Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
<span>Programa de resellers:</span> revende dominios e hosting

Programa de resellers: revende dominios e hosting

Ideal para axencias e empresas de desenvolvemento
Goza de grandes descontos por volume

Faite reseller

Faite Reseller! Ten moitas vantaxes

Tanto se xa vendes dominios e hosting web como se o que queres é iniciarte no negocio, necesitas un plan Reseller coma este. Ofrecémosche unha infraestrutura de calidade, marca personalizable e, fundamental, un Soporte Técnico 100 % comprometido coa túa axencia ou empresa de desenvolvemento.

Os mellores prezos

E vai en serio! Na dinahosting temos os prezos máis competitivos do mercado. Compróbao agora!

Un produto de calidade

Coa nosa infraestrutura é difícil que algo falle. A calidade e a innovación impórtannos, e moito.

Marca Branca completa

Engade o teu logotipo, as túas cores, os teus datos de contacto para soporte... Fíxate que fácil é personalizalos!

Autoinstalables nun clic

Monta tendas, blogs, foros ou galerías facilmente. Seleccionas, un clic e voilá!: a túa APP en marcha.

A túa ferramenta exclusiva

Sigue en todo momento o que ocorre no teu negocio! Toda a información dos teus servizos no teu Panel de Control de Reseller.

Acceso a API segura

Todas as accións automatizadas: activación, renovación e configuración de servizos utilizando a nosa API.

Faite reseller

Revende dominios e hosting con garantías

Todo o que precisas para que a web dos teus clientes sexa rápida e segura.

Máxima velocidade e rendemento

Todos os nosos plans de hosting inclúen discos Full NVMe e están aloxados en Centros de Datos en España. Tamén che proporcionamos sempre as últimas versións de PHP.

A túa web máis segura

Goza de backups gratis do teu hosting dos últimos 30 días, para que poidas restaurar os teus ficheiros, correo ou base de datos. Ademais todos os plans inclúen un certificado SSL xa preinstalado.

Migración gratuíta

Se queres, migramos a dinahosting a túa web ou a dos teus clientes completamente gratis, ti non tes que facer nada. Chámanos gratis ao 900 854 000 ou escríbenos por email ou chat e vémolo.

Máis de 400 extensións de dominio

Con cada dominio levas unha conta de correo gratis e o acceso ao noso Webmail. Ademais proporcionámosche redireccións web ilimitadas, servizo de dominio en parking, xestor de DNS...

Hosting en probas

Desenvolve a web dos teus clientes e non pagues nin hosting nin dominio ata que estea lista para publicar. Co hosting en probas podes testear gratis todas as funcionalidades do plan de hosting.

Soporte 24/7 e contido de Axuda

Estamos para asesorarte e para axudarche a sacarlle o máximo partido á túa conta de Reseller. Tamén podes botarlle un ollo á nosa páxina de Axuda, onde tes as respostas ás consultas máis habituais.

Elixe a túa modalidade Reseller

O sistema de Prepagamento permíteche comprar un bono, mediante pagamento anticipado, que usas para rexistrar e renovar dominios desde o teu Panel de Control. Coa modalidade Evolution, para dominios e hosting, melloras os teus prezos a medida que aumenta o teu número de servizos. Podes combinar ambas modalidades e beneficiarte da que máis che interese en cada momento.

Modalidade Prepago para Dominios

Escolle o teu bono de Reseller e aforra vendendo os nosos dominios.

*Estes prezos non inclúen as posibles promocións vixentes en Dominios. Accede aquí aos prezos actualizados.

Modalidade Evolution para Dominios e Hosting

Consegue mellores prezos a medida que medras coma Reseller. Aplicamos automaticamente os descontos que che corresponden segundo a túa categoría. Aforra e despreocúpate!

*Estes prezos non inclúen as posibles promocións vixentes en Dominios e Hosting. Accede aquí aos prezos actualizados.

Como darse de alta e comezar a vender

Fíxate que fácil é darse de alta como Reseller de dinahosting. Resultarache completamente gratis e non che levará máis duns minutos.

  1. Rexístrate

    Se aínda non o fixeches, rexístrate nun momento como usuario de dinahosting, como particular, autónomo ou empresa.

  2. Cubre un formulario

    Cubre este sinxelo formulario. Axudaranos a saber que esperas e cales son as túas necesidades como Reseller.

