobility Spain nace da adquisión de varias empresas do sector presentes en España. A estratexia de migración e consolidación de activos e infraestruturas distribuídos en varios centros de datos era un punto crítico na consecución dos obxectivos fixados pola empresa matriz en Noruega. Levamos moitos anos traballando con dinahosting, e dado que sempre foron un partner estratégico que nos axudou a conseguir os nosos obxectivos, optamos por ter nos seus centros de datos practicamente a totalidade das nosas infraestruturas en España.

Ismael Giner

Head of Operations

O desafío

LINK Mobility leva dende 2011 confiando en dinahosting. Cando se propuxeron migrar a totalidade da súa infraestrutura tecnolóxica aos nosos centros de datos puxémonos mans á obra. Grazas ao noso servizo de Solucións Avanzadas, démoslle ao noso cliente conexións externas para a súa rede privada con provedores especiais, Servidores Non Administrados, Cloud Privada con VMWare e Housing, entre outros servizos.

CPD

O resultado

Trala migración da súa infraestrutura a dinahosting, LINK Mobility alcanzou os obxectivos que se marcara: mellora dos marxes, optimización de custos nas comunicacións e infraestruturas e perfeccionamiento dos niveis de seguridade e de servizo ofrecidos aos seus clientes.
Ademais, seguiron apostando polo desenvolvemento de novas solucións desenvolvidas integramente en España, coma a verificación dixital da identidade, que lles permite seguir impulsando a innovación e complementar os servizos ofrecidos pola súa empresa matriz.

Rede Aberta

Rede Aberta é un operador neutro de telecomunicacións, que está a despregar unha rede de fibra óptica ultrarrápida para impulsar a dixitalización do rural galego. Pretenden chegar a máis de 400.000 vivendas para 2025 cun investimento previsto de máis de 121 millóns de euros.
Ademais, Rede Aberta ten un forte compromiso co Medio Ambiente e a sustentabilidade, garantindo en todo momento o cumprimento das mellores prácticas e provocando o menor impacto posible no seu contorno.

A localización en Interxion é fundamental para a conectividade cos operadores locais, que son un pulmón importante para Rede Aberta, e tamén cos operadores nacionais, que teñen presenza en Interxion.
Dado que actualmente Rede Aberta non conta con persoal propio situado en Madrid e Interxion é un punto crítico da rede, necesitamos un control total e de calidade do mesmo. Estar nunha sala de dinahosting permítenos ter mans remotas coma se fosen as nosas propias.
Ademais, dinahosting ofrécenos un servizo de ubicación que se pode adaptar totalmente ás nosas necesidades en cada momento. Esta flexibilidade axústase moi ben a Rede Aberta, xa que somos unha compañía en constante crecemento

Pere Antentas

CEO Rede Aberta

O desafío

Rede Aberta necesitaba aloxar os seus equipos de comunicacións nun Centro de Datos seguro e fiable, e contar co apoio dun equipo técnico de sistemas e redes sempre dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Tamén necesitaban conectividade redundante garantizada e latencias mínimas para unha maior velocidade en todo momento.

CPD

O resultado

Despois de reunirnos con Rede Aberta e ver as súas necesidades, aconsellámoslle o servizo de Housing para crear a súa infraestrutura tecnolóxica nos nosos Centros de Datos en Madrid:

  • Aforraron un 70-85 % de tempo na instalación e no enrackado do seu hardware deixándoo nas nosas mans
  • Aumentaron a seguridade da súa infraestrutura ao contar con intervencións mensuais realizadas polo noso equipo sen necesidade de desprazarse in situ
  • Teñen unha modalidade de pagamento con todo incluído, onde se agrupa a facturación da transferencia, consumos, conectividade externa e mans remotas
  • Dispoñen de 2 Centros de Datos para redundar a súa infraestrutura
  • Aforro de custos significativo, xa que poden ampliar a súa infraestrutura baixo demanda sen ter que sobredimensionala

Inser Robótica

En Inser Robótica adícanse á automatización de procesos nas fases finais das liñas de produción, facilitando os traballos de paletizado, a inspección de calidade, a formación en enchido de caixas, o transporte final con AGVs e un longo etcétera. Grazas aos seus máis de 30 anos de experiencia en deseño e instalación de sistemas automáticos, desenvolveron solucións que axilizan as cadeas de produción de máis de 600 clientes, principalmente do sector alimentario e de bens de consumo.

