Podes ter a seguranza de que na dinahosting o teu proxecto está en boas mans: un Centro de Datos e unha infraestrutura de rede de alto rendemento, hardware de máxima calidade que testeamos previamente e un soporte técnico próximo e dedicado sempre que o precisas.
233m² de superficie en tres salas independentes, planificadas para garantir o seu crecemento e a comodidade no traballo do equipo técnico. Máis de 2000 servidores dispostos en racks Open Frame con cerramento en cubos.
Dobre acometida eléctrica, baterías, SAI e grupos electróxenos redundantes. A túa web estará operativa mesmo en caso de caídas eléctricas prolongadas.
Optimizamos a xestión do espazo con cableado no teito por rejibands e mantemos as condicións de temperatura e humidade óptimas que nos indican os fabricantes. Dispoñemos dunha configuración de n+1 en máquinas de aire para que en caso de avaría a refrixeración non se vexa afectada.
Dispoñemos de multitude de detectores dispostos baixo o chan das salas e nos puntos máis sensíbeis do CPD.
O noso CPD cumpre as certificacións máis esixentes do sector: ISO 9001 de calidade, ISO 27001 de seguridade da información, ISO 22301 para a continuidade de negocio, ISO 140001 de medio ambiente e LEED Gold de sustentabilidade.
O noso CPD está asociado a The Green Grid, un consorcio internacional que fomenta a implantación de estratexias efectivas de eficiencia enerxética entre as empresas máis relevantes do sector.
A nosa rede está optimizada e monitorizada en todo momento para ofrecerche a mellor conectividade. Compróbao ti mesmo!
Contamos cunha rede de alto rendemento e dispoñibilidade, co noso propio Sistema Autónomo. Está redundada en todos os puntos, con saída cara a Internet con 5 provedoras diferentes e balanceada con BGP, para encamiñar o tráfico sempre pola ruta máis curta.
Garantimos resolución de conflitos de enrutado en menos 5 ms. Podemos ofrecer a mellor conectividade do Estado, latencias mínimas (valores medios por baixo de 0,2 ms) a nivel nacional e internacional e unha dispoñibilidade real do 99,999%.
A nosa rede está sendo auditada a tempo real por NetCraft, quen publica continuamente os resultados do seu seguimento.
Revisa e corrixe problemas nas rutas de encamiñamento.
Ofrecemos hardware coa máxima calidade e o mellor rendemento para todos os teus proxectos.
A nosa experiencia ao longo dos anos con diferentes tipos de hardware lévanos a ofrecerche só o de maior calidade e de marcas líderes do mercado. Por iso utilizamos servidores da marca Dell e Lenovo.
Sabemos o importante que é facer unha copia das túas webs. Para garantirmos a integridade de todos os teus datos de respaldo utilizamos servidores de backup montados sempre sobre RAID 6.
Todo o hardware que utilizamos para os servizos que contratas na dinahosting está garantido para sempre. Respondemos por todos os compoñentes que sexa necesario substituír.
Utilizamos hardware de rede de última xeración de Cisco Systems, con routers da serie ASR9000 e switches da serie Nexus 5600, conectados de forma completamente redundada mediante enlaces de fibra óptica de alta velocidade. Asegurámosche o maior rendemento e fiabilidade.
Na dinahosting traballamos con discos SSD NVMe (Non Volatile-Memory Express), que supoñen un gran salto cualitativo no terreo do almacenamento e proporcionan unha velocidade moi superior para todo tipo de tarefas.
NVMe usa a tecnoloxía PCI-Express, que brinda unhas taxas de transferencia e IOPS ata 5 ou 6 veces superiores aos discos tradicionais SSD.
Os discos NVMe están preparados para asumir máis capacidade de escritura e lectura de forma simultánea, reducindo a latencia e a sobrecarga no servizo.
Para a túa garantía, confiamos nun procesador de última xeración Intel Cascade Lake, o modelo Intel Xeon Silver 4216 , de 16 cores e 32 Threads.
Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e para demostrarcho desenvolvemos un acordo de nivel de servizo coma este.
Comprar un hosting ou un servidor nunha provedora nacional ou no estranxeiro é un factor chave para o rendemento da túa web. Escolle dinahosting e goza de todas as vantaxes de ter o teu hosting ou servidor aloxado en España.
Se a túa web se orienta ao mercado nacional, dispor de IP española axudarache a escalar posicións nas buscas locais, xa que Google e outros buscadores priorizan as páxinas aloxadas no mesmo país.
A nosa infraestrutura cumpre coa normativa europea en protección de datos. Asegurámonos de que a túa información e a dos teus clientes estea totalmente protexida, polo que gañas en seguridade e confianza.
Os nosos servidores están en España. Canto máis preto estea o servidor, menores serán os tempos de latencia e a túa web cargará moito máis rápido. Unha maior velocidade repercutirá nunha mellor experiencia de usuario.
Na dinahosting falamos no teu idioma e non utilizamos contestadores automáticos para atenderte. Traballamos no teu mesmo horario, polo que che resultará máis sinxelo programar tarefas ou realizar o mantemento da túa web.