  3. Contactamos contigo

    O noso equipo comercial porase en contacto contigo para asesorarte e resolver todas as dúbidas que teñas.

  4. E comeza a vender!

    Escolle a túa modalidade de revenda de dominios e hosting, en función dos teus clientes e a túa previsión de crecemento.

Propoñémosche catro opcións de venda: dependendo da dimensión que queiras darlle ao teu negocio virache mellor unha ou outra. Vamos dende a máis sinxela, sen plataforma de venda propia, ata as máis avanzadas.

Compra directa

O punto de partida máis fácil. Como Reseller Evolution, a medida que recibes pedidos vas contratando servizos en dinahosting e facilítasllos aos teus clientes. Non require ningún investimento inicial.

Servidor a medida

Contrata un VPS ou un Multihosting e crea os teus propios plans de hosting para os teus clientes, configurando vCPU, RAM e espazo en disco a medida. Combínao cun bono Prepago para vender dominios.

API pública

Desenvolve a túa propia plataforma de venda e xestión de dominios aproveitando toda a potencia da nosa API. Poderás elaborar a túa política comercial e vender directamente dende a túa interface.

Módulo WHMCS

Rexistra e xestiona os dominios que contrates a dinahosting dende a interface da plataforma WHMCS mediante o noso módulo específico. Opción de terceiros para automatizar as túas vendas.

Marca Branca completa para o teu negocio

Témolo claro: é o teu negocio, son os teus servizos, é a túa marca. Grazas ao noso Programa de Resellers poderás traballar nunha contorna customizable, dende incluír o teu logotipo ou modificar estilos ata programar completamente os paneis para os teus clientes.

Personalización Corporativa

Personalización Corporativa

Personaliza a versión de escritorio do panel até o detalle. Engade as túas cores corporativas para ser facilmente identificábel. Garda e actualiza as mudanzas cantas veces queiras! Prefires ter os teus propios paneis? Descarga o ficheiro co código PHP, sube os scripts e axudámosche coa implementación.

Información de Panel

Webmail corporativo

Personaliza a apariencia do Webmail que van usar os teus clientes: logotipo, cores, texto do pé de páxina...
O Webmail é unha solución exclusiva de dinahosting. Inclúe características avanzadas para que os teus clientes potencien ao máximo o seu correo.

Personalización Corporativa

DNS personalizados

Rexistra os dominios que revendes con DNS baseados no nome do teu proxecto.
Todos os nosos servizos están pensados para ofrecelos coa túa identidade corporativa.

Información de Panel

Información de Panel

Inclúe os teus datos de contacto, texto do cabezallo, texto de pé do Panel, e copyright personalizados.
A túa clientela poderá contactar contigo facilmente!

Descúbreo todo sobre o Programa de Resellers

Non quedes con dúbidas. Resumímosche o proceso para ser Reseller e que vantaxes che ofrece o noso programa de reventa de dominios e hosting.

Confían en nós

Fotografía de Víctor Baños

Víctor Baños

Departamento Comercial

«Na dinahosting podes crear e personalizar unha contorna exclusiva para desenvolver o teu negocio con toda a tranquilidade que necesitas».

FAQ

Si, non necesitas cumprir ningún requisito previo máis que ser usuario de dinahosting. Podes darte de alta como Reseller como particular, en réxime de autónomo ou como empresa.

Os perfís que se suman habitualmente ao noso programa de Resellers son axencias de publicidade e comunicación, freelances profesionais do mundo web, empresas que queiran lanzar a súa propia marca de hosting web... Aquí tes máis información acerca de a quen lle interesa ser Reseller de dinahosting con exemplos e información práctica.

É fácil! Non necesitas cumprir requisitos previos nin facer ningún pagamento anticipado. Se queres, podes empezar hoxe mesmo!

Envíasnos a túa solicitude e contactamos para asesorarte das mellores opcións para ti.

Coa modalidade Evolution melloras os teus prezos en función do número de servizos que teñas. Por exemplo, se tes 35 dominios e 20 hostings terías prezos de Reseller Gold para dominios e prezos de Reseller Silver para hostings. Ah! E recorda: tamén podes aforrar nos teus hostings contratando un multihosting, servidores dedicados ou VPS.

A modalidade Prepagamento consiste en comprar un bono que despois utilizas para rexistrar dominios. En función do bono que adquiras (200, 500 ou 1000 €) aplicar uns prezos ou outros e é independente da cantidade de dominios que teñas.

