Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Casos de éxito

Casos de éxito

Clientes que confían en nós

Walmeric

Con 15 anos de experiencia en Lead to Revenue Management, Walmeric é líder en tecnoloxía e metodoloxía para o tratamento dos leads. Ofrece a posibilidade de unificar lead tracking, lead scoring, atribución e conversión de leads nunha mesma solución, conseguindo deste modo unha visibilidade global. Actualmente conta cunha sólida carteira de clientes, entre os que se atopan empresas do Ibex35, do EuroStoxx50 e FTSE100 de sectores tan diferentes coma a banca, os seguros, a enerxía ou as telecomunicacións.

Como compañía de clara cultura áxil e orientada ao ‘partnership’ co negocio dos nosos clientes, resúltanos imprescindible dispoñer dunha alta dispoñibilidade, seguridade e integridade da información que tratamos. Tamén necesitamos un soporte eficiente no lanzamento dos nosos novos produtos, e unha xestión e control pormenorizados da nosa infraestrutura.

José Antonio Torres

CTO de Walmeric

O desafío

Walmeric leva máis de 8 anos confiando en dinahosting a creación da súa infraestrutura tecnolóxica, utilizando as nosas Solucións Avanzadas e Servidores Non Administrados. Dada a magnitude da súa infraestrutura, necesitaba ademais dunha seguridade adicional cun balanceo redundado que lle permitise descentralizar os seus servizos en diferentes ubicacións, para conseguir así unha alta dispoñibilidade máis severa.

CPD

O resultado

Tras analizar varios escenarios, en dinahosting logramos crear para Walmeric un balanceo redundado da súa infraestrutura no noso segundo Centro de Datos, Global Switch. Este CPD conta nunha fase inicial con seis racks e 15 kilowatios de potencia reservada, con acceso a unha potencia e espazo maiores a medida que medre a demanda. Grazas á dobre conectividade redundada por fibra óptica que configuramos neste proceso, podemos tratar este segundo CPD coma unha extensión do principal, Interxion, pero sen perder a independencia en todos os aspectos.

Dinahosting facilítanos servidores de alta calidade e rendemento, cos compoñentes clave para proporcionar un servizo eficiente e flexible. O soporte e o suministro funcionan de forma rápida e eficiente, con flexibilidade para operacións fóra dos horarios produtivos. Os seus procesos comerciais e de venda permítennos operar en formato colaborativo para proxectos de calado específico. Ademais, as características dos seus CPD garántennos a máxima seguridade na cadea dos nosos provedores cara os nosos clientes.

José Antonio Torres

CTO de Walmeric

Link Mobility

LINK Mobility é o provedor líder en Europa en servizos de comunicacións móbiles (CPaaS, Communication Platform as a service). Está especializado nas canles de mensaxería móbil (SMS, RCS, WhatsApp), servizos dixitais e uso intelixente de datos. Cunha traxectoria de máis de 20 anos e 40.000 clientes, o seu equipo humano está formado por máis de 650 persoas en 28 oficinas de 18 países. A sede está ubicada en Oslo, Noruega. Entre a súa carteira de clientes atópanse firmas internacionais coma DHL, Ikea, ISS, Jysk ou Siemens.

Link Mobility Spain nace da adquisión de varias empresas do sector presentes en España. A estratexia de migración e consolidación de activos e infraestruturas distribuídos en varios centros de datos era un punto crítico na consecución dos obxectivos fixados pola empresa matriz en Noruega. Levamos moitos anos traballando con dinahosting, e dado que sempre foron un partner estratégico que nos axudou a conseguir os nosos obxectivos, optamos por ter nos seus centros de datos practicamente a totalidade das nosas infraestruturas en España.

Ismael Giner

Head of Operations

O desafío

LINK Mobility leva dende 2011 confiando en dinahosting. Cando se propuxeron migrar a totalidade da súa infraestrutura tecnolóxica aos nosos centros de datos puxémonos mans á obra. Grazas ao noso servizo de Solucións Avanzadas, démoslle ao noso cliente conexións externas para a súa rede privada con provedores especiais, Servidores Non Administrados, Cloud Privada con VMWare e Housing, entre outros servizos.

