Interésanos moito o que fas e até che poderiamos botar unha man. Se tes na cabeza un proxecto que che quita o sono ou xa levas un tempo traballando nel, ponte en contacto, cóntanos que tes entre mans e dámosche o hosting que necesites.
Se pertences a unha organización laica con facturación inferior a 600.000 €/ano, non deixes de presentar a túa solicitude.
Calquera axuda á difusión das ciencias é pouca. Só queremos pór a nosa pequena aportación.
Se traballas nunha institución educativa e o Proxecto de Centro o contempla, habilitaremos un hosting para o teu alumnado.
Se te dedicas ao desenvolvemento web, á programación, ao deseño ou ás artes en xeral, encantaranos darche o hosting que necesites.