Almacenamento de obxectos S3
Aumenta o espazo dispoñible para os teus proxectos coa nosa solución de almacenamento de alto rendemento con tecnoloxía Ceph.
Ata 2 TB de espazo
Selecciona o paquete de espazo dende 100 GB ata 2 TB, ampliables en calquera momento dende o Panel.
Alta dispoñibilidade
A replicación automática de datos en múltiples nodos asegura o acceso continuo, incluso no caso de fallos de hardware.
Centros de datos en España
O Almacenamento S3 é un servizo aloxado no noso CPD de España, baixo a normativa europea de protección de datos.
Escalabilidade horizontal
S3 permite agregar nodos de almacenamento sen interrupcións, facilitando o crecemento dinámico.
Gran volume de datos
Ideal para almacenamento na nube, Big Data, copias de seguridade e arquivado, entre outras aplicacións críticas.
Integración na nube
Compatible con diferentes plataformas de nube, facilitando a implantación en contornas de nube privada e pública.
Desfruta de Almacenamento S3
no teu webmail
Sácalle o máximo partido ao almacenamento de obxectos coa nova funcionalidade integrada na nosa plataforma de correo. Accede dende a súa sinxela interface e comparte arquivos co teu equipo, crea a túa propia base de documentación, garda arquivos, etc. ¡Próbao agora no teu webmail!
Saber máis
Funcionalidades do Almacenamento S3
Suma todo o espazo que necesites co noso servizo de Almacenamento S3, que se adapta ás necesidades do teu proxecto e orzamento.
- Úsao con calquera aplicación que sexa compatible co estándar S3. Permite a automatización e integración coa API Rest e SDK de terceiros.
- Almacena grandes cantidades de datos non estruturados. S3 é escalable segundo as necesidades do teu negocio e sen cortes no servizo.
- Terás acceso a unha interface para crear buckets e xestionar cada un dos arquivos que se atopen no almacén.
- Conta con varias capas de seguridade, garantindo a privacidade dos datos de extremo a extremo.
- Pode utilizarse para facer copias de seguridade, almacenar sitios web estáticos, aloxar imaxes ou calquera outro recurso desde calquera localización.
- Crea e xestiona copias de seguridade dos teus arquivos dende a aplicación de escritorio que poñemos á túa disposición.
25 % de desconto para Resellers
Es Reseller? Tes un 25 % de desconto nas altas de Almacenamento S3. Aproveita a oferta e sácalle partido ao teu espazo adicional ou repárteo entre diferentes usuarios ou contas de Webmail.
Contratar agora
FAQ
-
Que se pode facer co Almacenamento de obxectos S3?
-
O Almacenamento de obxectos S3 é unha solución moi versátil e amplamente utilizada. Algúns dos seus usos máis comúns son: copias de seguridade, repositorios de recursos descargables, almacenaxe de datos corporativos e, en xeral, calquera aplicación que requira o gardado e recuperación de datos na nube.
-
Que tipo de datos se poden almacenar?
-
Os nosos servizos de almacenamento aceptan todo tipo de arquivos en calquera formato. Simplemente ten en conta que a subida de arquivos dende o Explorador de ficheiros está limitada a 100 MB.
-
Onde se almacenan os datos?
-
Todos os datos que engadas nos servizos de almacenamento gardaranse no noso CPD de Aire Networks, que se atopa situado en Madrid. Aquí contámosche máis acerca da nosa infraestrutura.
-
Que é un bucket S3?
-
Un bucket non é máis que o nome que polo que se lle coñece aos contedores nos que vas almacenar os obxectos. Cada obxecto está almacenado nun bucket, que é a unidade básica de almacenamento. Identificaralos cun nome e accederás a eles coas túas credenciais.
-
Como xestiono o Almacenamento S3 dende o Panel?
-
Accede ao teu Panel de Control coa túa conta de usuario de dinahosting, e no menú superior de Utilidades entra a Almacenamento S3. Dende esta interface podes crear usuarios e asignarlles un determinado espazo de S3, e acceder ao Explorador de ficheiros para crear ou eliminar buckets, directorios e administrar os arquivos que teñas almacenados.
-
Podo ampliar o espazo de Almacenamento S3 unha vez contratado?
-
Por suposto! E podes aumentalo sen límites.
Na interface de inicio do teu Panel de Almacenamento S3 contas coa opción Ampliar espazo, onde vas poder contratar packs dende 100 GB e ata 2 TB para aumentar o espazo que teñas no teu Almacenamento S3.
Pásate por este post para saber máis acerca das ampliacións.
-
Necesito algunha aplicación para xestionar o meu Almacenamento S3?
-
Para aproveitar ao máximo todas as capacidades do S3, podes axudarte dalgunha aplicación compatible que che permita xestionar os teus buckets de forma avanzada, como poden ser: S3 Browser, Commander One ou CrossFTP. Aquí contámosche mais.
Por outro lado, se queres utilizar o teu Almacenamiento S3 para realizar copias de seguridade dos teus arquivos almacenados no teu ordenador, podes utilizar a nosa Aplicación de escritorio para Backups S3.
Os nosos partners
Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.