Os certificados dixitais garanten que a información que viaxa entre a túa web e os teus visitantes estea sempre encriptada e protexida contra roubos de datos.
Ofrecémosche tanto certificados gratuítos Let's Encrypt xa instalados coma os do selo de confianza a nivel mundial GlobalSign. Escolle o teu!
Recoñécese porque utiliza https://, cadeado ou unha barra verde. O navegador solicita ao servidor unha copia antes de iniciar a conexión.
Se tes a túa páxina en DH instalámosche o certificado sen custo adicional e se o necesitas, valoramos a creación dunha IP dedicada.
Un cifrado SHA-256 e chaves RSA de 2048 bits encriptan e protexen as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos.
Un certificado resultarache imprescindíbel se manexas datos bancarios: números de conta, tarxetas de crédito...
Aunque te recomendamos que uses certificados GlobalSign, si ya tienes uno, lo instalamos rápidamente por ti. Contacta con Soporte.
Cifra as comunicacións para que as túas visitas gocen dunha contorna segura: para realizaren as súas compras, para usar datos persoais, para navegar nunha intranet... Fai que a túa web transmita confianza.
«Un certificado SSL é unha peza fundamental na seguranza da túa web. Protexe as transaccións e datos dos teus clientes dunha forma rápida e sinxela».
SSL (Secure Socket Layer) é un protocolo de seguridade que verifica a identidade dun sitio web e cifra as comunicacións para que a información viaxe de forma segura e confidencial. Isto evita que un terceiro poida obter os datos persoais ou bancarios dos usuarios dunha web ou ecommerce no caso de que se intercepte a comunicación entre o cliente e o servidor.
Ademais de acreditar e dar confianza aos teus clientes, Google favorece cun mellor posicionamento ás páxinas cun SSL. Tal e como sinalou hai tempo, o seu algoritmo premiará ás webs que utilicen unha conexión segura.
Os certificados de pagamento non só cifran o intercambio de información entre as túas visitas e a túa web, senón que garanten que superaches uns requisitos de validación que proban os teus dereitos de uso do dominio e mesmo acreditan a existencia e a identidade da túa empresa. Ademais, dan a opción de engadir un selo de confianza na páxina para maior seguridade, e ofrecen indemnizacións económicas en caso de incidencia co cifrado.
GlobalSign é o noso principal partner en cuestión de certificación. Recomendámoscho pola súa calidade e a súa compatibilidade con case o 100 % dos navegadores.
Non. O cifrado dun certificado SSL actúa sobre os intercambios de datos que se realizan na túa web, pero non sobre a web en si mesma. Troianos, shells, contidos para phishing... son algunhas das ameazas máis comúns, e nada teñen que ver con se a túa web está ou non protexida mediante un certificado SSL.
TLS é unha versión actualizada e máis segura do protocolo SSL. Aínda que o termo máis popular cando falamos de certificados de seguridade segue sendo SSL por ser o predecesor, en dinahosting usamos o protocolo TLS en todos os nosos servidores.
Os certificados SSL non só verifican que o teu sitio web é de confianza para os visitantes, senón que favorecen o seu posicionamento orgánico. A día de hoxe, son un factor máis a ter en conta á hora de organizar os resultados de busca de Google, que mellora a posición daquelas webs que utilicen unha conexión segura mediante HTTPS.
Se xa tes instalado un certificado SSL no teu hosting, recomendámosche forzar a navegación segura por https directamente dende a túa aplicación web. No caso de que a túa aplicación non dispoña desta opción, pódelo facer dende o teu Panel de Control.
Ampliar o teu certificado implicaría dar de baixa o actual e a contratación dun novo. Por iso, convén que te tomes o teu tempo para facer unha boa escolla. Podes chamarnos gratis ao 900 854 000 se tes algunha dúbida.