Comezamos a traballar con dinahosting por recomendación dunha persoa de confianza, migrando a nosa páxina alá polo ano 2013. Dende entón, cambiamos 2 veces de páxina web e creamos dúas máis para as nosas divisións como a de Maquinaria de Packaging Youngsun.es. Tamén migramos 2 veces de servizo de correo, pasando finalmente do entorno de Google ao de Microsoft.
Con cada aventura recibimos un soporte inmellorable en canto á celeridade como á calidade na que foi resolto. Sempre que se nos presenta un novo desafío axúdannos coa preparación de contornas de proba e están atentos a calquera imprevisto.

Antxoka Gómez

CMO Inser Robótica

O desafío

Unha das últimas accións levadas a cabo para mellorar a infraestrutura online de Inser Robótica foi incluír un servizo que permite aos seus distribuidores acceder a un ecommerce interno para previsualizar as unidades en stock, realizar pedidos e rastrexar o estado dos mesmos ata a súa recepción.

CPD

O resultado

Grazas ás recomendacións do noso Equipo técnico logrouse implantar a solución en tempo récord e sen apenas interrupcións no servizo. Dende entón, o sistema de ecommerce interno acolleu unha gran cantidade de consultas e non experimentou ningún problema de dispoñibilidade.

Infova Automoción

Dende 1998, Infova Automoción é unha consultora de formación especializada na planificación, deseño e execución de plans de formación dirixidos a fabricantes, importadores, distribuidores e industria auxiliar do sector da Automoción. Ten presenza en España, Chile, Perú e México.

O seu equipo está composto por especialistas no sector da automoción, co que cobren as necesidades dos clientes nas súas distintas áreas de negocio, dende a formación do produto, habilidades ou procesos organizativos, ata a certificación dos seus profesionais.

Dispoñen dun LMS propio, Campus INFOVA Automoción, que permite establecer e controlar itinerarios formativos online ou presenciais para os Programas de Certificación, tanto individuais como para colectivos; está desplegado en máis de 25 organizacións.

Cando iniciamos o proceso de selección dun provedor de servizos de servidores e compra de dominios, o noso obxectivo era atopar unha solución integral de alta calidade. Consideramos esta elección coma unha decisión estratéxica, xa que era crucial para nós manter os nosos servizos en liña sen interrupcións e coa máxima calidade posible. Buscabamos unha combinación de estabilidade e confiabilidade, e neste sentido, dinahosting destacou coma a proveedora líder.

Ana Ibáñez

Digital Learning Solutions Manager

O desafío

Cando no ano 2000 deseñaron a primeira versión do seu Learning Management System (LMS) específico para o sector automoción e distribución, non podían imaxinar que 24 anos despois o sistema evolucionaría para converterse nun ecosistema de formación modular, con máis de 20 instancias independentes para clientes en todo o mundo e con máis de 16.000 usuarios activos de diferentes marcas, que acceden en calquera momento para asistir a cursos virtuais, que acoden a realizar a xestión loxística de cursos presenciais, a certificarse, a supervisar a actividade das persoas ao seu cargo ou a facer uso dos módulos de xestión premium.

A medida que foron evolucionando, un dos retos tecnolóxicos aos que se enfrontaron foi a necesidade de garantir a estabilidade e a confiabilidade da súa plataforma en liña. Dada a natureza do seu negocio, era crucial contar cun servizo que asegurase un tempo de resposta mínimo e unha dispoñibilidade constante, sen perder de vista a seguridade.

CPD

O resultado

Dende dinahosting proporcionámoslle unha infraestrutura robusta e medidas de protección efectivas. Esta solidez tecnolóxica foi clave para manter as súas operacións en liña sen contratempos e ofrecer unha experiencia de usuario excepcional.

