Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Certificados SSL

Certificados SSL

Comunicacións cifradas e seguras

  • Preinstalado

    Let´s Encrypt

    Recomendado para:
    Webs persoais ou sitios informativos básicos

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación:  Automático
    • Período de validez: 3 meses
    De balde
    XA INSTALADO
  • Validación de Dominio

    Recomendado para:
    Persoas físicas: blogs personais, webs tipo portfolio...

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación: 1-2 días
    • Período de validez: 1 ano
    47 /ano
    contrátao
  • Validación de Dominio Wildcard

    Recomendado para:
    Proxectos persoais con múltiples subdominios

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación: 1-2 días
    • Período de validez: 1 ano
    125 /ano
    contrátao
  • Validación de Organización

    Recomendado para:
    Webs corporativas meramente informativas

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación: 1-10 días
    • Período de validez: 1 ano
    89 /ano
    contrátao
  • Validación de Organización Wildcard

    Recomendado para:
    Webs corporativas que necesitan encriptar varios subdominios

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación: 1-10 días
    • Período de validez: 1 ano
    416 /ano
    contrátao
  • Validación Estendida

    Recomendado para:
    Ecommerce e dominios que manexan datos sensibles

    • Cifrado SHA-256 e claves RSA de 2048 bits
    • Tempo de tramitación: 1-10 días
    • Período de validez: 1 ano
    250 /ano
    contrátao

Protexe a túa web cun Certificado SSL

Os certificados dixitais garanten que a información que viaxa entre a túa web e os teus visitantes estea sempre encriptada e protexida contra roubos de datos.

Let's Encrypt e GlobalSign

Ofrecémosche tanto certificados gratuítos Let's Encrypt xa instalados coma os do selo de confianza a nivel mundial GlobalSign. Escolle o teu!

Seguranza para a túa web

Un cifrado SHA-256 e chaves RSA de 2048 bits encriptan e protexen as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos.

O teu certificado funciona así

Recoñécese porque utiliza https://, candado ou unha barra verde. O navegador solicita ao servidor unha copia antes de iniciar a conexión.

Para o teu eCommerce

Un certificado resultarache imprescindíbel se manexas datos bancarios: números de conta, tarxetas de crédito...

Instalación incluída!

Se tes a túa páxina en DH instalámosche o certificado sen custo adicional e se o necesitas, valoramos a creación dunha IP dedicada.

O teu propio certificado

Aínda que che recomendamos que uses certificados GlobalSign, se xa tes un, instalámolo rapidamente por ti. Contacta con Soporte.

Certificados SSL Let's Encrypt e GlobalSign

Cifra as comunicacións para que as túas visitas gocen dunha contorna segura: para realizaren as súas compras, para usar datos persoais, para navegar nunha intranet... Fai que a túa web transmita confianza.

Fotografía de Iván Expósito

Iván Expósito

Área de Soporte

«Un certificado SSL é unha peza fundamental na seguranza da túa web. Protexe as transaccións e datos dos teus clientes dunha forma rápida e sinxela».

FAQ

Toda a información que precisas para sacarlle o máximo partido ao teu certificado.

SSL (Secure Socket Layer) é un protocolo de seguridade que verifica a identidade dun sitio web e cifra as comunicacións para que a información viaxe de forma segura e confidencial. Isto evita que un terceiro poida obter os datos persoais ou bancarios dos usuarios dunha web ou ecommerce no caso de que se intercepte a comunicación entre o cliente e o servidor.

Ademais de acreditar e dar confianza aos teus clientes, Google favorece cun mellor posicionamento ás páxinas cun SSL. Tal e como sinalou hai tempo, o seu algoritmo premiará ás webs que utilicen unha conexión segura.

Os certificados de pagamento non só cifran o intercambio de información entre as túas visitas e a túa web, senón que garanten que superaches uns requisitos de validación que proban os teus dereitos de uso do dominio e mesmo acreditan a existencia e a identidade da túa empresa. Ademais, dan a opción de engadir un selo de confianza na páxina para maior seguridade, e ofrecen indemnizacións económicas en caso de incidencia co cifrado.

GlobalSign é o noso principal partner en cuestión de certificación. Recomendámoscho pola súa calidade e a súa compatibilidade con case o 100 % dos navegadores.

Non. O cifrado dun certificado SSL actúa sobre os intercambios de datos que se realizan na túa web, pero non sobre a web en si mesma. Troianos, shells, contidos para phishing... son algunhas das ameazas máis comúns, e nada teñen que ver con se a túa web está ou non protexida mediante un certificado SSL.

TLS é unha versión actualizada e máis segura do protocolo SSL. Aínda que o termo máis popular cando falamos de certificados de seguridade segue sendo SSL por ser o predecesor, en dinahosting usamos o protocolo TLS en todos os nosos servidores.

Os certificados SSL non só verifican que o teu sitio web é de confianza para os visitantes, senón que favorecen o seu posicionamento orgánico. A día de hoxe, son un factor máis a ter en conta á hora de organizar os resultados de busca de Google, que mellora a posición daquelas webs que utilicen unha conexión segura mediante HTTPS.

Se xa tes instalado un certificado SSL no teu hosting, recomendámosche forzar a navegación segura por https directamente dende a túa aplicación web. No caso de que a túa aplicación non dispoña desta opción, pódelo facer dende o teu Panel de Control.

Ampliar o teu certificado implicaría dar de baixa o actual e a contratación dun novo. Por iso, convén que te tomes o teu tempo para facer unha boa escolla. Podes chamarnos gratis ao 900 854 000 se tes algunha dúbida.