Por suposto! Por exemplo, poderías ser Reseller Bronze de dominios e Gold de hosting. Irás evolucionando de categoría cantos máis servizos contrates con dinahosting. A máis categoría máis desconto!

Se algunha das persoas que contratou os teus servizos se comunica co noso Soporte técnico solicitando axuda, poñerémonos en contacto contigo para cho notificar. A túa confidencialidade estará a salvo!

Ten en conta que o plan para Resellers está pensado para revender os nosos servizos e só é posíbel facturar aos datos asociados ao perfil principal. Se necesitas modificalos, contacta.

Poderán acceder tanto dende paneles.gestiondecuenta.com como dende un URL personalizado, sempre que contes cun certificado de seguridade GlobalSign. Poderás activar esta opción cando queiras dende o teu Panel de Control de Reseller.

Claro que si! Terás acceso a ferramentas exclusivas que desenvolvemos para que lle saques o maior rendemento ao teu negocio. Dende o teu Panel de Control de Reseller poderás realizar unha personalización corporativa completa do panel Marca Branca que ofreces aos teus clientes: cores, imaxe, fondo... tanto para a versión Desktop como Alternativo.

E ademais, o teu Panel de Control permíteche:

  •  Xestionar e controlar as túas vendas, facturas e datos
  •  Xestionar o acceso por FTP, os DNS, Parking de dominios...
  •  Personalizar as renovacións, DNS e Whois, persoais de correo e os modelos de documentos que che facilitamos.
  •  Se tes un Servidor Administrado (VPS, Dedicado ou Cloud), podes crear plans de hosting a medida para os teus clientes.

Claro! O Webmail é outra ferramenta propia exclusiva que poñemos á disposición dos nosos Resellers. Inclúe o logotipo do teu negocio no Webmail, modifica o título e o texto do pé de páxina ou engade unha URL para ofrecer apoio e axuda. Aquí tes máis información sobre como personalizar o Webmail dos teus clientes.

Por suposto que si! Dende o momento no que nos envíes a túa solicitude contactaremos contigo para informarche de todas as posibilidades que tes para iniciarte e medrar como Reseller en base aos teus obxectivos.

A nosa intención é que desenvolvamos unha relación a longo prazo na que che prestaremos Soporte 24/7 vía teléfono, email ou chat para ayudarche a sacarlle o máximo partido á túa conta.

Ademais, contas cunha páxina de Axuda na que tes as respostas ás dúbidas máis comúns.

Ser Reseller consiste en comprar a dinahosting dominios e/ou hosting para que despois lle vendas estes servizos aos teus propios clientes, baixo a túa propia marca e os teus prezos. É moi común que as axencias, empresas de desenvolvemento e profesionais do mundo web se fagan Resellers de dinahosting.

Pola contra, ser Afiliado trátase dunha forma de gañar diñeiro recomendando produtos de dinahosting a terceiros no teu blogue, na túa web, vía redes sociais... ou simplemente entre o teu círculo de contactos. Por cada produto que alguén compre grazas á túa recomendación, levas unha comisión do 25 %. Se tes unha web ou blogue especializado nun nicho concreto, ou fas comparativas de produtos na túa páxina, ser Afiliado pode ser unha boa oportunidade de obter uns ingresos extra en Internet.

Coñece aquí todas as diferenzas entre ser Reseller e Afiliado e que che convén máis.

O Programa de Puntos de dinahosting vaiche ser moi útil para aforrar diñeiro nas túas futuras compras. Por cada 50 € de compra que fagas en dinahosting regalámosche 1 punto, que equivale a 1 €, e que poderás empregar en próximas compras ou renovacións de servizos de dinahosting. En caso de que os puntos cubran o importe total da factura, xa non terías que abonar nada. Se non che chegan para facer o pagamento completo, podemos descontarche os puntos que teñas para así reducir a factura e pagar menos.

Os puntos ingrésanse no teu Panel de Control ao final de cada trimestre. Non é necesario activalos nin solicitalos, o Programa de Puntos atópase activo por defecto dende que creas o teu usuario en dinahosting. No momento no que teñas puntos acumulados apareceranche directamente no carro, para escoller se gastalos nesa compra ou gardalos para máis adiante.

Os nosos partners

Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.