Funcionamento da canle
A comunicación pode ser anónima ou nominativa, e pode presentarse tanto de forma escrita, coma verbal ou presencial. Para presentar unha comunicación só debes acceder á Canle ética e seleccionar a opción 'Presentar nova comunicación'. A información será recibida polo responsable da Canle ética, quen se encargará da súa xestión, ben directamente ou ben a través dun xestor delegado designado en función da materia, nos termos previstos nos Procedementos de Xestión de Informacións.
Ao finalizar o rexistro da comunicación xerarase un xustificante de recepción na pantalla, indicando un identificador único e un contrasinal alfanumérico que permitirá á persoa informante realizar o seguimento do procedemento a través do apartado 'Consulta' da Canle ética.
A Canle ética non debe empregarse para remitir informacións e/ou reclamacións sobre servizos prestados por dinahosting (como, por exemplo, informacións sobre contidos ilícitos en sitios webs ou sobre o funcionamento do servizo contratado). Este tipo de comunicacións poden remitirse a través das canles especialmente habilitadas para iso.
Se tes calquera dúbida sobre outras cuestións, podes contactarnos a través das outras canles dispoñibles na páxina web.