Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Licenzas de Microsoft

Paquetes de ferramentas para empresas
Escalabilidade e seguridade garantidas

Configurar
Licencias de Microsoft

Aplicacións profesionais de Microsoft

Proporcionámosche unha ampla gama de licenzas de Microsoft para o teu negocio. Dende o coñecido conxunto de aplicacións de ofimática 365, que inclúe ferramentas como Word, Excel e Power Point, ata SQL Server e Windows Server.

Ampla gama de licenzas

As licenzas de Microsoft ofrécenche acceso ao software orixinal permitindo o uso empresarial de produtos como Office, SQL Server e outras ferramentas de negocio nos teus dispositivos.

Actualizacións constantes

Con Microsoft desfrutas de actualizacións constantes e seguridade avanzada. Os seus sistemas están amplamente protexidos ante ameazas e asegúranche un rendemento óptimo en todo momento.

Crecemento sostible

As licenzas están pensadas para permitir a escalabilidade, adaptándose ás necesidades específicas de cada empresa e facilitando o seu crecemento con solucións que suman recursos progresivamente.

Compatibilidade e fiabilidade

O softawre que che proporcionamos é totalmente compatible con outras aplicacións e servizos de Microsoft, o que mellora a estabilidade nos contornos de traballo e limita as interrupcións.

As túas licenzas nun único lugar

Xestiona a compra das túas licenzas dende a web ou o Panel de dinahosting, resultarache moito máis cómodo e aforrarás uns cantos pasos. Ademais, se necesitas información adicional ou tes algunha dúbida durante a súa contratación e activación no panel de Microsoft, estamos dispoñibles 24/7 para botarche unha man. Falamos o teu idioma e non utilizamos contestadores automáticos.

Consultar con Soporte
As túas licenzas nun único lugar

FAQ

Cada un dos servizos de Microsoft que contrates pode usarse por un único usuario, ao que correspondería unha licenza. Polo tanto, no configurador de contratación necesitarás engadir tantas licenzas como usuarios necesites no teu negocio.

Aínda que cada licenza pode usarse en máis dun dispositivo, dispón de un único usuario e contrasinal.

Un tenant é un espazo persoal dentro da nube de Microsoft, é dicir, unha instancia dedicada exclusivamente á túa organización dentro da súa infraestrutura, dende a que poderás xestionar todos os teus servizos e configurar os permisos de acceso e os axustes de configuración que necesites.

O tenant está asociado á túa subscrición en Microsoft, e permíteche levar a cabo accións como: asignar, renovar ou cancelar licenzas de usuarios, restablecer os seus contrasinais, cambiar configuracións de seguridade, etc.

Se xa contas coa te propio tenant, pode indicárnolo durante a configuración da licenza. Do contrario, proporcionarémoscho ao completar a contratación.

Ao igual que con calquera outro servizo que teñas en dinahosting, diríxete ao teu Panel de Control, ao apartado de Facturación > Renovar servizos. Aí podes seleccionar que licenzas che interesa ou non renovar, ou configurar a súa autorrenovación se queres despreocuparte da súa data de caducidade.

Poderás desfrutar do Soporte 24/7 de dinahosting ante calquera cuestión relacionada coa contratación da licencia, e a súa provisión e activación no panel de Microsoft. Non proporcionamos soporte no que se refire ao uso do software.