Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Únete ao Equipo Dinahosting

  • Xornada continua e flexibilidade horaria
  • Convenio colectivo propio
  • Emprego estable e igualdade de oportunidades
trabaja-con-nosotros.cta__h1

Compromiso co emprego de calidade

En dinahosting estamos comprometidos co emprego estable e de calidade, e traballamos día a día para favorecer o desenvolvemento profesional das nosas traballadoras e traballadores.

Xornada continua

Garantizamos a igualdade de oportunidades dentro do noso equipo e apostamos decididamente polos horarios intensivos. Para darche o mellor soporte e atención sempre que nos necesites, temos horarios partidos, sendo voluntaria a súa escolla.

Garantías de igualdade

Proporcionámosche garantías de igualdade, independentemente do teu sexo e do posto que ocupes. Ademais, impulsamos a igualdade efectiva entre mulleres e homes con relación ao acceso ao emprego, a formación e a promoción profesional na empresa.

Contratación estable

O 98 % do noso emprego é estable e temos a firme convicción de non usar servicios de ETT. Impulsamos o mantemento de postos de traballo que fomenten a mellora continua das competencias profesionais mediante o coaching a mandos intermedios e directivos.

Promoción profesional

Apostamos polo talento! Escollemos ao noso equipo mediante unha selección baseada no mérito, as actitudes e aptitudes amosadas. Ademais, contamos cun sistema de avalición obxectiva do desempeño para medir e garantir o crecemento do equipo no tempo.

Únete ao noso equipo

O noso principal activo son as persoas que integran o Equipo Dinahosting. Ofrecémosche a oportunidade de unirte a el e desenvolverte profesionalmente na empresa independente máis importante do sector do hosting en España.

Buscamos persoas con capacidade de liderar co exemplo, a eficacia e o compromiso. Persoas proactivas e con boa preparación, con curisodidade para poñer en práctica novas ideas e a súa creatividade.

Únete ao noso equipo

Que che ofrecemos?

Convenio propio

Convenio colectivo propio, moito máis vantaxoso que o convenio sectorial.

Flexibilidade horaria

Flexibilidade no horario de entrada. Podes comezar entre as 07h e as 09h.

Teletraballo

Teletraballo optativo. Ti decides se traballar dende a casa ou na oficina.

Flexibilidade vacacional

Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando queiras.

Conciliación

Medidas para a conciliación familiar e a corresponsabilidade nos coidados.

Bo ambiente laboral

Comidas periódicas, para coñecernos mellor e facer equipo.

Envíanos o teu currículo

Os campos obligatorios están sinalados cun asterisco (*)
Introduce el texto mostrado en la imagen