CPD

O resultado

Trala migración da súa infraestrutura a dinahosting, LINK Mobility alcanzou os obxectivos que se marcara: mellora dos marxes, optimización de custos nas comunicacións e infraestruturas e perfeccionamiento dos niveis de seguridade e de servizo ofrecidos aos seus clientes.
Ademais, seguiron apostando polo desenvolvemento de novas solucións desenvolvidas integramente en España, coma a verificación dixital da identidade, que lles permite seguir impulsando a innovación e complementar os servizos ofrecidos pola súa empresa matriz.

Rede Aberta

Rede Aberta é un operador neutro de telecomunicacións, que está a despregar unha rede de fibra óptica ultrarrápida para impulsar a dixitalización do rural galego. Pretenden chegar a máis de 400.000 vivendas para 2025 cun investimento previsto de máis de 121 millóns de euros.
Ademais, Rede Aberta ten un forte compromiso co Medio Ambiente e a sustentabilidade, garantindo en todo momento o cumprimento das mellores prácticas e provocando o menor impacto posible no seu contorno.

A localización en Interxion é fundamental para a conectividade cos operadores locais, que son un pulmón importante para Rede Aberta, e tamén cos operadores nacionais, que teñen presenza en Interxion.
Dado que actualmente Rede Aberta non conta con persoal propio situado en Madrid e Interxion é un punto crítico da rede, necesitamos un control total e de calidade do mesmo. Estar nunha sala de dinahosting permítenos ter mans remotas coma se fosen as nosas propias.
Ademais, dinahosting ofrécenos un servizo de ubicación que se pode adaptar totalmente ás nosas necesidades en cada momento. Esta flexibilidade axústase moi ben a Rede Aberta, xa que somos unha compañía en constante crecemento

Pere Antentas

CEO Rede Aberta

O desafío

Rede Aberta necesitaba aloxar os seus equipos de comunicacións nun Centro de Datos seguro e fiable, e contar co apoio dun equipo técnico de sistemas e redes sempre dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Tamén necesitaban conectividade redundante garantizada e latencias mínimas para unha maior velocidade en todo momento.

CPD

O resultado

Despois de reunirnos con Rede Aberta e ver as súas necesidades, aconsellámoslle o servizo de Housing para crear a súa infraestrutura tecnolóxica nos nosos Centros de Datos en Madrid:

  • Aforraron un 70-85 % de tempo na instalación e no enrackado do seu hardware deixándoo nas nosas mans
  • Aumentaron a seguridade da súa infraestrutura ao contar con intervencións mensuais realizadas polo noso equipo sen necesidade de desprazarse in situ
  • Teñen unha modalidade de pagamento con todo incluído, onde se agrupa a facturación da transferencia, consumos, conectividade externa e mans remotas
  • Dispoñen de 2 Centros de Datos para redundar a súa infraestrutura
  • Aforro de custos significativo, xa que poden ampliar a súa infraestrutura baixo demanda sen ter que sobredimensionala

Servizos profesionais á túa medida

Topoloxías de rede redundadas

Axudámoste a engadir os elementos necesarios para conseguir unha rede de alta dispoñibilidade na túa infraestrutura.

Modelos mixtos Hosting-Housing

Facilitámosche os servidores e as instalacións para gardalos. Esquéceste do espazo e dos requirimentos técnicos.

Consultaría e asesoramento

O noso equipo de expertos axúdache a solucionar os retos que poidan xurdir no desenvolvemento do teu proxecto.

Venda directa de hardware

Confiamos nas mellores marcas e esiximos a máis alta calidade para o noso hardware, e para o teu!

Melloras de conectividade

Engadimos ao teu proxecto as comunicacións ou carries alternativos que necesites (satélites, fibra, peering, outros CPS, etc.).

Ciberseguridade

Ofrecémosche solucións de seguridade tanto propias como de terceiros para manter os teus servidores libres de ameazas.