Por outro lado, foi fundamental a capacidade de adaptación e escalabilidade para o seu crecemento. Con cada novo cliente e mercado experimentaron a necesidade de expandir e axustar as súas operacións. O Equipo Dinahosting amosamos ser flexibles, brindándolles solucións que se adaptan perfectamente ás súas cambiantes necesidades tecnolóxicas. Esta capacidade para medrar xuntos foi unha vantaxe estratéxica que respaldou o seu desenvolvemento e expansión continuos, o que xerou un impacto positivo na súa competitividade e os posicionou como líderes no sector da formación especializada en automoción.

E-Server

E-Server Solucións Tecnolóxicas nace coa misión de proporcionar solucións tecnolóxicas integrais adaptadas ás necesidades específicas de cada cliente. Céntranse en entender profundamente cada negocio para poñer en funcionamento a tecnoloxía que máis se axuste ás súas necesidades, buscando sempre mellorar a súa produtividade para así obter un maior e máis rápido retorno da inversión.

Na súa ampla gama de servizos tecnolóxicos inclúense: a Consultaría IT, onde avalían e deseñan estratexias para optimizar os recursos dos seus clientes; Soporte e mantemento, para proporcionar un apoio continuo e garantir o funcionamento óptimo de todos os seus sistemas, ademais de outras solucións de seguridade e marketing.

O seu enfoque de proximidade se reflicte en cada etapa do proceso, dende a consultaría inicial ata o soporte continuo. En particular, o seu servizo de Outsourcing Comunicativo permítelles aos seus clientes delegar completamente a xestión da súa comunicación tecnolóxica. Isto lles facilita concentrarse no seu core business, mentres E-Server se encarga de que todo funcione á perfección.

A clave do noso éxito radica na combinación dun profundo coñecemento técnico e un enfoque personalizado. Cada membro do noso equipo está altamente cualificado e comprometido con ofrecer solucións que realmente fagan a diferenza para os nosos clientes.

Juan Vicente Sánchez Valverde

Fundador e CEO de E-Server Solucións Tecnolóxicas

O desafío

E-Server tivo un gran crecemento na súa carteira de negocio que fixo necesario un reenfoque da súa estratexia comercial. Isto provocou que quixeran comezar a distinguirse por calidade e non por cantidade.

Nos seus proxectos tecnolóxicos e de desenvolvemento web, empezaron a ofrecer aos seus clientes un servizo diferente e completamente personalizado, que se destacaba por non ter competencia de calidade.

Nesta contorna, xurdiu a necesidade dunha provedora que garantise o mellor rendemento e contase con prezos competitivos que lles permitise escalar as súas tarifas para redirixir a súa estratexia e seguir medrando.

CPD

O resultado

Tras facer unha consultaría, en dinahosting cumplimos con todos os requisitos que inicialmente requiría E-Server e nos depositaron a súa confianza. Trasladaron todos os proxectos aloxados noutros provedores e empezaron a funcionar baixo os nosos servidores. De iso xa fai máis de 15 anos. Hoxe en día, o 98 % dos clientes de E-Server teñen os seus proxectos aloxados en dinahosting.

Para E-Server, as grandes vantaxes de traballar con dinahosting e as que fan que siga de despois de tantos anos son, principalmente: soporte técnico excepcional, hostings de calidade e servidores ubicados en España.

Servizos profesionais á túa medida

Topoloxías de rede redundadas

Axudámoste a engadir os elementos necesarios para conseguir unha rede de alta dispoñibilidade na túa infraestrutura.

Modelos mixtos Hosting-Housing

Facilitámosche os servidores e as instalacións para gardalos. Esquéceste do espazo e dos requirimentos técnicos.

Consultaría e asesoramento

O noso equipo de expertos axúdache a solucionar os retos que poidan xurdir no desenvolvemento do teu proxecto.

Venda directa de hardware

Confiamos nas mellores marcas e esiximos a máis alta calidade para o noso hardware, e para o teu!

Melloras de conectividade

Engadimos ao teu proxecto as comunicacións ou carries alternativos que necesites (satélites, fibra, peering, outros CPS, etc.).

Ciberseguridade

Ofrecémosche solucións de seguridade tanto propias como de terceiros para manter os teus servidores libres de ameazas.