Hosting de proba gratuíto cheo de vantaxes
O hosting gratis de proba é a solución perfecta para axencias e desenvolvedores. Crea e proba as túas webs durante o tempo que necesites nun contorno completamente real e sen que teñas que proporcionar os teus datos bancarios.
Sen inversión previa
Non pagas nin o aloxamento nin o dominio mentras creas ou realizas probas a túa web. Só pagas ao publicar o proxecto.
Hosting para todos
Axencias, emprendedores, desenvolvedores... O noso hosting en probas está dirixido a quen prefire non pagar por adiantado.
Ferramentas fáciles de usar
Panel propio deseñado á túa medida e subdominio incluído gratis, para que nada che falte ao comezar o teu proxecto online.
Contorno completamente real
Dispós de todas as opcións do Panel habilitadas. Coñece e pon a proba todas as funcionalidades no teu hosting.
CMS e máis a escoller
WordPress ou PrestaShop, Básico ou Avanzado, Windows ou Linux… ¡ti escolles que hosting queres probar!
O mellor hardware
Toda a nosa tecnoloxía de vangarda está dispoñible no hosting de probas. Con discos NVMe, ata 6 veces máis rápidos!
Se non tes dominio, regalámosche un subdominio gratis
Cando comezas un novo proxecto é posible que aínda non saibas o dominio definitivo co que vas quedar. En dinahosting facilitámosche un subdominio gratuíto para que realices probas sen necesidade de rexistrar o nome da túa web previamente. Selecciona esta opción cando contrates a túa Proba gratuíta para activalo.
Como funciona o hosting de probas gratis?
-
Rexístrate como usuario
Se aínda non tes un usuario en dinahosting, comeza por rexistrarte cubrindo este sinxelo formulario.
-
Dá de alta o teu hosting
Escolle o plan de hosting que prefiras e selecciona Proba gratuíta. Non tes que darnos os teus datos bancarios!
-
Crea a túa páxina
Aproveita as ferramentas do Panel de Control para montar a túa web. Dispós de todo o tempo que precises.
-
Publica a túa web
Xa tes a túa web lista? Compra o teu hosting ou dominio e publica o teu proxecto. Nesta postaxe tes máis información.
Gustavo González
Departamento de Desenvolvemento«O lanzamento dun sitio web profesional é un proceso que require de moitas probas. Ter un hosting de probas facilítache moito o desenvolvemento e supón un aforro de diñeiro.».
FAQ
-
Durante canto tempo podo utilizar o hosting de probas gratis?
-
Dispós de todo o tempo que necesites.
Despois dunha primeira proba de 15 días, podes ampliar facilmente 30 días desde o teu Panel de Control. Pasado este tempo, poderás amplialo de novo tantas veces como queiras ata que a túa páxina web estea lista para ser publicada.
-
Necesito un dominio para facer probas no hosting gratis?
-
Non é necesario contratar un dominio! Se aínda non queres pagar por un nome de dominio, facilitámosche un subdominio gratuíto para utilizar nas túas probas.
Escolle a opción Aínda non teño un dominio e quero un subdominio de proba e a continuación, escribe o nome que queiras para a túa web.
Cando teñas o teu proxecto finalizado podes cambiar facilmente ao dominio definitivo.
-
Hai algunha limitación para usar o hosting de probas gratuíto?
-
Podes probar o noso hosting gratis sen limitacións os primeiros 15 días.
Despois deste período poderás seguir usándoo, pero desactivarase o acceso ao correo e ás bases de datos PostgreSQL. En canto a SQL Server, Maria DB e MySQL, podes acceder a elas desde localhost. Será necesario identificarte con usuario e contrasinal para acceder á túa web.
-
Podo ter máis de 1 hosting de proba gratis á vez?
-
Claro! Cada usuario pode ter ata 5 hostings gratis activos.
-
Podo ensinar a miña web sen publicala?
-
Por suposto! Co hosting gratis podes acceder á túa web dende o teu Panel, entrando ao dominio coas túas credenciais ou facela visible durante 1 hora para quen queiras. Cando pase 1 hora, volveremos a solicitarche as túas credenciais.