-
50 GBEspazo NVMe
-
∞Transferencia
-
20Contas de correo
-
PHP 8.5Versión PHP
-
24/7Soporte técnico
-
30 díasGarantía
Todo o que necesitas para túa web en WordPress
Rendemento superior, seguridade garantida e ferramentas que che axudan no teu día a día para crecre co teu negocio.
Discos NVMe de alta velocidade
Os NVMe conseguen velocidades de lectura/escritura ata 6X máis rápidas que os discos SSD tradicionais.
Varnish Caché incluído
Sistema de caché preconfigurado que serve a túa web a toda velocidade reducindo os tempos de carga do servidor.
Autoinstalador Optimizado
WordPress preconfigurado con SEO, rendemento e seguridade listos dende o minuto 1. Sen tempo perdido nin axustes iniciais.
Creador web con IA
Xera unha web completa dende unha descrición do teu proxecto. Sen coñecementos técnicos nin complicacións.
SSL Let's Encrypt gratis
Certificado HTTPS preinstalado. Protexe as túas visitas e marca o teu sitio como seguro sen custe adicional.
Backups automáticos diarios
Copia de seguridade de ficheiros, bases de datos e correo xerada cada día. Recuperación dende o Panel nun clic.
IP española + CDN dispoñible
Servidores en España para velocidade superior e mellor posicionamento SEO. CDN global dispoñible como ampliación.
Desenvolvementos áxiles
Acceso ao servidor para desenvolvedores ou usuarios avanzados. Conexión segura por SSH e FTP clásico
Reportes de Seguridade
Reportes diarios de ficheiros modificados ou infectados e auditorías mensuais para detectar calquera vulnerabilidade.
Green Hosting
Coidamos da contorna e reducimos o impacto ambiental utilizando enerxías 100 % renovables no noso CPD e instalacións.
Soporte 24/7 no teu idioma
Chat, teléfono gratuíto e correo. O noso equipo técnico axúdache ao instante no que necesites, sen esperas.
WP-CLI incluído
Administra o teu WordPress completo dende a liña de comandos vía SSH. Ideal para actualizacións masivas e automatizacións.
Proba o teu hosting a fondo. Paga só ao publicar a túa web
Configura a túa proba gratuíta de Hosting App, próbao ao completo durante 30 días ampliables sen pagar nada e activa o teu hosting cando queiras publicar a túa web.
Aforra tempo con WordPress Optimizado
Preconfiguramos o teu WordPress para que arranques con todo a punto dende o primeiro momento aforrándoche os axustes iniciais.
-
SEO
- Optimizador de imaxes listo para usar
- Varnih Caché e purgado automático<
- Sen plugins innecesarios que retarden a túa web
- Ferramentas de creación de bloques e RRSS
-
Rendemento
- Minificación de CSS e JS activada
- Caché de navegador preconfigurada
- Revisións por entrada limitadas a 3
- Frecuencia de cron controlada
-
Seguranza
- Securización completa do teu WordPress
- Headers de seguridade extra configuradores
- Sistema Antispam incluído
- Actualización automática de plugins e temas
Crea o teu sitio web con IA en 3 pasos
Describe o teu proxecto para que o noso creador con Intelixencia Artificial xere unha web completa e personalizada. Non require coñecementos técnicos, é moi fácil!
- Define o teu proxecto: Escolle o tipo de web (negocio, tenda, blog, landing) e introduce os datos básicos do teu proxecto.
- Elixe o deseño e a estrutura: Selecciona a estrutura e o deseño que prefiras entre todas as opcións e edita as seccións que necesites.
- Xera contido con IA: Edita texto e imaxes coas ferramentas de IA integradas e utiliza o xerador de textos e o corrector e editor de páxinas.
O teu mellor comezo en WordPress
Con todas as garantías
- 50 GB de espazo
- Transferencia ilimitada
- 20 cuentas de correo y chat
- O Autoinstalador máis completo
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- Certificado SSL Let's Encrypt gratuíto
- Backups automáticos gratuítos
- Discos NVMe
- Proba o teu hosting gratis e paga ao publicar a túa web
- Creador de sitios web con IA dispoñible
- Varnish Caché
- CDN dispoñible
- WordPress nun plan compartido
- Garantía de reembolso de 30 días
- Certificación Green Hosting
- Migración gratis dende outros provedores
- Centros de datos en España
- Panel de Control propio
Necesitas máis? Coñece todos os nosos plans de Hosting para WordPress.
Ver plans
Iván Expósito
Área de Soporte«WordPress é o CMS máis popular a nivel mundial, polo que é a nosa responsabilidade que sexa unha ferramenta fiable, segura e o máis usable posible».
FAQ
Si. Podes activar o plan en modo de proba, configurar o teu WordPress ao teu gusto e publicalo cando esteas listo. Só se che cobrará no momento en que decidas publicar a túa web.
Cando das de alta un Hosting para WordPress en dinahosting tes a opción de elixir entre a versión Optimizada, WordPress + IA e WordPress estándar.
A opción de WordPress + IA encaixarache se non tes coñecementos técnicos e queres crear a túa páxina rapidamente. Incorpora un creador de sitios con Intelixencia Artificial que xera unha web completa a partir dunha definición básica do teu proxecto.
Necesitarás o WordPress Optimizado se tes un perfil técnico medio ou baixo e queres aforrar todo o tempo posible nas configuración iniciais do teu proxecto. O noso instalador incorpora algunhas mellora no rendemento e seguridade que che van vir moi ben: sistemas antispam, Varnish Caché, optimizador de imaxes e arquivos para o SEO, etc. Bota unha ollada!
Pola contra, se che interesa establecer toda a configuración do teu WordPress pola túa conta quédate coa opción estándar, a que trae o propio WordPress por defecto. Está pensada para perfís con coñecementos no terreo do deseño e a programación que queiran customizar a súa aplicación ao 100 %.
Varnish é un sistema de caché que funciona ensinándolle ao visitante unha copia dos contidos da túa web. Deste xeito redúcese o número de peticións ao servidor e o tempo de carga das páxinas.
Se o teu WordPress recibe niveles altos de tráfico, Varnish é o acelerador que necesitas para aumentar o rendemento do teu WordPress. Comeza a aproveitalo.
Se deches de alta o teu plan Hosting APP para WordPress, dispós de 30 días de garantía para cancelar a contratación do servizo, ao igual que acontece co resto de plans de hosting. Reembolsámosche o importe en saldo que poderás trocar por outros produtos de dinahosting ou ben, devolvémosche o diñeiro directamente no método de pagamento que usaches para realizar a compra.
Podes escalar ao noso Hosting PRO para WordPress (100 GB de espazo, transferencia ilimitada, contas de correo e chat ilimitadas e contorna de staging) ou a un VPS para WordPress (servidor para hasta 50 webs o más, 70 GB de espacio, contas de correo e chat ilimitadas) cando o teu proxecto o necesite. O proceso é sinxelo e o noso equipo axudaráche cando o precises.
Si. Grazas ás ferramentas de portabilidade que desenvolvemos en dinahosting, o proceso é moi sinxelo. Porén, se o prefires, contáctanos e encargámonos nós mesmos de toda a migración da túa web, e gratis.