Protexe a túa web cun Certificado SSL
Os certificados dixitais garanten que a información que viaxa entre a túa web e os teus visitantes estea sempre encriptada e protexida contra roubos de datos.
Let's Encrypt e GlobalSign
Ofrecémosche tanto certificados gratuítos Let's Encrypt xa instalados coma os do selo de confianza a nivel mundial GlobalSign. Escolle o teu!
O teu certificado funciona así
Recoñécese porque utiliza https://, cadeado ou unha barra verde. O navegador solicita ao servidor unha copia antes de iniciar a conexión.
Instalación incluída!
Se tes a túa páxina en DH instalámosche o certificado sen custo adicional e se o necesitas, valoramos a creación dunha IP dedicada.
Seguranza para a túa web
Un cifrado SHA-256 e chaves RSA de 2048 bits encriptan e protexen as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos.
Para o teu eCommerce
Un certificado resultarache imprescindíbel se manexas datos bancarios: números de conta, tarxetas de crédito...
O teu correo e chat con webmail
Aunque te recomendamos que uses certificados GlobalSign, si ya tienes uno, lo instalamos rápidamente por ti. Contacta con Soporte.
Certificados SSL Let's Encrypt e GlobalSign
Cifra as comunicacións para que as túas visitas gocen dunha contorna segura: para realizaren as súas compras, para usar datos persoais, para navegar nunha intranet... Fai que a túa web transmita confianza.
Iván Expósito
Área de Soporte«Un certificado SSL é unha peza fundamental na seguranza da túa web. Protexe as transaccións e datos dos teus clientes dunha forma rápida e sinxela».
FAQ
-
Por que necesito un certificado SSL na miña web?
-
SSL (Secure Socket Layer) é un protocolo de seguridade que verifica a identidade dun sitio web e cifra as comunicacións para que a información viaxe de forma segura e confidencial. Isto evita que un terceiro poida obter os datos persoais ou bancarios dos usuarios dunha web ou ecommerce no caso de que se intercepte a comunicación entre o cliente e o servidor.
Ademais de acreditar e dar confianza aos teus clientes, Google favorece cun mellor posicionamento ás páxinas cun SSL. Tal e como sinalou hai tempo, o seu algoritmo premiará ás webs que utilicen unha conexión segura.
-
Que diferenza aos certificados gratuítos Let's Encrypt dos de pagamento?
-
Os certificados de pagamento non só cifran o intercambio de información entre as túas visitas e a túa web, senón que garanten que superaches uns requisitos de validación que proban os teus dereitos de uso do dominio e mesmo acreditan a existencia e a identidade da túa empresa. Ademais, dan a opción de engadir un selo de confianza na páxina para maior seguridade, e ofrecen indemnizacións económicas en caso de incidencia co cifrado.
GlobalSign é o noso principal partner en cuestión de certificación. Recomendámoscho pola súa calidade e a súa compatibilidade con case o 100 % dos navegadores.
-
Se teño un certificado SSL a miña web estará protexida ante hackeos?
-
Non. O cifrado dun certificado SSL actúa sobre os intercambios de datos que se realizan na túa web, pero non sobre a web en si mesma. Troianos, shells, contidos para phishing... son algunhas das ameazas máis comúns, e nada teñen que ver con se a túa web está ou non protexida mediante un certificado SSL.
-
Que diferenza hai entre SSL e TLS?
-
TLS é unha versión actualizada e máis segura do protocolo SSL. Aínda que o termo máis popular cando falamos de certificados de seguridade segue sendo SSL por ser o predecesor, en dinahosting usamos o protocolo TLS en todos os nosos servidores.
-
En que beneficia un certificado SSL ao SEO da miña web?
-
Os certificados SSL non só verifican que o teu sitio web é de confianza para os visitantes, senón que favorecen o seu posicionamento orgánico. A día de hoxe, son un factor máis a ter en conta á hora de organizar os resultados de busca de Google, que mellora a posición daquelas webs que utilicen unha conexión segura mediante HTTPS.
Si ya tienes instalado un certificado SSL en tu hosting, te recomendamos forzar la navegación segura por https directamente desde tu aplicación web. En caso de que tu aplicación no disponga de esta opción, puedes hacerlo desde tu Panel de Control.
-
Podo ampliar o meu certificado SSL a un superior?
-
Ampliar o teu certificado implicaría dar de baixa o actual e a contratación dun novo. Por iso, convén que te tomes o teu tempo para facer unha boa escolla. Podes chamarnos gratis ao 900 854 000 se tes algunha dúbida.