Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Compra un hosting rápido e seguro

Compra un hosting rápido e seguro

  • Prográmao como queiras: PHP, ASP, Python...
  • Con discos NVMe: 6 veces máis rápidos que os SSD
  • Contrata o plan Avanzado e aforra o 75 %
  • -60 %

    Correo

    Correo profesional co teu propio dominio

    • 50 GB  Espazo en disco
    • Transferencia ilimitada
    • 10 Contas de correo e chat
    • Discos NVMe, máxima velocidade!
    • Antispam e Antivirus en tempo real
    • Webmail con Groupware
    • Espazo de correo: limitado ao total do plan
    • Copias de seguridade gratis
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • -50 %

    Básico

    Hosting económico e sinxelo

    • 50 GB  Espazo en disco
    • Transferencia ilimitada
    • 20 Contas de correo e chat
    • Discos NVMe, máxima velocidade!
    • Próbao gratis e paga ao publicar a túa web!
    • Antispam e Antivirus en tempo real
    • WordPress, PrestaShop, etc. a escoller
    • Webmail con Groupware
    • Espazo de correo: limitado ao total do plan
    • Copias de seguridade gratis
    • Certificado SSL gratis xa preinstalado
    • Base de datos de 1 GB
    • Sitios adicionais ilimitados, sen correo
    • HTTP/2
    • Dispoñible Windows Server con ASP
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • -75 %

    O máis vendido

    Avanzado

    O hosting para webs profesionais

    • 100 GB  Espazo en disco
    • Transferencia ilimitada
    • Contas de correo e chat ilimitadas
    • Discos NVMe, máxima velocidade!
    • Próbao gratis e paga ao publicar a túa web!
    • Antispam e Antivirus en tempo real
    • WordPress, PrestaShop, etc ilimitados
    • Webmail con Groupware
    • Espazo de correo: limitado ao total do plan
    • Copias de seguridade gratis
    • Certificado SSL gratis xa preinstalado
    • Bases de datos ilimitadas
    • Sitios adicionais ilimitados, sen correo
    • HTTP/2 e Varnish Caché
    • Múltiples linguaxes: Node.js, Ruby, Python…
    • Dispoñible Windows Server con SQL Server, ASP e .NET
    • FTP e SSH (+Git)
    • Garantía de reembolso: 30 días
  • -50 %

    Multihosting

    5 hostings con paneis independentes

    • 100 GB  Espazo en disco
    • Transferencia ilimitada
    • Contas de correo e chat ilimitadas
    • Discos NVMe, máxima velocidade!
    • Próbao gratis 15 días
    • Antispam e Antivirus en tempo real
    • WordPress, PrestaShop, etc ilimitados
    • Webmail con Groupware
    • Espazo de correo: limitado ao total do plan
    • Copias de seguridade gratis
    • Certificado SSL gratis xa preinstalado
    • Bases de datos ilimitadas
    • 5 sitios con correo e ilimitados sen correo
    • HTTP/2 e Varnish Caché
    • Múltiples linguaxes: Node.js, Ruby, Python…
    • Dispoñible Windows Server con SQL Server, ASP e .NET
    • FTP e SSH (+Git)
    • Garantía de reembolso: 30 días

O teu hosting inclúe gratis

Cada plan de aloxamento que contratas na dinahosting inclúe as ferramentas necesarias para asegurares a fiabilidade e o rendemento da túa web.

Panel Dinahosting

Esquece as curvas de aprendizaxe! Traballarás cunha app única, completa e deseñada pensando en ti.

Escalabilidade garantida

Engade recursos cando tes picos de carga, migrar a un plan superior, ti decides. O teu hosting evoluciona contigo.

Hosting seguro con SSL gratis

Let's Encrypt gratis xa preinstalado! Para transmitir aínda máis confianza tes dispoñibles os certificados GlobalSign.

Backups Selfservice incluído

O teu hosting máis seguro. Restaura os teus ficheiros, cartafois, bases de datos ou contas de correo dende o teu Panel de Control!

Aplicacións autoinstalables

Decenas de aplicacións para instalar cun clic: WordPress, Joomla!, Drupal, PrestaShop e moitas máis.

O teu correo e chat con webmail

Xestiona o teu correo dende calquera lugar co noso Webmail de deseño propio ou, se o prefires, elixe Roundcube. Próbaos!

