Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Personalización Resellers

Personalización Resellers

Gaña diñeiro co teu propio negocio!

  • Crear o meu negocio
  • Aforrar en hostings e dominios
  • Personalización

Só a túa marca e a túa imaxe

Témolo claro: é o teu negocio, son os teus servizos, é a túa marca. Traballa nunha contorna personalizábel na que poderás facer o que queiras, desde incluíres o teu logotipo ou modificares estilos até programares completamente os paneis.

  • Reseller

    Todos os nosos servizos están pensados para vendelos coa túa identidade e os teus prezos.

  • Reseller

    Define o tipo de panel, as cores, o idioma... desde o teu Panel de Control de Reseller.

  • Reseller

    Rexistra os dominios que revendes con DNS baseados no nome do teu proxecto.

  • Reseller

    Personaliza os datos de Whois e os modelos de documentos que che facilitamos.

Así lucirán os teus servizos

Mostrámosche como sería o resultado da túa personalización.

Personalización Corporativa

Personalización Corporativa

Personaliza a versión de escritorio do panel até o detalle. Engade as túas cores corporativas para ser facilmente identificábel.
Garda e actualiza as mudanzas cantas veces queiras!

Información de Panel

Información de Panel

Inclúe os teus datos de contacto, texto do cabezallo, texto de pé do Panel, e copyright personalizados.
A túa clientela poderá contactar contigo facilmente!

Chámanos gratis e verás o sinxelo que é personalizar os teus servizos

Asesorámoste en todo o que necesites co mellor equipo de soporte especializado e dispoñible 24x7.

Ademais, paneis en PHP dispoñibles para descarga

Crea e edita o teu panel de Reseller coas funcionalidades que precises.

Instálaos no teu hosting

Prefires ter os teus propios paneis? Descarga o ficheiro, sobe os scripts e axudámosche coa implementación.

Todas as funcionalidades

Tes as mesmas opcións que na nosa API, tanto para facturación como para configurar servizos.

Nun panel exclusivo

O teu panel é único, é o teu. Pero sabes o mellor? Que non tes que programalo desde cero.

E por se che parece pouco...

Ferramentas propias e exclusivas a disposición dos nosos resellers.