Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Aplicacións autoinstalables en 1 clic

WordPress, PrestaShop, Joomla!, Drupal...
Gratis co teu Plan de Hosting

autoinstalables.cta__h1

Autoinstalables dispoñibles para o teu hosting

Poñemos ao teu alcance unha morea de aplicacións coas que crear a túa web e comezar a engadir contido ao instante. Todas elas son totalmente gratuítas e autoinstalables dende o teu Panel de Control.

Sistema Operativo

Temática

Ver todos os autoinstalables

Que son e para que serven as aplicacións autoinstalables?

As aplicacións autoinstalables permítenche montar unha web dinámica sen necesidade de ter grandes coñecementos en programación. Existen aplicacións de todo tipo: para blogs, webs, tendas, foros... o que mellor se adapte á túa idea.

Dende o teu Panel de Control podes instalar de forma automática as aplicacións que che interesen completamente gratis: WordPress, PrestaShop, Moodle...

FAQ

Dende a sección de Apps Autoinstalables do Panel do teu Hosting podes seleccionar calquera das aplicacións que temos dispoñibles.   Soamente tes que elixir o directorio, o teu título de páxina e as túas credenciais de acceso para comezar a desfrutar da APP no teu hosting.

Por suposto, podes configurar os autoinstalables que necesites sempre e cando os instales en directorios ou subdominios diferentes.

Ten en conta tamén que se a APP precisa unha base de datos propia deberás contar cunha para cada autoinstalable. Faite cun Hosting Avanzado para dispoñer de bases de datos ilimitadas.

Podes instalar outras aplicacións seguindo as instrucións do desenvolvedor e sempre e cando os requirimentos técnicos sexan compatibles co plan de hosting que teñas contratado. Consúltanos e botámosche un cable ;)

Cada aplicación autoinstalable ten unha funcionalidade diferente que pode valerche ou non segundo as necesidades e obxectivos que queiras para a túa páxina.

Serven para xestionar o contido e crear páxinas web (CMS), organizar tarefas, crear a túa propia plataforma de ensinanza online, montar un foro ou manexar o correo, entre outras funcións. Podes escoller a que prefiras ou consultarnos para que te asesoremos.