Varnish Caché

A túa web a toda velocidade! Reduce o seu tempo de carga e mellora a experiencia de usuario. Próbao en WordPress.

Hosting máis rápido con NVMe

Os nosos servidores contan con discos SSD NVMe. Gañas en velocidade de transferencia e en fiabilidade para o teu hosting.

Dispoñible PHP 8.3

Xa nas nosas solucións administradas Linux e Windows. Máis rendemento e seguridade. Notarás o cambio!

Hosting en probas nun contorno real

Co noso hosting en probas poderás testear todas as funcionalidades do teu plan de aloxamento totalmente gratis. Fai probas nun contorno real durante o tempo que necesites, ata que consideres que a túa web está perfecta para ser visible ou para ensinarlla ao teu cliente. Non pagarás nada ata que a web sexa pública.

Interésame

Ferramentas gratuítas de seguridade para a túa web e correo

Aproveita todos os recursos que tes no Panel de Control e no Webmail para securizar o teu proxecto web e o teu servizo de correo.

Seguridade web

  • Activa a Autenticación en 2 pasos no acceso ao teu Panel
  • accesos independentes ou secundarios a terceiros
  • Configura permisos de acceso ás túas bases de datos
  • Crea restricións de entrada por continente, país ou IP ao Panel ou a determinados cartafoles dentro do teu hosting
  • Protéxete do Hotlinking mediante o bloqueo de accesos
  • Escanea o teu hosting co detector de malware e comproba que está libre de virus

Seguridade correo

  • Activa a Autenticación en 2 pasos no Webmail
  • Define filtros e regras para eliminar o spam antes de que chegue ao teu buzón de correo
  • Goza de TLS para cifrar as túas comunicacións por correo
  • Usa DKIM para autentificar e asinar os teus emails electronicamente mediante claves
  • Crea rexistros SPF para evitar suplantacións de identidade a través do correo electrónico
  • Crea restricións de acceso a contas de correo por IP

O teu Hosting aloxado en España

Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO. Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.

Quero saber máis
O teu Hosting aloxado en España

Windows ou Linux?

Linux

Linux

Se vas montar unha web ou traballar con aplicacións que utilicen a linguaxe PHP e bases de datos MySQL, como é o caso de WordPress ou PrestaShop, Linux é a túa mellor opción. A maioría de webs de Internet están montadas sobre un Hosting Linux.

Windows

Windows

Escolle Windows só se vas executar aplicacións creadas coas linguaxes e os patróns de Microsoft: código ASP.NET e bases de datos SQL Server, ou similares. Por iso, a porcentaxe de proxectos online que utilizan Windows é moito máis baixa.

O mellor hosting para tenda online

Temos plans de Hosting WordPress con WooCommerce e de Hosting PrestaShop para que poidas configurar a túa tenda facilmente e con todas as prestacións. Calidade dinahosting para o teu comercio electrónico.

tienda
Fotografía de Gustavo González

Gustavo González

Departamento de Desenvolvemento

«Os nosos hostings están feitos para que crezan contigo e desenvolvemos continuamente novas ferramentas para multiplicar as túas posibilidades».

Ven á dinahosting!

A túa web está noutra provedora? Trae o teu hosting a dinahosting e goza de todas as nosas vantaxes: aloxado en España, con discos NVMe ultrarrápidos, a máxima seguridade e rendemento... e 30 días de reembolso para maior garantía. Coa nosa ferramenta de portabilidade a migración é moi fácil, pero se o prefires, o noso equipo de Soporte encárgase de todo completamente gratis.

Interésame

Máis para o teu hosting

  • Asesoría técnica

    O noso equipo de soporte especializado mantén o teu hosting completamente optimizado e libre de malware.

    Quero máis detalles
  • Faite Reseller

    Iníciate na reventa de dominios e hosting e accede a grandes descontos. Ideal para profesionais web.

    Interésame
  • SMS: fideliza aos teus clientes

    Escolle entre os nosos paquetes de SMS ao mellor prezo. Envía ou programa as túas campañas de marketing dende o Panel.

    Interésame
  • Asesoría legal

    Confía na nosa experiencia para resolver os teus asuntos de transcendencia legal relacionados con Internet.

