Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Panel de Control de dinahosting

Panel de Control de dinahosting

  • Deseñado á túa medida en base ás túas necesidades
  • Xestiona os teus servizos dende unha ferramenta exclusiva
Rexístrate gratis

O teu Panel de dinahosting: o máis avanzado e fácil de usar

Xestiona todos os teus servizos e aplicacións dende un Panel de Control á túa medida, totalmente personalizable e fácil de usar. É tan práctico que a ampla maioría dos nosos clientes usan a diario o Panel de dinahosting.

Rexístrate como usuario e próbao

Aínda non es usuario de dinahosting? Date de alta nun momento e xa poderás acceder ao Panel, non é necesario que contrates ningún servizo. O Panel ten un deseño e programación propios, e resulta máis cómodo e intuitivo que outros paneis de marcas coñecidas.

Darme de alta
Rexístrate como usuario e próbao

Xestiona os teus servizos facilmente

O Panel de dinahosting dispón dunha estrutura sinxela para axudarche a xestionar mellor os teus servizos. Como é un desenvolvemento propio mellorámolo día a día, polo que se botas algo en falta non dubides en aportar as túas ideas.

Páxina principal

Tan pronto entras ao teu Panel de Control, accedes a un buscador dos servizos e accións máis habituais como usuario, ás túas alertas de caducidade e renovación, ás túas seccións favoritas dentro do Panel e ás últimas noticias publicadas no noso blogue.

Sección de servizos

Dende aquí accedes a cada un dos teus servizos en dinahosting. Todo para os teus dominios (contactos, DNS, redireccións, parking...), crea plans a medida para os teus hostings (espazo, tráfico, contas de correo...) e xestiona os teus servidores, entre outras funcións.

Información sobre a túa conta

Configura os teus datos de contacto e as túas preferencias de usuario sobre a túa conta: métodos e horario de contacto, idioma, tipo de panel... Tamén podes crear contactos secundarios e darlle acceso a terceiros para xestionar determinados servizos.

Facturación

Mira as túas facturas, descárgaas e cambia a súa titularidade se o precisas. Podes renovar os teus servizos ao momento ou configurar as correspondentes autorrenovacións, e cambiar o método de pagamento asociado a cada servizo contratado.

Programa de Afiliados

Como Afiliado, levas unha comisión por cada servizo de dinahosting que recomendes a un terceiro. Leva a conta das comisións xeradas e accede a materiais de marketing para incluír na túa web ou nas túas redes sociais.

Asistente de axuda

No Panel de Control tes o teu propio Asistente de Axuda abaixo á dereita, que che proporciona información sobre para que serve cada funcionalidade e cando a vas precisar, xunto con trucos e advertencias a ter en conta.

Es Reseller?

Como revendedor de hosting e dominios dispós da túa propia sección dentro do Panel. Dende ela accedes a todos os produtos que tes contratados e asóciasllos aos teus clientes, indicando as súas datas de fin ou renovación. Tamén podes personalizar as notificacións que che interesa que lle cheguen, así como determinados aspectos dos seus servizos: webmail, DNS de dominio, Panel de Control que usan, etc.

Máis para o teu Panel

Aproveita todos os recursos que tes no Panel de Control para traballar comodamente e dar máis seguridade ao teu proxecto web.

Personalización no Panel

  • Clásica versión Desktop
  • Alto contraste en branco sobre negro
  • Alto contraste en negro sobre branco
  • Idioma no que verás o Panel e recibirás as comunicacións: español, galego, catalán, inglés e portugués
  • Método e horario preferido de contacto

Medidas de seguranza

  • Autenticación en 2 pasos no acceso ao Panel
  • Restricións de entrada por continente, país ou IP ao Panel ou a determinadas carpetas dentro do teu hosting
  • Notificación de logins incorrectos
  • Accesos independentes ou secundarios a terceiros
  • Permisos de acceso ás túas bases de datos
  • Creación de contrasinais seguros para os teus servizos
  • Xeolocalización para a recuperación de contrasinal

Tes dúbidas con algunha sección do Panel de Control?

Na nosa Páxina de Axuda deixámosche titoriais moi útiles sobre como xestionar todos os teus servizos. Se prefires os vídeos, pásate por YouTube, onde contas con listas orientadas especificamente ao Panel.
Tamén podes chamarnos gratis ao 900 854 000 ou escribirnos un correo ou un chat. Axudámosche en todo 24/7!

Ir á páxina de Soporte Ir a YouTube