-
VPS LITE I
O Teu mellor comenzo con VPS
- 1 vCPU Procesador
- 1 GB RAM Garantida
- 20 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS Lite II
Comeza a probar as túas apps lixeiras
- 2 vCPU Procesador
- 2 GB RAM Garantida
- 40 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
-
VPS LITE III
Perfecto para contornos de probas
- 4 vCPU Procesador
- 4 GB RAM Garantida
- 60 GB Espazo total
- Transferencia ilimitada
- Discos SSD
- Garantía de reembolso: 30 días
O teu VPS con acceso root a un prezo competitivo
Cos VPS Lite desfrutas do teu propio servidor virtual Non Administrado Linux, a un prezo máis económico e cos recursos suficientes para contornas de pre-produción e test ou cargas de traballo lixeiras.
Como son modelos administrados por ti, tes acceso completo á xestión do teu servidor virtual e podes configuralo con total liberdade.
Vantaxes do teu VPS Lite Non Administrado Linux
En dinahosting contas cun Panel de Control a medida dende o que podes xestionar o teu VPS Lite. Podes contactar gratis co noso equipo de Soporte Técnico e botámosche unha man co que necesites.
Acceso root
Como administrador con permisos de root, podes apagar, reiniciar ou reinstalar o teu VPS en calquera momento.
Backups por NFS
Executa backups con toda facilidade. Proporcionámosche scripts de exemplo para o teu servidor virtual Non Administrado.
O teu VPS ubicado aquí
IP española e o mellor soporte do mundo 24x7. Axudámosche a traeres a túa carteira de servizos á dinahosting!
Reinicio remoto
Posibilidade de reinicio en bruto do servidor, no caso dunha perda completa de control do VPS.
Rede optimizada
Conectividade de ata 1 Gbps, nunha rede con conexións redundadas a través de 4 operadoras independentes.
Monitorización constante
Establece os servizos e portos que queres monitorizar e recibe alertas por email cos resultados.
Necesitas máis recursos? Pásate a un VPS con NVMe
Se o proxecto que tes entre mans excede os límites dun VPS Lite, podes migrar facilmente a un VPS Non Administrado da gama estándar, con discos NVMe. Os nosos plans son completamente flexibles, polo que che permiten configurar vCPU, memoria RAM e espazo en disco en función das túas necesidades. Unha vez des de alta o teu VPS, tamén podes modificar os seus recursos dende o Panel de Control, con total autonomía e sen necesidade de interrupcións no servizo.
Ver VPS con NVMe
FAQ
-
Que vantaxes ofrecen os VPS Lite?
-
Os VPS Lite están pensados para perfís técnicos, profesionais da programación e do desenvolvemento, que necesiten un VPS Non Administrado con acceso de root. Estes modelos proporcionan a exclusividade e o rendemento propios dun VPS, a un prezo máis competitivo e sen necesidade de contratar un modelo de altas prestacións.
-
Entre que sistemas operativos podo escoller no meu VPS Lite?
-
Nos VPS Lite Non Administrados Linux tes dispoñibles os seguintes sistemas operativos: AlmaLinux, Cent0S, Debian e Ubuntu. No caso de Ubuntu contas con opcións con apps preinstaladas dispoñibles: Pritunl para activar as túas VPN e Nextcloud para gardar e xestionar arquivos.
-
Podo ampliar os recursos do meu VPS Lite? E cambiar o meu plan a outro superior?
-
Non é posible modificar a configuración do teu VPS Lite. Desfruta de máis recursos pasándote a un plan de VPS Lite superior, o noso equipo de Soporte 24/7 asesórate e bótache unha man se o precisas.
-
Se preciso máis prestacións, podo migrar a un VPS estándar con NVMe?
-
Claro! Se chegado o momento o teu VPS Lite xa non cubre as túas necesidades, podes migrar a un VPS con discos NVMe. Os nosos plans son totalmente personalizables en canto a vCPU, memoria RAM e espazo no disco, polo que podes configuralo á túa medida.
-
Onde está aloxado o meu servidor?
-
Todos os nosos servizos están aloxados en centros de datos en España, para que obteñas unha maior velocidade de resposta. Ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
-
¿Qué diferenzas hai entre un VPS Administrado e un Non Administrado?
-
Un servidor VPS Administrado é ideal se queres despreocuparte das cuestións técnicas, pois o Equipo Dinahosting encargámonos de administralo por ti en canto a actualizacións de software, copias de seguridade, etc. Un Non Administrado require certos coñecementos de administración, e está pensado para proxectos con necesidades específicas de software, probas de aplicacións en beta, ou simplemente se queres ter un control absoluto do servidor. Aínda que o teu VPS sexa Non Administrado, o noso equipo de Soporte está sempre moi pendente de que a súa conectividade funcione a pleno rendemento.
Aquí explicámosche as diferencias ao detalle.