Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Trae as túas webs a dinahosting gratis!

Trae as túas webs a dinahosting gratis!

As túas webs rápidas e seguras: NVMe e SSL
Goza do mellor Soporte 24/7

As túas webs noutra empresa? Ven para a dinahosting


Migrar a túa web pode parecer complicado: mover ficheiros, BBDD, correos... Coa nosa ferramenta de portabilidade é moi fácil, pero se o prefires, encargámonos de todo e migramos as túas webs completamente gratis. Ademais, o noso equipo asesórate sobre a mellor solución para o teu proxecto.

A túa web en boas mans

En dinahosting ofrecémosche as mellores solucións para aloxar o teu proxecto web e rexistrar o teu dominio, así coma un equipo especializado de Soporte dispoñible para ti 24/7.

Dominios

Rexistra o teu dominio e protexe a túa marca. Con conta de correo gratis e grandes descontos por volume.

- Máis de 400 TLD -

desde 4 ,29 € /ano

Contrátao

Hosting

O mellor hosting para a túa web ou tenda online cos principais CMS: WordPress, PrestaShop...

- PRÓBAO GRATIS -

desde 1 /mes

Contrátao

VPS

Inclúen discos NVMe, que aportan máis rapidez e seguridade ao teu proxecto. Agora con máis GB gratis!

- 30 días de garantía -

desde 34 ,20 € /mes

Contrátao

Dedicados

Gaña independencia e goza de recursos exclusivos cun Servidor Dedicado modelo Intel ou Dell.

- Próbao 15 días -

desde 61 25 € /ano

Contrátao

Todo o que o teu proxecto necesita

Aloxa os teus proxectos web en dinahosting! Os nosos plans proporciónanche os recursos que precisas para que a túa web ou a dos teus clientes sexa rápida, segura e fácil de xestionar. Ademais gozas da mellor relación calidade prezo.

Os mellores prezos

Dispoñemos de descontos por volume, tanto en altas coma en renovacións. Fíxate ademais en que a máis anos máis aforras!

Desenvolvementos propios

Ferramentas exclusivas deseñadas para traballar comodamente: un Panel do máis completo, Webmail, API propia...

Fiabilidade e rendemento

A mellor infraestrutura para desenvolver o teu proxecto, con discos NVMe ultrarrapidos e unha dispoñibilidade real do 99,999 %.

IP española

Todos os teus servizos aloxados en España: para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.

Soporte de calidade

Soporte 24/7 mediante teléfono gratuíto, email e chat. Fala cun equipo experto dispoñible todos os días do ano.

Reseller Marca Branca

Se che interesa ser Reseller podes revender aos teus clientes todos os nosos servizos coa túa propia imaxe e os teus prezos.

Panel de Control propio

Facémosche un percorrido rápido por todo o que che ofrece o Panel de Control, dende o que xestionarás os servizos que tes contratados en dinahosting. Deseñámolo baseándonos nas necesidades e suxerencias de clientes coma ti, polo que che resultará moi fácil de usar.

Ademais, dispós de documentación moi práctica na nosa Páxina de Axuda. Nela explicámosche para que serve cada sección do Panel, dámosche trucos e consellos para aproveitar as súas funcionalidades e respondemos ás consultas máis habituais.

Ven agora mesmo!

Inicia a migración dos teus servizos axudándote da nosa ferramenta de portabilidade, ou contáctanos e botámosche unha man. Tamén podes comezar por un hosting en probas e aforras calquera inversión inicial.

  • Trae os teus dominios

    Co traslado de cada dominio regalámosche a Privacidade de Whois por un ano e o hosting que queiras por tres meses.

    Trasladar dominios
  • Migra os teus hostings!

    Coa nosa ferramenta de portabilidade é máis que fácil. Prefires que o fagamos por ti? Migramos a túa web gratis.

    Axudámosche
  • Hosting en probas

    Testea gratis a túa web ou a dos teus clientes. Non terás que pagar nin hosting nin dominio ata que o proxecto sexa público.

    Interésame

FAQ

Respondemos a algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre o teu aloxamento en dinahosting.

Durante a migración ou traslado de dominio a túa web seguirá funcionando ininterrompidamente.

Nas migracións de servidor tamén podes evitar os cortes se trasladas todos os teus datos menténdoos en orixe e en destino antes de cambiar as DNS.

Pregúntanos e informámosche de como facelo ou déixao nas nosas mans e facémolo por ti.

Por suposto! Coa nosa ferramenta de migración podes tamén traer o teu correo.

Poderás crear unha conta cos mesmos datos que a orixe, seleccionar unha existente ou crear unha nova. Iso si, ten en conta os GB que vas migrar para que non superen o espazo que contrates co teu novo plan.

Podes facer probas por tiempo ilimitado! con calquera dos Plans de Hosting que queiras. Pagarás só no momento no que publiques a túa web. Aquí tes toda a información sobre como podes dar de alta un hosting en probas.

En servidores ofrecémosche unha devolución gratuita. Se aos 15 días de comprar o teu VPS, Servidor Dedicado ou Cloud Hosting non remata de convencerche, reembolsámosche o diñeiro.

O Panel de Control que che ofrecemos é un desenvolvemento propio que che resultará moito máis fácil de usar que outros paneis de marcas coñecidas.

Podes entrar a el dende calquera dos teus dispositivos: PC, smartphone, tablet... Accede á demo e mira o cómodo que che resultará para administrar os teus servizos.

Ademais dispós de documentación de axuda para sacarlle o máximo partido.

A nosa prioridade é ofrecerche a mellor Atención ao Cliente. Podes contactarnos calquera día, a calquera hora, a través do teléfono gratuíto 900 854 000, do correo soporte@dinahosting.com, do chat ou das redes sociais.

Responderémosche canto antes e no teu idioma: español, galego, catalán, inglés ou portugués.

Si! Todos os nosos servidores están aloxados en Centros de Datos españois, situados en Interxion e Global Switch (Madrid).

Isto reduce moito a latencia, que é o tempo que tarda en procesar un servidor as solicitudes que lle chegan. En dinahosting garantímosche uns valores medios por debaixo dos 0,2 milisegundos, o que influirá positivamente no tempo de carga e na experiencia de usuario da túa web.

Ademais, o teu proxecto web mellorará o seu posicionamento orgánico, xa que os buscadores priorizan páxinas aloxadas no país dende onde se fan as buscas.

Coñece máis sobre a nosa infraestrutura e todas as vantaxes de ter un aloxamento web con IP española.

Por suposto, hai tempo que incorporamos os discos NVMe á nosa insfraestrutura de hardware. A día de hoxe proporcionan a máxima velocidade de lectura, escritura e ancho de banda, e de feito son ata 6 veces máis rápidos que os tradicionais SSD.

Mira e compara o seu rendemento!