    Quero máis detalles

FAQ

Vires para a dinahosting é moi fácil coas ferramentas de portabilidade que desenvolvemos para ti. Vas movendo os teus ficheiros, BBDD e correo, e en menos do que esperas a túa web estará funcionando nun hosting de calidade.

Paso 1: activa o hosting que vas usar

Escolle un hosting que se adecúe ás necesidades da túa web: se require ou non programación ou que versión de MySQL ou PHP necesitas. Recorda que podes solicitar unha proba gratuíta e ampliala o tempo que necesites. Paga cando a túa web estea lista

Paso 2: reúne todos os datos

Ten a man os datos de acceso por FTP, de bases de datos e do acceso por POP3 ou IMAP ao teu correo. Se non os tes, deberás pedirllos á túa empresa de hosting anterior.

Paso 3: inicia a portabilidade

Entra no Panel de Control da dinahosting e solicita a portabilidade servizo a servizo cos datos de acceso. Se te atrancas, non te preocupes! Avísanos porque che podemos botar unha man.

Paso 4: momento de comprobar

Unha vez que os procesos finalicen, só che resta verificar que todo funciona correctamente. Se se trata dunha páxina dinámica é probábel que teñas que revisar os ficheiros de configuración.

Se queres montar unha web sinxela ou estática opta por un Hosting Básico. Para desenvolvementos máis profesionais e que precisan un maior rendemento, faite con un plan Avanzado. Bótalle un ollo ás nosas ofertas en Hosting WordPress si queres sumar funcionalidades e que sexa máis fácil a creación da túa páxina.

Por outro lado, se necesitas aloxar varios sitios web recomendámosche un Multihosting.

Para máis potencia, flexibilidade e escalabilidade contrata un dos nosos servidores. Agora tamén dispoñemos de opcións para computación con GPU!

Proba o teu hosting durante 15 días nunha contorna de probas real e sen necesidade de dar os teus datos de pago.

No caso de que necesites seguir probándoo ou se a túa web non está lista, podes ampliar a proba de 30 en 30 días ata a súa publicación. Monta a túa web nunha contorna real e paga só cando a termines.

Todos os servizos administrados contan cunha ferramenta para recuperar backups. Restaura un ficheiro, cartafol, BBDD ou email ao estado que tiña en calquera punto dos últimos 30 días. Faino desde o teu Panel de Control: fácil e seguro!

Configurar unha conta de correo é sinxelo. Nestas guías explicámosche, paso a paso, como configurar as túas contas nos principais xestores: Outlook, iOS, Android, Gmail, etc.
Coa ferramenta para migrar o teu servidor do teu Panel de Control poderás realizar as seguintes accións sobre o teu hosting:
  • Cambiar a configuración do teu hosting.
  • Cambiar de Plan de Hosting.
  • Mover o teu hosting para (ou desde) un Multihosting, VPS, Dedicado ou Cloud Hosting.

Podes elixir a data e hora en que se efectuará o cambio e a conta de correo á que se enviará a notificación unha vez finalice o proceso. Por defecto iníciase no momento no que pulsas «migración de servidor!»

Explicámosche como funciona a migración de servidor.

Ofrecémosche, totalmente gratis, un aviso legal tipo para incluír na túa páxina e cumprir así cos requisitos básicos que establece a LSSICE. Ademais, temos á túa disposición documentos adaptados ás características da túa web e un servizo de asesoramento xurídico especializado en Internet. Visita A túa Web Legal para ampliar a información.

Se deches de alta calquera dos nosos plans de Hosting dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.

Temos plans específicos de WordPress con WooCommerce e PrestaShop cos que podes crear facilmente a túa tenda online en minutos. Ademais, poñémoscho fácil cos nosos titoriais de axuda.

En dinahosting sempre priorizamos o rendemento da túa web para que en ningún caso se vexa afectada, incluso cando os recursos do hosting compartido superan os límites establecidos.

Internamente o noso equipo encárgase de balancear as cargas dos servidores para que os excesos de consumo non inflúan nas diferentes webs que comparten aloxamento.

No caso de que excedas co teu hosting os recursos que teñas asignados, notificaráseche por correo para que poidas revisalo ou migrar a un plan superior. Aquí contámosche máis.

Os nosos partners

Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.