Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Canle ética

canal-etico.cta__h1

A Canle ética de dinahosting está destinada exclusivamente a recibir informacións sobre incumprimentos normativos da organización ou as súas persoas integrantes, de forma que aquelas persoas que tiveran ou teñan unha relación laboral ou profesional con dinahosting, e teñan coñecemento da comisión de infraccións administrativas graves ou moi graves ou delitos, poidan informarnos sobre estes, e obter a protección prevista na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita conta a corrupción.

Principios esenciais do procedemento de xestión

Son principios esenciais do procedemento de xestión da canle: a confidencialidade da identidade da persoa informante e de calquera terceiro mencionado na comunicación, así coma das actuacións que se desenvolvan na xestión e tramitación da mesma, e das informacións recibidas; o respecto das disposicións sobre protección de datos de conformidade co título VI da Lei 2/2023, de 20 de febreiro; e respecto á presunción de inocencia e á honra das persoas afectadas, e a protección integral da persoa informante.

Funcionamento da canle

A comunicación pode ser anónima ou nominativa, e pode presentarse tanto de forma escrita, coma verbal ou presencial. Para presentar unha comunicación só debes acceder á Canle ética e seleccionar a opción 'Presentar nova comunicación'. A información será recibida polo responsable da Canle ética, quen se encargará da súa xestión, ben directamente ou ben a través dun xestor delegado designado en función da materia, nos termos previstos nos Procedementos de Xestión de Informacións.

Ao finalizar o rexistro da comunicación xerarase un xustificante de recepción na pantalla, indicando un identificador único e un contrasinal alfanumérico que permitirá á persoa informante realizar o seguimento do procedemento a través do apartado 'Consulta' da Canle ética.

A Canle ética non debe empregarse para remitir informacións e/ou reclamacións sobre servizos prestados por dinahosting (como, por exemplo, informacións sobre contidos ilícitos en sitios webs ou sobre o funcionamento do servizo contratado). Este tipo de comunicacións poden remitirse a través das canles especialmente habilitadas para iso.

Se tes calquera dúbida sobre outras cuestións, podes contactarnos a través das outras canles dispoñibles na páxina web.

Acceso á Canle ética