O primeiro que tes que facer para evitar que alguén se apropie do teu dominio é bloquealo para traslado. Se o teu é un dominio xenérico, non te preocupes, en dinahosting xa cho bloqueamos por defecto no momento no que o rexistras. Podes comprobalo no teu Panel de Control, sección Dominios. Ao lado do Authcode tes a opción de Desbloquear, polo que a menos que o fagas ti, o dominio estará protexido.
No caso de que alguén usurpase a túa identidade ou rexistrara algún nome de dominio asociado á túa marca de mala fe, o aconsellable é que o comentes con algún especialista en asuntos legais en Internet para que poida asesorarte. Se queres, bótalle un ollo ao noso servizo de Asesoría Legal.