Rendemento superior, seguridade garantida e ferramentas que che axudan no teu día a día para crecre co teu negocio.
Os NVMe conseguen velocidades de lectura/escritura ata 6X máis rápidas que os discos SSD tradicionais.
Sistema de caché preconfigurado que serve a túa web a toda velocidade reducindo os tempos de carga do servidor.
WordPress preconfigurado con SEO, rendemento e seguridade listos dende o minuto 1. Sen tempo perdido nin axustes iniciais.
Xera unha web completa dende unha descrición do teu proxecto. Sen coñecementos técnicos nin complicacións.
Certificado HTTPS preinstalado. Protexe as túas visitas e marca o teu sitio como seguro sen custe adicional.
Copia de seguridade de ficheiros, bases de datos e correo xerada cada día. Recuperación dende o Panel nun clic.
Servidores en España para velocidade superior e mellor posicionamento SEO. CDN global dispoñible como ampliación.
Acceso ao servidor para desenvolvedores ou usuarios avanzados. Conexión segura por SSH e FTP clásico
Reportes diarios de ficheiros modificados ou infectados e auditorías mensuais para detectar calquera vulnerabilidade.
Coidamos da contorna e reducimos o impacto ambiental utilizando enerxías 100 % renovables no noso CPD e instalacións.
Chat, teléfono gratuíto e correo. O noso equipo técnico axúdache ao instante no que necesites, sen esperas.
Administra o teu WordPress completo dende a liña de comandos vía SSH. Ideal para actualizacións masivas e automatizacións.
Configura a túa proba gratuíta de Hosting APP, próbao ao completo durante 30 días ampliables sen pagar nada e activa o teu hosting cando queiras publicar as túas webs.
Preconfiguramos o teu WordPress para que arranques con todo a punto dende o primeiro momento aforrándoche os axustes iniciais.
Describe o teu proxecto para que o noso creador con Intelixencia Artificial xere unha web completa e personalizada. Non require coñecementos técnicos, é moi fácil!
Con todas as garantías
Necesitas máis? Coñece todos os nosos plans de Hosting para WordPress.
Ver plans
«WordPress é o CMS máis popular a nivel mundial, polo que é a nosa responsabilidade que sexa unha ferramenta fiable, segura e o máis usable posible».
Si. Podes activar o plan en modo de proba, configurar o teu WordPress ao teu gusto e publicalo cando esteas listo. Só se che cobrará no momento en que decidas publicar a túa web.
Cando das de alta un Hosting para WordPress en dinahosting tes a opción de elixir entre a versión Optimizada, WordPress + IA e WordPress estándar.
A opción de WordPress + IA encaixarache se non tes coñecementos técnicos e queres crear a túa páxina rapidamente. Incorpora un creador de sitios con Intelixencia Artificial que xera unha web completa a partir dunha definición básica do teu proxecto.
Necesitarás o WordPress Optimizado se tes un perfil técnico medio ou baixo e queres aforrar todo o tempo posible nas configuración iniciais do teu proxecto. O noso instalador incorpora algunhas mellora no rendemento e seguridade que che van vir moi ben: sistemas antispam, Varnish Caché, optimizador de imaxes e arquivos para o SEO, etc. Bota unha ollada!
Pola contra, se che interesa establecer toda a configuración do teu WordPress pola túa conta quédate coa opción estándar, a que trae o propio WordPress por defecto. Está pensada para perfís con coñecementos no terreo do deseño e a programación que queiran customizar a súa aplicación ao 100 %.
Varnish é un sistema de caché que funciona ensinándolle ao visitante unha copia dos contidos da túa web. Deste xeito redúcese o número de peticións ao servidor e o tempo de carga das páxinas.
Se o teu WordPress recibe niveles altos de tráfico, Varnish é o acelerador que necesitas para aumentar o rendemento do teu WordPress. Comeza a aproveitalo.
Se deches de alta o teu plan Hosting APP para WordPress, dispós de 30 días de garantía para cancelar a contratación do servizo, ao igual que acontece co resto de plans de hosting. Reembolsámosche o importe en saldo que poderás trocar por outros produtos de dinahosting ou ben, devolvémosche o diñeiro directamente no método de pagamento que usaches para realizar a compra.
Podes escalar ao noso Hosting PRO para WordPress (100 GB de espazo, transferencia ilimitada, contas de correo e chat ilimitadas e contorna de staging) ou a un VPS para WordPress (servidor para hasta 50 webs o más, 70 GB de espacio, contas de correo e chat ilimitadas) cando o teu proxecto o necesite. O proceso é sinxelo e o noso equipo axudaráche cando o precises.
Si. Grazas ás ferramentas de portabilidade que desenvolvemos en dinahosting, o proceso é moi sinxelo. Porén, se o prefires, contáctanos e encargámonos nós mesmos de toda a migración da túa web, e gratis.