Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Infraestrutura de máxima seguridade e rendemento

Infraestrutura de máxima seguridade e rendemento

Centros de Datos en España
Discos NVMe, moito máis rápidos!

Garantías de ter o teu aloxamento web na dinahosting

Podes ter a seguridade de que en dinahosting o teu proxecto está en boas mans: Centros de Datos e infraestrutura de rede de alto rendemento, hardware de máxima calidade que testamos previamente e Soporte Técnico próximo e dedicado sempre que o precisas.

CPD

Os nosos Centros de Datos

  • Localizados en Interxion e Global Switch, en Madrid

    233 m² de superficie en 4 cubos completamente independentes, planificados para garantir o seu crecemento e a comodidade no traballo do equipo técnico. Máis de 3000 servidores dispostos en racks Open Frame con cerramento en cubos.

  • Alimentación garantida

    Dobre acometida eléctrica, baterías, SAI e grupos electróxenos redundantes. A túa web estará operativa mesmo en caso de caídas eléctricas prolongadas.

  • Infraestrutura online pase o que pase

    Contamos cun CPD alternativo de respaldo que ten 4 liñas de fibra en comunicación directa con Interxion separadas e redundadas en 2 e 2 con máis de 3 km de distancia de separación entre elas. Isto permítenos estar sempre conectados e operativos, incluso no caso de que se produza una incidencia grave ou catástrofe (Disaster Recovery).

  • Control ambiental

    Optimizamos a xestión do espazo con cableado no teito por rejibands e mantemos as condicións de temperatura e humidade óptimas que nos indican os fabricantes. Dispoñemos dunha configuración de n+1 en máquinas de aire para que en caso de avaría a refrixeración non se vexa afectada.

  • Medidas anti-humidades e incendios

    Dispoñemos de multitude de detectores dispostos por toda a sala e nos puntos máis sensibles do CPD.

  • Certificación ISO

    O noso CPD cumpre as certificacións máis esixentes do sector: ISO 9001 de calidade, ISO 27001 de seguridade da información, ISO 22301 para a continuidade de negocio, ISO 140001 de medio ambiente e LEED Gold de sustentabilidade.

  • Green hosting

    O noso CPD está asociado a The Green Grid, un consorcio internacional que fomenta a implantación de estratexias efectivas de eficiencia enerxética entre as empresas máis relevantes do sector.

Rede Dinahosting

A nosa rede está optimizada e monitorizada en todo momento para ofrecerche a mellor conectividade. Compróbao ti mesmo!

BGP e 5 provedoras independentes de conexión

Contamos cunha rede de alto rendemento e dispoñibilidade, co noso propio Sistema Autónomo. Está redundada en todos os puntos, con saída cara a Internet con 5 provedoras diferentes e balanceada con BGP, para encamiñar o tráfico sempre pola ruta máis curta.

Máxima dispoñibilidade e mínimas latencias

Garantimos resolución de conflitos de enrutado en menos 5 ms. Podemos ofrecer a mellor conectividade do Estado, latencias mínimas (valores medios por baixo de 0,2 ms) a nivel nacional e internacional e unha dispoñibilidade real do 99,999 %.

Monitorización independente Netcraft™

A nosa rede está sendo auditada a tempo real por Netcraft, quen publica continuamente os resultados do seu seguimento.

Looking Glass

Revisa e corrixe problemas nas rutas de encamiñamento.

Os campos obligatorios están sinalados cun asterisco (*)
Introduce el texto mostrado en la imagen

Hardware que utilizamos en dinahosting

Ofrecemos hardware coa máxima calidade e o mellor rendemento para todos os teus proxectos.

Só compoñentes nos que confiamos

Só compoñentes nos que confiamos

A nosa experiencia ao longo dos anos con diferentes tipos de hardware lévanos a ofrecerche só o de maior calidade e de marcas líderes do mercado. Por iso utilizamos servidores da marca Dell e Lenovo.

Servidores de Backup

Servidores de Backup

Sabemos o importante que é facer unha copia das túas webs. Para garantir a integridade de todos os teus datos, montamos copias de seguridade distribuídas e redundadas grazas a sistemas de última xeración, coma Ceph.

Garantía para sempre

Garantía para sempre

Todo o hardware que utilizamos para os servizos que contratas na dinahosting está garantido para sempre. Respondemos por todos os compoñentes que sexa necesario substituír.

Elementos de rede: routers e switches

Elementos de rede: routers e switches

Utilizamos hardware de rede de última xeración de Cisco Systems, con routers da serie ASR9000 e switches da serie Nexus 5600, conectados de forma completamente redundada mediante enlaces de fibra óptica de alta velocidade. Asegurámosche o maior rendemento e fiabilidade.

NVMe: máxima velocidade de lectura, escritura e ancho de banda

En dinahosting traballamos con discos NVMe de Western Digital, que supoñen un gran salto cualitativo no terreo do almacenamento e proporcionan unha velocidade moi superior para todo tipo de tarefas.

