O teu mellor comezo en WooCommerce
O máis vendido
Para proxectos en WooCommerce de alto rendemento
Dende 50 tendas no teu servidor. Para axencias e desenvolvedores.
WooCommerce é o CMS máis utilizado para crear tendas online. En dinahosting proporcionámosche titoriais de axuda no noso blogue e canle de YouTube para sacarlle o máximo partido.
Recibe consellos moi útiles sobre o mundo ecommerce (deseño, SEO, seguridade...) e a xestión de dominios e hosting en xeral.
Ir ao blogueAquí atoparás titoriais e trucos para poñer a punto a túa tenda e sacarlle o máximo partido aos teus servizos en dinahosting.
Ir a YouTubeOs nosos plans de Hosting WordPress con WooCommerce téñeno todo para responder correctamente ante as túas visitas. Queres traer a túa tenda a dinahosting? Encargámonos gratis de toda a migración.
WordPress con WooCommerce xa preconfigurado. Aforra tempo e comeza a vender dende o primeiro minuto.
Amplía ou reduce recursos do teu plan cando precises. Sen complicacións, con Migrar de servidor é facilísimo!
O teu WordPress a toda velocidade: servidores con discos NVMe, Varnish Caché, PHP 8.3 e HTTP/2. Tamén dispós de CDN.
Protexe as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos. Let's Encrypt gratis xa preinstalado!
WAF, antivirus, antispam e regras especiais anti-hackeo. Mantemos o teu WordPress con WooCommerce seguro.
Accede a unha copia de seguridade diaria dos teus ficheiros, bases de datos, contas de correo... de forma automática.
Ademais de WooCommerce, dispós doutras moitas aplicacións para instalar ao momento no teu hosting.
Os nosos CPD están ubicados aquí. Goza dunha maior velocidade de navegación, máxima dispoñibilidade e mínimas latencias.
Migramos a túa tenda por ti. E co teu traslado de dominio, levas 3 meses de hosting compartido gratis.
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas unha maior velocidade e mellores o teu posicionamento SEO. Ademais, ao escoller dinahosting, formas parte do noso compromiso coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente. Estamos acreditados como Green Hosting grazas ao uso de enerxía 100 % renovable.
Quero saber máisWooCommerce é un plugin gratuíto de WordPress co que podes crear unha tenda online do máis profesional. Fácil de instalar, configurar e usar. Se xa usaches WordPress antes sentiraste coma na casa.
«Proporcionámosche un aloxamento seguro e confiable, con asesoramento técnico as 24 horas do día e todas as prestacións que necesitas para crear a túa tenda online».
Levas o Hosting WordPress con WooCommerce líder coas mellores ferramentas.
En dinahosting tes o teu propio Panel. Unha aplicación única, completa e deseñada pensando en ti.
Xestiona o teu correo co noso Webmail propio con opcións avanzadas, ou elixe Roundcube. Ambos incluídos nos nosos plans de hosting.
Escolle o teu Plan WooCommerce e próbao o tempo que necesites. Sen pagamentos ata que publiques a túa páxina web.
Crea e xestiona ata 50 webs distintas dentro do teu servidor. Podes personalizar ao detalle os seus recursos de vCPU, memoria RAM e espazo en disco. Se precisas crear máis hostings, poderías ampliar a Licenzas ilimitadas.
Para ti tamén temos o Programa de Resellers. Escolle o teu bono e aforra vendendo os nosos servizos baixo a túa propia marca corporativa.
QUERO O MEU VPSWooCommerce é un dos softwares para ecommerce máis utilizados no mundo polo seu manexo intuitivo, as súas posibilidades de personalización e a súa gran cantidade de funcionalidades.
Temos centos de modelos dispoñibles para aforrarche tempo no deseño, administración de catálogo, múltiples métodos de pagamento, varias monedas e idiomas, control loxístico dos envíos e ferramentas promocionais para xestionar o envío de cupóns de desconto ou engadir publicidade á túa páxina.
Escolle entre os nosos plans adaptados á medida da túa tenda. Todos eles veñen con discos NVMe e Varnish Caché incluídos.
Ademais, WooCommerce xa vén preinstalado para que poñas a funcionar a túa tenda online en minutos.
Ou se o prefires, tamén contamos con plans específicos para Hosting PrestaShop.
Se xa tes unha tenda online con WooCommerce agora toca activar un certificado SSL. Cada vez que un cliente pasa pola pasarela de pagamento do teu PrestaShop introduce información sensible (datos persoais, tarxetas de crédito, etc.) que pola súa seguridade é imprescindible que estean encriptados.
Ademais de por un motivo de seguridade, dispor dun certificado SSL no teu PrestaShop axudarache a transmitir máis confianza aos teus visitantes e clientes e a mellorar o posicionamiento SEO da túa web.
Recomendámosche que instales o certificado SSL de Validación Estendida que lle vai perfecto ao teu comercio electrónico.
WooCommerce conta con plugins para case todo: facilitar a xestión da tenda, motivar a venda, impulsar o peche da compra... As posibilidades son infinitas.
Esperamos que a nosa selección che sexa de axuda e che permita levar o teu ecommerce un pouco máis alá.
Primeiro de todo, fai inventario e comproba que o número de produtos que ofreces se corresponde coa cantidade que tes almacenada. Outra idea é actualizar as túas fichas de produto renovando as descricións, fotografías, vídeos e palabras clave.
E por último, relacionado coa experiencia de usuario, simplifica os pasos do proceso de compra e reduce o número de clics ata chegar ao carro. Aquí che deixamos máis información.
Se deches de alta calquera dos nosos plans de WooCommerce dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o seu importe en saldo que poderás cambiar por otros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro directamente no modo de pago que usaches para realizar a compra.
A nosa CDN realiza copias na caché dos arquivos do teu hosting para que unha rede de servidores distribuídos por todo o mundo poida ofrecer os contidos da túa páxina web dende calquera punto. O servidor máis próximo ao usuario que a visite será o que facilite a información, evitando que o servidor principal se sobrecargue.
Contas con tres plans de CDN baixo a modalidade prepagamento (20 €, 50 € e 100 €) para que elixas o que máis se adapte ás necesidades do teu proxecto, en función do consumo real de solicitudes que fagan os usuarios da túa web.
Trátase dun servizo adicional que podes contratar dende o teu Panel de Control de dinahosting, en Hosting > Ampliacións> CDN. Logo accede a el dende a interface de Hosting > Utilidades > CDN, onde podes engadir e eliminar subdominios, consultar o consumo diario e a transferencia de datos, etc. Aquí tes toda a información detallada.
Apoiada pola tecnoloxía de Azure, a nosa CDN é compatible con calquera servizo de hosting e funciona con sitios web e aplicacións que usan http ou https, como WooCommerce. Compartímosche a guía de configuración en WordPress.