Ofrecémosche todos estes servizos gratuítos

Creowebs

Montar páxinas web chulas é moito máis fácil do que imaxinas e, ademais, completamente gratis. Con CreoWebs é posíbel! Inclúe unha dirección web baixo subdominio e o espazo para colgala. Por suposto, tamén podes usalo con calquera plan de aloxamento na dinahosting.

Activar

Hosting gratis

Ofrecémosche un hosting completamente gratis para que poidas colgar un sitio web presencial moi sinxelo, sen banners nin publicidade. Ten en conta que as súas características de espazo e transferencia son limitadas e que non inclúe soporte técnico polo que, dependendo das túas necesidades concretas, pódeche interesar un hosting de pagamento.

Activar

DNS gratis

Ofrecémosche completamente gratis un servizo de DNS que che permite sacar moito partido ao teu dominio: xestionando as zonas, creando redireccións... Iso si, se buscas un servizo integral e de verdadeira calidade que inclúa os nosos DNS distribuídos e soporte técnico, recomendámosche que traias os teus dominios para a dinahosting.

Activar

Estatísticas gratis

A túa ferramenta para métricas web en tempo real. Con ela podes facer un seguimento da navegación das túas visitas, entender mellor os seus intereses e encamiñar as súas accións. Ademais, se desenvolves campañas ou accións publicitarias poderás comprobar os seus resultados e analizar a súa evolución no momento.

Ir a panel

Software gratis

Coñece as aplicacións que desenvolvemos para que poidas sacarlle aínda máis partido aos servizos que contratas na dinahosting. Son completamente nativas e están perfectamente integradas no teu Sistema Operativo. Por suposto, podes descargalas totalmente gratis. Se es Reseller Dinahosting tamén tes a posibilidade de personalizar dinaBlog e dinaSMS coa túa imaxe.

Ir para descargas
Gratis
900 854 000
Gratis 24x7
Chat Online
Axudámosche?