Velocidade

NVMe usa a tecnoloxía PCI-Express, que brinda unhas taxas de transferencia e IOPS ata 5 ou 6 veces superiores aos discos tradicionais SSD.

Rendemento

Os discos NVMe están preparados para asumir máis capacidade de escritura e lectura de forma simultánea, reducindo a latencia e a sobrecarga no servizo.

Última tecnoloxía

Para a túa garantía, confiamos nun procesador de última xeración Intel Cascade Lake, o modelo Intel Xeon Gold 5320 de 50 Cores e 102 Threads.

Os discos NVMe son ata 7 veces máis rápidos que os SSD convencionais. Gráfica comparativa de ancho de banda de discos Sequential Read Sequential Write 5000 MB/s 3000 MB/s 2000 MB/s 1500 MB/s 1000 MB/s 500 MB/s 7000 MB/s HDD SSD NVMe HDD SSD NVMe

Ancho de Banda

Os discos SSD traballan sobre unha interface SATA 3, dun ancho de banda máximo de 0,8 GB/s. Os NVMe fano sobre una interface PCI-Express ® Gen3 x4, que soporta velocidades de lectura e escritura de ata 7,9 GB/s
Os discos NVMe son ata 5 veces máis rápidos que os seus homónimos (SSD e HDD) Gráfica comparativa de entradas e saídas en discos Random Read Random Write 1M 600K IOPS 200 K IOPS 150 K IOPS 100 K IOPS 60 K IOPS 1 K IOPS 30 K IOPS HDD SSD NVMe HDD SSD NVMe

IOPS

O novo protocolo NVMe conecta os discos de almacenamento a través da interfaz PCI-Express, que reduce a latencia e aumenta os IOPS (número de operacións de entrada e saída de datos que ocorren por segundo).

Servidores Dedicados e VPS con GPU xa dispoñibles

GPU (Graphic Processor Unit) conta cun procesador para alta computación e procesamento masivo de datos. É ideal para proxectos de intelixencia artificial, enxeñería, sistemas de predición... ou calquera traballo de cálculo que requira de alta eficiencia e rendemento constante.

Servidores Dedicados GPU xa dispoñibles

Vantaxes de ter o teu hosting ou servidor con IP española

Comprar un hosting ou un servidor nunha provedora nacional ou no estranxeiro é un factor chave para o rendemento da túa web. Escolle dinahosting e goza de todas as vantaxes de ter o teu servidor ou hosting en España.

Mellor posicionamento SEO

Se a túa web se orienta ao mercado nacional, dispor de IP española axudarache a escalar posicións nas buscas locais, xa que Google e outros buscadores priorizan as páxinas aloxadas no mesmo país.

Cumprimos co RXPD

A nosa infraestrutura cumpre coa normativa europea en protección de datos. Asegurámonos de que a túa información e a dos teus clientes estea totalmente protexida, polo que gañas en seguridade e confianza.

Maior velocidade na túa web

Os nosos servidores e hostings están en España. Canto máis preto estea o servidor, menores serán os tempos de latencia e a túa web cargará moito máis rápido. Unha maior velocidade repercutirá nunha mellor experiencia de usuario.

Soporte Técnico 24/7 no teu idioma

Na dinahosting falamos no teu idioma e non utilizamos contestadores automáticos para atenderte. Traballamos no teu mesmo horario, polo que che resultará máis sinxelo programar tarefas ou realizar o mantemento da túa web.

Os nosos servidores DNS e Centros de Datos

Os nosos servidores DNS atópanse dispersados xeograficamente de forma estratéxica, o que nos permite ofrecerche maior confianza e mellores tempos de resposta. Actualmente dispoñemos de varios servidores, localizados por todo o mundo: España (Madrid), EEUU (Los Ángeles e New Jersey), Xapón (Tokio), Korea (Seul), e Australia (Sydney). Contamos ademais con 2 Centros de Datos en Madrid, nas instalacións de Interxion e Global Switch.

Indemnizacións para VPS, Dedicados, Cloud e Housing

Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e para demostrarcho desenvolvemos un acordo de nivel de servizo coma este.

Rede non dispoñible 0,1 %
5 % de devolución da túa cota mensual
Rede non dispoñible 1 %
25 % de devolución da túa cota mensual
Rede non dispoñible 2 %
50 % de devolución da túa cota mensual
Rede non dispoñible 4 %
75 % de devolución da túa cota mensual
Rede non dispoñible 10 %
100 % de devolución da túa cota mensual

Compromiso coa túa seguridade

Aínda que aplicamos rigorosos controis de seguridade ao hardware e software cos que traballas, é inevitable que se produza algún erro ocasional. Se cres que detectaches un erro ou unha vulnerabilidade de seguridade nos nosos servizos, infórmanos e o noso equipo revisarao o antes posible.

Saber máis
Compromiso coa túa seguridade